lunes, marzo 31, 2008

Unhas brevas de Navaza


Onte domingo fixo un día malísimo e frío, saín un pouco pola máñá a ver as presumidas vacas de Feiradeza e logo unha comida frugal .A tarde foi de siesta, descanso, peli e tras notar un vacío no estómago tiven un antollo: unhas brevas de Navaza.

Non hai moitos anos en Lalín dicir Navaza era dicir pastelería, tamén estaba o Maño, pero non eran tan boa, salvo uns grandes bolos recheos de nata a 25 pesetas que ben teño comido de neno.

Navaza , que hai anos estaba na Joaquín Loriga e agora na Bos Aires, é unha magnífica pastelería e conserva os seus fenomenais pasteis de toda a vida (cañas, petisús, etc) ,algo grandes para as tendencias actuais, ademais de pastas, tartas (¡que gran milhoja!) e ata xeados, pero si hai algo que gardo ben na memoria son as brevas , eses bolos con sucre recheos de crema que son verdadeiramente viciosos. Vale , dirán algúns puristas, que non son tan boas como hai anos cando a crema era de ovo,ovo pero as esixencias de seguridade alimentaria de hoxe en día son as que son.

Por certo, para os larpeiros ,lembrarvos que Navaza segue a fer pola semana as deliciosas ensaimadas da casa , hai tempo que non as como , será para outro capricho...

7 comentarios:

Anónimo dijo...

As ensaimadas dás que falas e outras esquisiteces en bollería as fan os xoves.

Sobre a pastelería do Maño resaltar o excelete nivel en hojandre que tiñan, a min persoalmente me gustaban moito as palmeiras de chocolate.

A min pareciame moi boa.

Saúdos Nico.
Gúmer

Nico dijo...

O Maño era boa e ten razón Gumer nas palmeiras.
A pastelería de Alcalde Ferreiro, non sei o nome, ten unha tarta larpeira riquísima.
Navaza en Lalín segue sendo a mellor.

ADRIANA dijo...

Eu prefiro os xeados... mmm

o pai de batman e spiderman dijo...

Cabrones!! ...que estoy a dieta

Anónimo dijo...

Gracias Nico por recordarme lo bien que se come en Lalín y por decirnos en dónde se encuentra ,actualmente, Navaza .
Por cierto, Navaza creo que ,al principio, estaba enfrente de Dofeca y la última vez que estuve en Lalín, estaba enfrente de la casa de Celso Fune..., ¿sigue ahí? Es que no estoy al día en cuanto a calles de Lalín. Gracias.

Anónimo dijo...

recordo que eran breves as brevas os domingos na sobremesa da miña avoa Celia. jejejeje.

Anónimo dijo...

Ahora ya entiendo mi adicción a los xuxos, bombas, etc. Gracias por enseñarme la luz.