viernes, febrero 22, 2008

Koldo Miranda



Fun a relatorio deste cociñeiro asturiano para interesarme pola incipiente nova cociña asturiana que tan boa fama ten hoxendía con este cociñeiro como un dos estandartes.

Dende logo en Asturias cómese moi ben , como en toda a cornisa cantábrica, en certo modo debido a que , como en Galicia, hai excelentes productos para traballar.

De Koldo en principio sorprendeume o amor demostrado a súa terra con pratos inspirados na tradición asturiana máis fonda como a versión que fixo dunhas fabes marineras, Fabada marinera con raya e ibéricos, variando un pouco as formas de cocción pero manténdose na sabia tradición "fabeira" astur.

Para o meu parecer este cociñeiro práctica unha cociña moi natural, de producto, sen demasiados artificios e cun evidente amor polo que fai.

Finalmente tamén puidemos observar as influencias que trouxo dunha viaxe polo Perú que dende logo marcou tamén a súa intervención cun Gapacho de papaya con palmito tostado ou o Peixe Manteiga que fixo (peixe escatófago, que come caquita) que como o eu nome indica debe ser moi xugoso. Tamén usou técnicas do ceviche peruano e a utilización do leite de tigre, un aliño de herbas e zumes que se fi para acompañar ese prato.

Koldo Miranda ten o restaurante do seu mesmo nome nunha casona asturiana nunentorno natural próximo a Avilés, non moi lonxe...
O Gazpacho de papaya co palmito