miércoles, abril 23, 2008

Os mellores do mundo

Unha lista dos 50 mellores restaurantes do mundo, a de S. Pellegrino na revista Restaurant, volve a destacar a El Bulli como o mellor do mundo. Dende logo hai unanimidade en que este é o mellor e que o Fat Duck de Heston Blumenthal no Reino Unido é o segundo, pero nesto das listas coma en todo hai as súas trampiñas.

Chama moito a atención ver neses 50 a so un restaurante do continente asiático (o Bukhara da India considerado o mellor de Asia) , resístome a crer que en Xapón non hai restaurantes de altísimo nivel. A lista é excesivamente europea e norteamericana cun so representante sudáfricano no posto 50 , un brasileiro no 40 e un australiano no 5 , o famoso Tetsuya , que resulta o mellor xaponés do mundo sen estar en Xapón

Os restaurantes españois consiguen boas notas con 4 nos 11 primeiros contando cunha subida forte de Mugaritz, pero aínda así hai un predominio francés (con Pierre Gagnaire na 3 praza, recomendo a súa web coas receitas detalladas) e inglés , e dende logo non podo crer que a gastronomía do Reino Unido poida ter máis representantes que a española onde quedan fora restaurantes como o Sant Pau de Carme Ruscalleda , algo inconcebible, ou que Martin Berasategui estea no posto 27 (¡37 na anterior!). O que si queda claro é que os anacos de terra no mundo onde mellores se poden atopar son dous: Euskadi (máis concretamente Guipuzkoa) e Cataluña.

Ben de seguro que haberá máis listas pero El Bulli ten ese gran mérito de conseguir sempre a unanimidade mundial.

Vos deixo uns magníficos videos co título de "Un día en Mugaritz" onde se fai un percorrido polo universo do gran Andoni Luis Aduriz.

Parte 1ª


Parte 2ª

No hay comentarios: