domingo, marzo 30, 2008

Calçotada en Arzúa






O pasado sábado achegámonos ata Casa Assumpta, unha casa de Turismo Rural no Concello de Arzúa rexentada por cataláns afincados en Galicia e que trasladan ao noso país tradicións gastronómicas do seu. Souben desta casa e das calçotadas que alí se fan gracias a lectura do magnífico blog de Manuel Gago, se queredes unha gran crónica podedes consultalo aquí.


Polo que sei as calçotadas (dos calçots, cebolas tenras) son máis que unha simple comida, trátase dunha tradición catalana que sirve tamén como reunión de familias e amigos arredor dunha mesa. Orixinarias da provincia de Tarragona , a súa celebración é todo un ritual celebrado habitualmente nos meses finais do inverno e nos primeiros da primavera.


Seguindo parte desa tradición chegamos ata esas terras da Baixa Ulloa varios amigos e desfrutamos desas sabrosas cebolas feitas nas braxas cubertas aínda de terra. Servense en tellas acompañadas de salsa romesco e regadas con cava que se bebe do porrón. Toda unha experiencia que debe ir acompañada da previa colocación dun babeiro para non rematar emporcados.


Pero o almorzo de Casa Assumpta lonxe de finalizar nos calçots continua cos tradicionais pan tomaca, escalivada de berenxenas , pementos e cebolas , unhas butifarras con monchetas e unhas costelas de año tamén pasado polo lume.


O remate , coma non, cunha deliciosa crema catalana, doce e ben queimada que a Manuel duroulle no prato menos de 15 segundos.


Despois unha longa sobremesa cuns bos chupitos, estes xa máis galegos, na que algún rematou bailando o chiki chiki celebrando a boa experiencia.


Todo un plan para repetir , Casa Assumpta esta na estrada de Cruces a Arzúa a uns 30min de Lalín ou de Santiago. O telefóno no que Isidro, o mestre de calçots e cerimonias ,vos atenderá é o 981518786. A tempada dos calçots esta para rematar así que non o deixedes pasar.



VIDEO PARA ACHEGADOS

2 comentarios:

o pai de batman e spiderman dijo...

Fue un planazo, Nicolás. Eres el mejor organizador de planes.
Unha aperta.

Anónimo dijo...

Que ganas de comerme todo eso, que lugares más raros sacas a veces.