jueves, febrero 14, 2008

Unha volta por Oseira e os seus misterios



Considerado "O Escorial Galego", o Mosteiro de Oseira está considerado , xunto co de Sobrado, o de máis importanca do país.


Situado pertiño de Cea, nun pequeno val formado polo río do mesmo nome, Oseira aparécese maxestuosamente aos nosos ollos na baixada dende o Monte Faro, tras atravesar unha fermosa paisaxe de montaña.


Suponse que debe ao seu nome á presenza de osos nestas terras no pasado, din que ata o S.XIX, Oseira foi comezado polos Benedictinos no S. XII pero xa se comentaba a presenza de anacoretas nesas terras de vales e montañas. En Oseira foi abade San Famiano que era un peregrino alemán a Santiago que pasou por estas terras e hoxe ten as reliquias en Italia. Moitas das familias nobles galegas da Idade Media mantiveron monxes en Oseira e tamén se fala nas diferentes historias dun nicromante (culto aos mortos) que tamén chegou a abade (disto lin algo hai tempo e non lembro onde nin o dato exacto, se alguén o coñece gostaríame sabelo). Para min todo isto fai de Oseira un lugar fascinante con moito misterio como gran parte deses sécuos medievais en Galicia


No século XVI sofreu un importante incendio que precisou dunha reconstrución pero marcou o inicio da súa decadencia acentuada tras a Desamortización. Xa logo en 1930 faise unha nova reconstrucción e hoxe en día está habitado polos monxes que hoxe en día seguen a fabrica artesanalmente o famoso "Eucaliptine".


Oseira é un dos grandes tesouros do noso interior, a súa arquitectura é maxestuosa e como moitos dos mosteiros galegos (Oia, Caaveiro, Carboeiro, Samos, etc) a súa localización está perfectamente integrada na paisaxe.


A súa visita é obrigada para todo aquel qe nunca fora e débese repetir con frecuencia.


Por certo é algo complicado visitar o interior pola organización das visitas que fan os monxes




1 comentario:

Anónimo dijo...

Que bonito es eso, habrá que visitarlo.