domingo, marzo 30, 2008

As sardiñas marinadas con patacas e pementón

Esta é unha das minñas receitas orixinais das que máis orgulloso estou, máis que nada porque a combinaión encaixa na nosa cociña máis tradicional pero cunhas texturas diferentes e tratando de conservar con pureza o sabor esencial das sardiñas.
Debo recoñecer na técnica da marinada das sardiñas a influencia de Fagollaga pero tamén falar da miña orixinalidade (ou casualidade) resultante dun deses experimentos que de cando en vez fago tratando de buscar cousas novas: trátase da "mousse" ou pasta fina de patacas que leva este prato , pois as uso coa súa propia pel feitas so no micro , mesturadas con aceite virxe e un dente de allo e ben pasadas quente pola batidora.
Para rematar un pouco de pementón de la Vera e unhas herbas para alixeirar e darlle un pouco de frescor.
Para que o prato quede perfecto as sardiñas teñen que estar ben desespiñadas (neste caso fallei un pouco) e tratalas coxeitiño cando as retiremos da tixolapara non estragar a pel.
Un prato sinxelo de facer a camiño entre o tradicional e a innovación