martes, abril 29, 2008

Motos



Tras darme uns paseos na fantástica e manexable Triumph Boneville que ten Manuel (ademais da súa diabólica Harley customizada), vendo nus escaparate a Harley que vai mercar Rafa, a un entralle o "gusanillo" de botarse a mercar unha para ir de paseo cos amigos.

Realmente o montar na Triumph é unha sensación de comodidade moi grande tanto na posición como no manexo , cun motor que responde , pero que non é agresivo, pois as motos son para andar con moito coidado (ver cifras DGT). Eu que non teño moita idea de motos quedei marabillado.

Andaba a mirar con María o de comprar unha Vespa pero xa vin unha BMW R 80 do 81 por Internet que para iniciarse ben pode valer...

1 comentario:

Anónimo dijo...

Demasiado pesada, e ten moita tendencia a culear en mollado e gravilla. Consello de kg: merca unha de menos cilindrada e peso.