domingo, febrero 17, 2008

Os novos productos de Portomuiños


Evidentemente non so falarei dos cociñeiros e restauradores, tamén ten que haber lugar para a xente que presenta productos novedosos e/ou de alta calidade.

Neste caso tócalle a Portomuiños, unha empresa galega adicada á recolección e posterior procesamento das algas comestibles (wakame, leituga de mar, nori...) das nosas costas. Un producto que non se ten consumido moito en Galicia,a pesares do potencial que temos neste terreo, e que ten unhas cualidades nutritivas e de sabor moi especiais.

Portomuiños comercializa dende hai tempo algas deshidratadas que se poden atopar en moitos supermercados, pero o que máis nos chamou a atención foron os novos productos que teñen previsto comercializar en breve: pasta feita con algas, té de diferentes tipo mesturado con algas ,e pó de algas como condimento e conservas de mexilóns con algas...

Toda unha aposta gastro-empresarial con ideas innovadoras dende Galicia que esperamos que colleite moitos éxitos. Supoño que ter unha bióloga lalinense axudaralles.

En canto remate o Forum a miña primeira receita será con estes vexetais mariños.