jueves, marzo 13, 2008

Curros Enríquez e Batallán



Fun o pasado sábado co blogger de A Teima a un acto de homenaxe a Curros que con motivo do centenario do seu pasamento celebrouse en Celanova. Profundizouse sobre a figura do poeta na súa faceta de periodista, profesión que desenvolveu toda a súa vida en Galicia, Madrid e Cuba e que de verdade foi a que lle dou de comer...triste vida a dos poetas.
O acto contou con expertos en comunicación e literatura como Marcos Valcarcel, Rosa Aneiros, Fernando Salgado ou Alonso Montero que foi o encargado de pechar cun gran discurso de actualidade o acto. Houbo intervencións moi interesantes que nos achegaron á vida deste grande celanovés que presenciou a primeira interpretación do Himno Galego en La Habana, ademais nos axudaron a rememorar e contemplar dende a historia os grandes problemas e dilemas daquela época: a guerra de Cuba, o republicanismo vs monarquía (este aínda vivo), o comezo dunha nova literatura galega e o problema da identidade, os problemas relixiosos que marcaron a marcha de Curros cara a Cuba...

Pero certamente o mías destacable do acto foron as grandísimas intervencións de Luís Emilio Batallán que amenizou o acto con varias cancións e nos marabillou a todos. A pesares dos meus vínculos familiares que me poderían influir, teño que dicir que tras anos sen velo en directo , alí so coa guitarra ,no Mosteiro de Celanova puidemos asistir a unhas vibrantes, entonadas e emotivas interpretacións como "Nocturno"(gran versión tamén de Pucho Boedo) ,"A Rosalía" ou a grandísma "Aí ven o Maio" todas elas con letras de Curros.

De "A Rosalía":

Ai dos que levan
na frente unha estrela
ai dos que levan
no bico un cantar

En homenaxe poño varios videos do artista de Moraña, o primeiro con Pablo Milanés cantando "Aí ven o Maio", despois con Sabina cantando "Contra mí mismo" (Si no fueras tan puta) do seu último disco e por fin un video meu co "Quen puidera namourala" en medio de fotos do noso país

Con Milanés




Con Sabina




Cantando a Cunqueiro


1 comentario:

Anónimo dijo...

Alucino con tu video Nico, me encanta