viernes, abril 11, 2008

Comerbebervivir


Polo nome poderían parecer imitadores, pero non o son. Chegoume onte un mail dos autores do blog comerbebervivir.blogspot.com , para felicitar por este blog e para promocionar un pouquiño o seu.

O blog que se subtitula , non sen certa coña,Asociación de afectados de furanchitis crònica (Delegación de Pontevedra) , é un blog de amigos que pasan o seu tempo libre de visita en visita aos famosos furanchos das Rías Baixas. Para o que non saiba o que é un "furancho" , dicirlle que este e un establecimento caseiro, realmente tampouco é un bar, que serve viño caseiro e algunhas tapas, que agora por normativa non deben ser cociñadas.

Os furanchos na zona do Salnés teñen a súa versión chamada "Loureiros" e recoñecense por ter ramas de loureiro na porta e serven habitualmente Albariño na casa. Eu coñezo xa uns poucos , porque nos días malos de verán é unha das boas opcións se falta a praia. Os meus amigos Chones e Checho son auténticos expertos na materia. Poderedes atopar neste blog locales que non son de fama pero que fan comida tradicional , e que nos poden servir de axuda cando esteamos nalgunha vila das que descoñezamos onde comer.

Pero non so de furanchos vive ese blog , pois alí veredes visitas a restaurantes espectaculares como o Eleven de Lisboa (polo que din o mellor de Portugal hoxe en día), a lugares con recoñecida sona como Casa Emilio de Catoira e as súas lampreas ou ao clásico Marinheiro de Povoa do Varzim que é un dos restaurantes favoritos do meu avó dende hai máis de 20 anos