lunes, abril 07, 2008

A boa conserva de mexilóns con algas de Portomuiños


Seguindo na mesma liña de innovación , Portomuiños presenta estas algas (wakame) con mexilóns en escabeche branco.

A conserva preséntase cuns bos mexilóns , grandes e carnosos (de 8 a 10 pezas), acompañado con algas wakame e porros nun suave escabeche. O resultado é unha conserva nova, refrescante e suave , non é a clásica lata de mexilóns (por outro lado magníficas na nosa terra) e penso que é un producto que vai tamén dirixido a xente que nunca tomaría unha lata de mexilóns en escabeche.

Outro deses grandes productos de Portomuiños, unha empresa galega que está situandose nun lugar magnífico na gastronomía e restauración en todo o Estado cunha moi coidada promoción con cociñeiros, restaurantes, suplementos, etc. Un exemplo a seguir para moitas iniciativas.