lunes, abril 21, 2008

Restaurante Bicoca en Santiago

Na Zona Vella de Santiago, na rúa Entremuros, está este pequeno local que conta con poucas mesas pero que é unha aposta modesta por unha coidada cociña. Digo o de modesta polo tamaño do local e non pola súa calidade.
Son varios os establecementos dunha dimensión reducida nos que hoxe se pode facer degustar unha boa comida sen moitas pretensións en Santiago.
Neste caso do Bicoca faise unha aposta por unha cociña de mercado sin moitos riscos pero con un punto de innovación. Na miña primeira incursión puiden probar o rissotto de setas (sabroso, algo de nata en exceso para o meu gusto), o foie caramelizado (estaba moi rico e no punto de dulzor), unhas manitas de porco prensadas (nada do outo mundo pero resultonas). De segundo probei as manitas de porco guisadas con castañas e langostinos e teño que dicir que estaban moi logradas con ese punto de coláxeno desa parte do porco e cunha caramelización que realzaba o sabor, pero para min sobrábanlle os langostinos pois non lle aportan nada ao prato.
A atención foi correcta para un local con poucos recursos, lamentar a escasa carta de viños (ou polo menos algo de orixinalidade na mesma) e unha carta baldía de peixe, pois como tal so está o bacalao na carta.
Por último sinalar que os postres estaban moi logrados, como o Língote de chocolate con ouro, un biscoito de chocolate bañado con po de ouro (algo moi de moda hoxe,non esperedes ouro puro) e que deixa un suave sabor metálico na comida.
Mágoa non ter fotos pero non ando sempre coa cámara enriba.
O prezo ben axustado ao ofertado. Con postre , viño e copa arredor de 32 €

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Pues debiste de tener un buen día porque nosotros eliminamos el bicoca de la lista de restaurantes recomendables en santiago, la verdad es que es una pena que en santiago todavía no exista el resturante bueno, bonito y barato.

Anónimo dijo...

Entrar no BICOCA é das mellores eleccións que fixen, todo é agradabel,dende o ambiente ata. por suposto , a comida. Os pintxos están realmente currados, e iso é de valorar, e non só pola presentaci´n, senón pola calidade dos productos. O seu rissoto é realmente delicioso, que dicir do carpaccio...e como non...os sues postres.Anónimo penso q deberías repetir,non te decepcionará!!!