martes, abril 08, 2008

La Bodega, Noah Gordon. Un libro sobre o esforzo de facer viño


Non é que trate de convertirme en crítico de literatura, pero este libro ten unha temática que concorda co que de xeito habitual se trata no blog.

Rematei de ler hai uns días esta novela , chamado principalmente pola temática, polo anterior libro do autor "El Médico" e tamén porque o escritor americano considera a súa propia obra como unha homenaxe persoal a España.

Dende logo este non é unha novela cunha historia tan completa coma o médico, é dende logo máis plana pero tamén se le fácilmente se o nivel de esixencia non é moi elevado.Verdadeiramente comeza con forza, situando ao personaxe na rexión vitícola francesa do Languedoc tras unha fuxida da súa Cataluña natal. O protagonista , Josep Álvarez, ex-carlista enganado , escapa da Península por estar relacionado co asesinato do Xeneral Prim, un dos sucesos máis enigmáticos dos últimos séculos de España, precisamente nestes puntos están parte dos poucos momentos álxidos do libro.

É interesante como se trata o tema do viño e a influencia francesa no xeito de innovar nos viños da península e na recuperación das uvas autóctonas como unha forma de facer calidade (algo que pasa hoxe en día). O libro serve como unha especie de documental novelado de como facer viño.

Penso que o libro é un máis de tantos best-seller con certo interese engadido por estar ambientado pertiño e incluso con algunha referencia a Galicia, terra dos ancestros do protagonista que emigraron cara a Cataluña.

Por certo en gran medida é certamente previsible.