jueves, junio 26, 2008

La Boquería ou o miragre da variedade



Entrar en La Boquería por primeira vez para alguén a quen lle gusta a cociña e unha impresión difícil de esquecer. Confeso que a primeira media hora de paseo no mercado (xa que din varias voltas) paseima cos ollos abertos como un moucho abraiado pola variedade, a calidade e polo descubrimento de productos que descoñecía.

Neses primeiros momentos un síntese coma un neno pequeno que vai descubrindo moitas cousas de súpeto. Quedei impresionado pola gran variedade de cogumelos existente pese a non ser a tempada de outono, os postos de verduras con variedades de grandísma calidade, con tomates alucinantes , froitas descoñecidas, verduras fermosas...continuei interesandome polos postos de carne de aves , tan desparoveitadas na nosa terra, e disfrutei vendo os famosos Polos de Bresse, os patos de payés... con postos de ovos de diferentes variedades , algunhas tan estranas como os ovos de emú que máis ben parecían aguacates... tamén vin caracois diferentes clases e nos postos de peixe exemplares únicos (atúns xigantes) e moluscos descoñecidos por estes lares xunto con algúns dos mellores mariscos das nosas costas que tamén van dar alí...

Foi un paseo sen compras porque non tiña nin espazo nin tempo , pero na próxima non vou perdoar e virei con tomates secos (aquí non se atopan bos), colmenillas, algunhas butifarras, etc