viernes, febrero 29, 2008

A inmigración: ¡Que fácil!





Veño escoitando con preocupación nos últimos días declaracións e aportacións de ideas sobre a inmigración que verdadeiramente están conseguindo que moitos nos asustemos e mesmo estemos ben preocupados polo efecto que poidan ter nun futuro, se impoñan electoralmente ou sexan derrotadas, tanto ten xa que foron enunciadas.


É ben fácil apelar ao descoñecido como unha amenaza para tirar rédito electoral, é ben sinxelo situar ao máis débil no punto de mira como causante dos nosos males, é unha "cantinela" que vai calando principalmente en sectores perigosamente predispostos, é unha proclama que moitas veces apela a instintos das entranas que pouco teñen que ver coa racionalidade.


Certamente pode verse coma un problema o feito de que o noso progreso e o contraste coa pobreza que temos á volta da esquina sexan factores atraíntes de milleiros de persoas se esquecemos a igualdade entre os seres humanos e sobretodo se esquecemos a nosa historia.


Hai 500 anos tomamos moitas terras que eran doutros, non aprendemos os seus idiomas, impuxemos os nosos, non fumos alí a traballar ou levados pola fame, poderíase chamar aventura pero seguramente o máis correcto fora codicia.


Non precisamos remontarnos tanto, máis aínda no noso país, para comprender a dureza , a falta de solucións, a desesperación por ter que marchar da terra tan ben retratada naquela fotografía de Manuel Ferrol. Toda a nosa inmensa diáspora non marchou pola aventura, foron traballar , fixeron de todo, moitos triunfaron e outros fracasaron, tamén algúns roubaron. Hoxendía nos orgullecemos de que conservaran os nosos costumes, a lingua, foron valedores da nosa cultura en Bos Aires, en Zurich, en Camberra...seguiron facendo caldo galego, filloas, lacóns...nunca deixaron de cantar a Rianxeira, de casarse entre eles , seguiron sendo católicos en países protestantes ...en moitos casos nin tan sequera aprenderon o idioma do país. ¿Foron perigosos os nosos emigrantes? ¿Adicáronse a destrozar o país que os acolleu? non , claro que non, so pretendían unha vida mellor que en Galicia non era doada de atopar e nunca nos deixaron de costas, máis ben axudaronnos a ser o que hoxe somos.


¿Por qué debemos pensar que os que veñen van ser diferentes? esta é a pregunta que nos debemos facer, é ten sinxela resposta, por eso o perigo de certas propostas para situacións que en moitos casos castiga a Lei con dureza (ablación, poligamia,etc) son uha acusación en sí mesma a milleiros de persoas de ben.


Pero se todo esto non vale , ben podemos ser prácticos e pensar que a pensión do velliño que temos na casa está asegurada pola súa chegada ou lembrar se hoxe almorzamos algunha froita, se comemos verduras, se a nosa merluza estaba rica, se o polo era xugoso, se alguén coida da nosa avoa...e veremos que as mans deles están ahí facendo moitas das cousas, que nos tan dignos,habitualmente non somos quen de facer.


Por eso eu quería sumarme ao clamor de moita xente que lle reclama aos nosos políticos (de todos so signos) sentido da responsabilidade nestes asuntos porque sempre hai quen está esperando unha chispa para prender lume e sabemos que se prende rápidamente os culpables esconderan o chisqueiro.




Onte 127 académicos de 38 universidades mostráronse preocupados por certas propostas de inmigración.


Onte o fotógrafo Javier Bauluz , único español gañador dun Pulitzer por fotos da inmigración , cometeu un erro nunha comparación desafortunada feita nun momento de desolación no que rematou botándose a chorar. Pideu desculpas por comparar a persoa, segundo él referíase as proclamas que ese político está irresponsablemente facendo.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

a primeira das fotos é das que marcan para sempre,supertriste

Anónimo dijo...

A Familia de Rajoy nunca tivo emigrantes.Sempre viviiu moi ben a conta das familias que tiñan que mandar aos seus fillops á inmigración

Anónimo dijo...

Es muy duro,tener que marcharte de t� Tierra,para que donde vayas no te traten con respeto.Cuantos gallegos emigraron por necesidad,y los pa�ses de acogida los recibio con Cari�o y los trato bien.Porque entonces hay gente que no respeta a la gente emigrante,con lo dificil que es abandonar tu casa....

Anónimo dijo...

Es muy duro tener que marcharte de tu País....

Anónimo dijo...

los gallegos que tan bien acogidos iban a otros paises a trabajar a destajo y no a vivir en las calles. La inmigración es adecuada cuando un ciudadano de otro pais necesita trabajo y dinero y nosotros podemos dárselo y además darle los misos derechos que nosotros mientras este aqui trabjando, pero es inconcevible que el estrecho de Gibraltar se llene de cadaveres y cayucos, que en Canarias los campamentos de inmigrantes esten a rebosar, que la gente se mate saltando la balla y todo para acabar en la calle en Madrid pidiendo limosna, sin trabajo ni derechos.
La inmigración a producido riqueza en nuestro pais, cuando nosotros nos fuimos y ahora con las cotizaciones de los que vienen, pro el inmigrante tiene que venir con contrato. INMIGRACION LEGAL.