martes, mayo 06, 2008

De pintxos por Bilbao


Foie con crema de mango

Dende logo se hai algo no que Donosti barre a Bilbao é na calidade dos pintxos noas bares e mesmo no trato que se lle da ao cliente nos mesmos.

Habendo sitios bos e recomendables os bares bilbaínos non alcanzan o nivel e o coidado de Donosti dende logo pero tampouco son mellores que outras cidades do Norte como Logroño, Pamplona ou mesmo unha vila coma Haro. Pode ser que no fora aos máis axeitados pero deixeime aconsellar e visitamos uns cantos como para formar opinión. Non quero dicir con esto que os pinchos de Bilbao sexan malos, claro que non, comparados cos de aquí...

Na zona próxima á calle Licenciado Poza para min foi o New Or Kompon, de aspecto moderno , cun bo rissoto de fungos e un foie a prancha con crema de mango destacable. Por esa zona hai varios máis (visitamos 5 en total)pero os pinchos sin ser malos non son excepcionais

No casco antigo na Plaza Nueva tamén había algún bar con bo surtido de pinchos pero nada fora do normal nin moi reseñable polo que testei e polo que me contaron.

De todos os visitados para min o mellor foi Casa Lasa na calle Diputación, local de amplia barra e con terraza na que os pinchos eran sabrosos e ben coidados destacando para min o Pastel de Boletus , o de foie caramelizado con algo mási que non lembro e o de micuit con reducción de viño tinto.

Cómese ben dende logo en Bilbao pero eu agardaba algo máis dos seus bares de pintxos

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Habería que engadir que nun dos establecementos da praza nova tomamos unha estupenda ración de calamares.
Claro que neses momentos Papar e durmir estaba movendo a bici.

Lupita

Anónimo dijo...

alguén sabe por qué non hai acuarius en bilbo?