lunes, abril 21, 2008

Fotos HDR


IMAXE FONTE 1

IMAXE FONTE 2


IMAXE HDR

Hai uns días comentoume o amigo e taberneiro Desi a existencia deste tipo de técnica fotográfica dixital. Fun lendo algo sobre o tema , baixeime o software e como xa tiña todo o demais (trípode e camara) boteime a facer traballo de campo.


Onte domingo en Lalín non deixou de chover en todo o día pero aínda así achegueime ata a Vilatuxe para tirar unhas poucas fotos para empezar coa nova técnica. Como todos os primeiros pasos en calquera cousa as primeiras tentativas son imperfectas pero xa anuncian as posibilidades desta técnica.


A técnica da HDR (High Dinamic Range) basase en facer un bracketing de 2 ou 3 fotos (varias fotos do mesmo encuadre en) con diferentes exposicións de luz (variando a compensación EV ou a apertura do diafragma) , despois pasanse a compoñer esas fotos cun programa informático (eu usei o Photomatix) e o resultado son fotografias que recollen unha exposición casi perfecta de todo o que sae na imaxe e unha maior nitidez.


Aínda estou en pañais pero os resultados son prometedores. Aquí tedes un enlace a un bo tutorial en castelán.

Seguirei facendo probas