jueves, junio 26, 2008

Pinotxo Bar en La Boquería


Juanito na súa barra

Esta barra é un dos lugares clásicos de La Boqueria , dirixido polo coñecidísmo Juanito que dispensa un trato agradable e familiar a todos os seus clientes despois de moitos anos de duro traballo.


Trátase dunha pequena esquina nos postos do mercado, conta principalmente coa barra e un par de mesiñas, pero sempre está cheo de xente que espera un oco para colarse e desfrutar duns pratos e tapas de inconfundible sabor catalán feitos con productos do propio mercado de primeira calidade.


Son famosos os chipìróns, os garbanzos, a capipota, os estofados, as butifarras e un longo listado de pequenos pratos que varían tamén en función do que hai no mercado, todos eles co recoñecible poso da tradición.


Penso que este é un lugar altamente recomendable por si estades paseando pola Boquería ou mesmo paseando pola Raval ou el Gotic e queredes repoñer forzas. Non pensedes que é un lugar de guiris, pois aínda que habelos hainos predominan os cataláns e a clientela fiel (Juanito os trata polo nome) na que mesmo se atopa o afamado Ferrán Adriá.