jueves, junio 26, 2008

O Mosteiro de Oia







Alá polo vintetantos de Maio achegámonos María Marta, Carlos e máis eu ata a zona de Oia, atravesando unha das estradas costeiras máis fermosas de Galicia, a que leva de Baiona ata A Garda.


Casi a metade de camiño está unha desas xoias medio esquecidas do nosos Patrimonio Histórico- Artístico , o Mosteiro de Santa María de Oia. Unha rareza de mosteiro pois atópase na mesma beira do mar formando un conxunto de formidable beleza e indubidable valor.



Este mosteiro do Císter do S XII tivo grande esplendor pola súa situación pois os seus monxes criaron cabalos nos montes próximos (como se segue a facer hoxendía), facían cubas de madeira para viño e cultivaban a uva nos ricos vales da volta das montañas marítimas (Val Miñor e Rosal). Pero principalmente este monxes de Oia foron famosos pola defensa da costa e das incursións invasoras e saqueadoras e serviron de porto de acougo cando as naves que saían de Baiona eran atacadas por piratas e o mosteiro dispoña de estrutura defensiva e cáñóns. Foron famosos porque en 1624 os turcos quixeron tomar o mosteiro pero o defenderonno con éxito e por tal fazaña Felipe IV decidíu aumentar os seus privilexios.


Oia pasou a mans privadas tras a Desamortización e a día de hoxe pertence a unha promotora que tenta rehabilitalo tras experiencias fallidas de La Toja S.A. e da propia Caixa Galicia que non foi quen de invertir para rehabilitalo.


Ese día tivemos a sorte de poder entrar na Igrexa e contemplar o fermoso retablo e un interior sinxelo pero emocionante. Logo aproveitamos para dar unha volta polo núcleo que éstase intentando rehabilitar con éxito en moitas das casas e rúas.


Cando se rehabilite o Mosteiro como hotel e a rehabilitación do núcleo estea lista veremos como Oia será un referente do Turismo en Galicia, esperemos que reine o respecto polo noso Patrimonio.