viernes, febrero 08, 2008

Restaurante "A Estación", Cambre


A pasada fin de semana puiden desfrutar deste gran restaurante, un dos rincóns da nova cociña galega formada principalmente por un grupo de novos cociñeiros reunidos en torno ao Grupo Nove do que xa falei algún día.

O local atópase nunha vella estación de ferrocarril na vila de Cambre, moi ben adpatada para a súa nova utilización cun comedor amplo e dividido en zonas de fumadores e non fumadores.

O restaurante esta dirixido por 2 promesas da nosa restauración, Xoan Manuel Crujeiras e Beatriz Soutelo, que fan da súa casa unha das paradas gastronómicas recomendadas no Norte do noso país.

Como varios dos pratos contiñan queixo (a María non lle vai ben) e o menú degustación é a mesa corrida, pois quedaronme algunhas cousiñas por probar pero foi unha experiencia satisfactoria. Eu decanteime de primeiro por uns Canelóns de faisan con cantarela moura, salsa de asado e trufa, que foi para min o mellor de todo o probado, e continuei cun Lombo de robaliza , matacandís, mexilóns en escabeche emulsionado do que salientaría o perfecto punto de cocción do peixe e o contraste coa súa pel dourada e crocante, non me gustou tanto a salsa.

María tomou (i eu dende logo testei) unhas Vieiras asadas con verduras e mollexas, prato arriscado para o que non lles gusten pero que para min estaba moi sabroso e de segundo unhas Carrilleiras sobre rissotto de boletus do que destacaría a xenerosidade da ración e a textura mantecosa da carne lograda a base dunha cocción laboriosa e suave.

Finalemente de postrei eu optei por un magnífico tiramisú con froitas en copa e María pola Tarta de chocolate feita no momento con xeado que estaba "de vicio". Para beber, unha botella de Dido La Universal, viño do que xa falei aquí e ao final medio Gin Tonic de dixestivo, que tomei ante a imposibilidade de desfrutar o Blue Gin Tonic do que fala o colega Manuel Gago.

Evidentemente non é un restaurante barato , máis se non tomas a degustación, e o prezo non pareceu nin excesivo nin barato xa que pagamos 55 € por cabeza e desfrutamos dunha boa experiencia.

PD: Parece ser que a xente de Vieiros tamén lles gusta deixarse caer por este local próximo a Cerceda.
Como esquecín a cámara, as fotos son da propia web do restaurante e do compañeiro blogastrónomo de Another Cow in the Corn