viernes, mayo 16, 2008

Pradolongo e L.E. Batallán

Dende onte está nos cines Filmax de Lalín a película galega "Pradolongo", ten unha pinta estupenda e familiar pois moitas imaxes ou situacións que saen no trailer teñen moito que ver coa vida e os anos mozos da xente da Galicia interior.
Eu teño pensado ir vela antes de que a saquen da carteleira pois supoño que será un paso fugaz, pero tamén é outra maneira de festexar o Día das Letras Galegas.
Un dos trailer da película ven ambientado con "Quen puidera namourala" de Batallán.
Fermosas imaxes da comarca de Valdeorras, eu non as perdo.

1 comentario:

ADRIANA dijo...

Aparte traballa nela a miña compañeira Tamara, prometedora actriz. Ide a vela, que hai que apoiala.
Adriana