viernes, febrero 15, 2008

O grandísimo Steve McCurry







Sigo falando de fotógrafos de Magnum e hoxe tócalle o turno aun moi especial , sen dúbida un dos meus favoritos, por non dicir o mellor:Steve McCurry.

Xa hai anos que veño seguindo a súa fotografía como lector habitual de National Geographic que o ten como un dos seu fotógrafos estrela, pois este oriundo de Filadelfia deulle á revista a súa portada máis coñecida: o famoso retrato dunha moza refuxiada afgana da guerra do seu pais con Rusia. Foi en Afganistán onde este grande artista documentalista comezou a facerse respetar.



Para min as fotos de McCurry reflexan de forma única o que está a ocorrir pero sempre cunha visón estética que as fai obras de arte que ,polo menos a min, deixanme marabillado. O seu lema é: "Se sabes esperar , a xente esquecerá a túa cámara e a súa alma sairá a relucir"



Este fotografo é en certo modo un dos culpables da miña afición pola fotografía, xa que algún día gostaríame facer unha foto a metade de boa que calquera das súas. O manexo que ten das cores , das mezlas das luces e da composición definen un estilo propio que é fácil de recoñecer.

Tamén é un dos responsables de que un dos meus soños sexa viaxar polo Norte da India cara ao Nepal ata chegar a ver os cumios do Himalaya, lugares que este gran fotógrafo percorreu con frecuencia.

Outro día falaremos do que pasou coa rapaza afgana