domingo, febrero 03, 2008

Máis sobre a infamia


Miguel Casares

Impresionante traballo de El País cun relato detalladísimo sobre o caso de Leganés e a desvergonza de Lamela e Esperanza Aguirre. Pode ser nalgún momento pesado para alguén non sanitario pero deixa moi claro o que alí pasou.
Por certo , recentemente entereime de que un médico tío meu , Miguel Casares a quen non conozo,é nefrólogo e coordinador de transplantes e foi un dos grandes defensores dos sanitarios dende o seu posto de Presidente da Comisión de Ética do Colexio de Médicos de Madrid, do cal marchou cando este foi "tomado" por Lamela. Certamente un orgullo.

Sei que a moitos non vos interesa pero supoño que entendedes a importancia que ten para min este caso.
http://www.elpais.com/articulo/reportajes/infamia/elpepusocdmg/20080203elpdmgrep_2/Tes
Aquí tedes un enlace coas declaracións de Miguel Casares o 7 de Xuño de 2006, declarando 2 anos antes o que deixaron claro os xulgados e deixando claro que:
"Ha sido un juicio político, moral y religioso, no médico"
http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Ha/sido/juicio/politico/moral/religioso/medico/elpporsoc/20060607elpepisoc_2/Tes/