lunes, febrero 11, 2008

O porto de Redes




No Concello de Ares, pertiño de Cabanas, está o bonito porto mariñeiro de Redes, pequena vila hoxe moi coñecida porque é o marco da serie da galega "Padre Casares".

A verdade eu non sabía da súa existencia a pesares de que coñezo ben Mugardos que está pertiño e sorprendeume por ser un rincón que garda moita das esencias do que eran os pequenos e recollidos portos das nosas recollidas rías.

A vila é pequeniña, pero nótase nela un esforzo por mantela xeitosiña e puidemos comprobar como se están a restaurar con moito gusto varias das casas das que varias delas dan directamente ao mar.

Aínda que ten unha boa praia e está próximo a zonas turísticas polo de agora (esperemos que por sempre) non se nota a salvaxe presión urbanística.

So paramos por alí media hora , pero nin que dicir ten que voltarei por alí a tomar algo na Pousada do Mariñeiro que está no mesmo recollido porto.