miércoles, febrero 06, 2008

Video das Fragas do Eume

Certamente non so temos fragas fermosas no interior da nosa terra, na comarca de Ferrolterra atópanse as Fragas do Eume, un bosque de ribeira atlántico que ben vale unha visita.
As Fragas son Parque Natural dende hai xa 11 anos e menos mal que se dou este paso porque se non os eucaliptos seguirían esnaquizando parte desta paisaxe como ten pasado con outras moitas fragas do país. A medida que subimos no curso do Eume as especies arbóreas autóctonas vanse impoñendo.
Tamén na Fraga pódense atopar misteriosos mosteiros, por ser unha visita curta so chegamos ata o de Caaveiro que orixinouse no S. X cando S. Rosendo xuntou a varios anacoretas que vivían nestes bosques. Hoxe está nun estado de conservación pobre pero xa se traballa na restauración (concretamente a empresa de capital lalinense Varela Villamor)e se melloraron moito os accesos.
Terei que volver e xa quedei con Manuel para organizar unha fin de semana por alí no tempo de primavera.
Para comer nas Fragas recomendo o Restaurante Andarubel que está no Centro de Información do parque e onde teñen como especialidade diferentes pratos de porco celta. Un lugar moi correcto nun fermoso entorno