domingo, marzo 23, 2008

Bica do Sapato, Lisboa






A Bica do Sapato é un dos máis coñecidos restaurantes de Lisboa e de Portugal. Situado fronte a Estación de Santa Apolonia con vistas ao Tejo é un local de decoración vangardista composto por varios espacio diferenciados: restaurante, bar e sushi bar.


É un deses lugares de reunión de xente guapa e famoseo lisboeta ,ten como un dos seus propietarios ao mesmísimo John Malkovich. A verdade é que o local ten unha abientación espectacular cuns panes mobeis con fotografías que van cambiando, unha iluminación colorista, boa selección musical , etc. Pero outra cousa é a comida...que non é mala pero penso que para ese tipo de restaurante a súa carta é un pouco "antiga" e sen demasiada evolución. Aí vai a miña experiencia:


En primeiro lugar ao entrar o pimeiro que fixen foi mirar fora a carta o restaurante e ¡susto! os pratos rincipais non baixaban dos 32 € , e non pensedes que había propostas excesivamente atractivas, facendo un pequeno e rápido cálculo estimei que unha cea con postre e viño non había de sair por menos de 70€ cabeza (manda carallo para a Guía Campsa- 40€) , ante tal barbaridade preferín gardar eses cartos para ir a un verdadeiramente salientable (ex. cando reabra Marcelo)


Así que decidín cear no bar que realmente é un restaurante cun comedor máis grande cunha imponente barra para esperar e tomar algún coctel previo. Alí tomamos unha cea bastante correcta a base duns pulpitos en ensalada de primeiro, despois eu tomei porco preto guisado con verduras e María unha "empada" de muslo de pato. O porco preto é parecido ao ibérico e ten bastante sabor e a graxa entreverada, a empada realmente é parecida a unha empanadilla xigante que levaba por dentro o muslo de pato, todo está sabroso pero non foi nada epectacular. De postre tomamos un xeado con vinho de madeira e ananás que estaba bastante bo salvo polas froitas que viñan algo quentes de máis. Para beber un viño do Alentejo a base de Touriga Nacional (sintoo, non apuntei o nome), potente e sabroso, un bo viño , pero como é tradición en Portugal estaba algo quente. Despois un par de mojitos na barra e unha conta de 45€ por cabeza, que si ben pode parecer excesiva hai que ter en conta que estás pagando tamén o entorno.


En canto ao ambiente dicir que esperabamos máis xente nova , pois as mesas darredor estaban copadas por grupos de parellas de entre 50 e 60 anos que soportaban a boa selección musical moderna e a volume medio-alto. A medida que foi avanzando a noite foi entrando xente máis nova e con aspecto bastante "cool" e de famoseo aínda que nos non coñeceramos a ninguén: guapas rapazas con tipos pequenos e con pintas (¿futbolistas?), xente algo extravagante, parellas gays...


En definitiva un lugar para visitar e tomar unha copa polo escaparate , máis non un gran restaurante, penso que a nivel gastronómico en Galicia hai polo menos 30 mellores a día de hoxe.


Antes de ir a Bica do Sapato barallei as opcións do Terreiro do Paço ou o Alcantara Cafe , gostaríame que si aguén os coñece os comparara.


O domingo pola contra fun a un pequeno restaurante no Bairro Alto, na Rúa Atalaia, que se chama O Imperio dos Sentidos, non se trata dun restaurate erótico, pero sí dun coqueto local nunha zona de marcha. Cunha cociña algo moderna , lixeira, con raíces tradicionais cumpre o obxectivo de ser un lugar onde decicidirse a cear se estás de paseo polo Bairro e non sabes onde entrar. Tamén tinha boa pinta na rúa paralela o Cravo e Canela pero pecha ese día,ficará para a próxima.
AS FOTOS DESTE POST NON SON MIÑAS

3 comentarios:

Anónimo dijo...

BUF! TEN QUE SER DESESPERANTE VIAXAR CON VOSTEDE. TANTA CRITICA XUNTA NON PODE SER BOA. DISFRUTE HOME DISFRUTE! E DEIXESE DE POÑER A CALDO TODO.

Anónimo dijo...

BUF! TEN QUE SER DESESPERANTE VIAXAR CON VOSTEDE. TANTA CRITICA XUNTA NON PODE SER BOA. DISFRUTE HOME DISFRUTE! E DEIXESE DE POÑER A CALDO TODO.

Gourmet de provincias dijo...

Teño referencias recentes do Terreiro do Paço a través dun amigo que acaba de visitalo. Prezos razonables para a súa ubicación (menús entre 0 y 50€. Cociña ben de nivel pero non apabullante. Marco e entorno privilexiado. Dixome que ben paga a pena cando menos unha vez.