martes, mayo 06, 2008

Restaurante Serrano en Astorga


Comezo co relato ludo-gastronómico da viaxe a Bilbao seguindo certa orde cronolóxica , deste xeito tócame falar da primeira parada da viaxe na ida.

Foi en Astorga, a nosa intención era facer un alto no tradicional e coñecido La Peseta, pero estaba bastante cheo e so daban mesa para 7 ou máis persoas e se non dicían que non lles compensaba !!! nos eramos 4 polo que teriamos que agardar a que se fora vaciando. Dende logo esta actitude na hostelería é a idónea para perder clientela e a próxima vez desprazareime ata Castrillo de los Polvazares e deixaremos La Peseta para aqueles que viaxen en algo máis grande que un turismo normal.

Ben para non dar voltas no coche unha vez aparcado buscamos alternativas e decidímonos polo Restaurante Serrano, de tipo tradicional con toques innovadores e con varias interesantes especialidades micolóxicas.

Todo foi ben ao principio cos entrantes: uns boletus con foie e Porros de Sahagun gratinados. dous pratos sabrosos e ben logrados que crearon expectativas falsa para o que despois viría. Tomamos Lechazo Asado uns e Rabo de toro con Fungos outros. Realmente o año estaba seco , pasado por dentro e falto de xugo, nada do que un espera por esas terras . O rabo de Toro estaba brando e ben guisado pero a salsa non tiña a consistencia esperada , faltáballe reducción e tamén sal; claramente este restaurante naufragou nestes segundos pode que na tempada de caza e setas mellore pero a nosa experiencia non foi boa pese a que o meu postre , o Semifrío de chocolate branco con mango estaba moi logrado.

O que sí resultou magnífica foi a boa botella en calidade/prezo do Dominio de Tares Cepas Viejas da DO Bierzo, un viño que foi apreciado por todos os comensais.

En definitiva, mala experiencia en Astorga, no próximo paso por esas terras seguirei os consellos do meu pai e tirarei cara a Castrillo de los Polvazares.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Magnífica crónica e sobre todo fiel á realidade.

Lupita

o pai de batman e spiderman dijo...

El Dominio de Tares Cepas Viejas es uno de mis vinos favoritos.

Anónimo dijo...

Saúdos. Cando vaias a Castrillo de los Polvazares, pola miña experiencia persoal eu recoméndoche un restaurante chamado Casa Coscolo. Realmente agradable e bastante rico cocido maragato.