miércoles, abril 02, 2008

San Glorio parada, adiante Oso Pardo





Unha sentencia do Tribunal Superior de Castilla- León ven de botar por terra os plans da Junta de facer unha estación de esquí en San Glorio, en pleno Parque Natural de Fuentes Carrionas y Fuente Cobre-Montaña palentina.

Este parque é un dos principais refuxios do oso pardo que probablemente se vería afectado no seu habitat pola estación. A diferencia da poboación de osos occidental da Cordillera Cantábrica (Somiedo, Narcea, Ancares...) nesta localización o número de exemplares non acaba de saír adiante e mantense apróximadamente en 30.
A Junta de CyL pretendía facer a estación para dinamizar a zona, pero os ecoloxistas opuxeronse e gañaron. Eu dubido que unha estación de esquí leve máis visitantes que unha natureza armoniosa con poboacións de oso pardo.
Quede claro que eu non son contrario as estacións de esquí, pero sí penso que hai que ter moito coidado en onde se sitúan. Parece claro que nas estacións de esquí da Cordillera Cantábrica a tempada é moi curta e cada vez o será máis, polo que parece razoable preservala e aproveitar ben as xa feitas no Pirineo, que teñen máis calidade e servizos.
Precisamente este do cambio climático é un dos argumentos do Tribunal que recolle na sentencia que dubida das posibilidades da Estación.
A Junta de CyL, do PP, pretende recorrer a decisión da Xustiza, unha mágoa pois parece que algúns non se enteran de que os tempos teñen cambiado e a sensibilización das persoas coa natureza tamén


Non coñezo por agora estas montañas, pero non tardarei en facelo.



7 comentarios:

Anónimo dijo...

Sen dúbida unha boa noticia. Non quero politizar o asunto mais resulta significativo que precisamente sexan os gobernos de "ezquerda" os máis sensibilizados co medio ambiente, será que os de dereitas ríndense ao capital que ao fin é quen os mantén. Os gobernos conservadores deberían ser máis consecuentes co seu calificativo e facer eso... conservar.Os tempos mudan, xa ninguén pensa que o nivel de vida e o benestar pasan por destruir o noso patrimonio arquitectónico e natural para poder facer unha autoestrada ou urbanizar a toda costa (esto último nunca mellor dito no noso caso), normalmente detrás dos empecinamentos en levar a cabo un proxecto faraónico que non respeta o medio están os intereses económicos duns poucos camuflados nun mal entendido interés común.

J.Carlos Calvo Ulloa.

Anónimo dijo...

Recomiendo conocer el pueblo de Aguilar de Campoo (que huele a galleta cuando las hornean en las fábricas) y que además tiene una posada con mucho encanto que se llama Santa María la Real y con un restaurante que organiza distintas jornadas a lo largo del año, en estos momentos son las jornadas románicas.

Anónimo dijo...

Nico ¿Falando de politica de novo?

Nico dijo...

Non creo que me metera demasiado en política,aparte sempre avisei que seguiría falando de temas medioambientais.
Penso que tamén de cando en vez algunha crítica poderei facer no meu blog ¿non?

Anónimo dijo...

Creo que la sugerencia de Aguilar de Campoo no es bien recibida. BUAAAAAA¡¡¡¡¡

Nico dijo...

Para min si que é ben recibida e xa digo no post que teño moitas gañas de coñecer a zona.
Vin a web da casa , verdadeiramente impresionante , pero seica hai máis parecidas por alí.

Anónimo dijo...

Haberá parecidas pero non como esa a relación precio-calidad é moi boa.