lunes, febrero 11, 2008

I Concurso de Pulpeiras no Forum de Santiago



Xa case está aquí, na próxima semana non deixedes de acudir a Santiago a desfrutar do atrativo programa do Forum que achegará á cociña para todos os públicos, mesmo haberá sesións de aprendizaxe para nenos.Todo por 5 €/día

Unha das actividades máis interesantes será o I Concurso de Pulpeiras que comezará a celebrarse o sábado as 16 h. Serán 10 pulpeiras do noso país as que competirán por facer o mellor polbo para todos.

Lembrade que as entradas son económicas para todo o que se ofrece.

Eu o sábado irei a Santiago no tempo libre que me deixe unha comida que teño en Lalín, o domingo non poderei asistir por estar de garda polo que me perderei por exemplo a Toñi Vicente. Pero luns, martes e mércores estarei alí mañán e tarde seguindo en vivo todo o que aconteza.


EN PAPAREVIVIR PODEREDES SEGUIR CASE EN DIRECTO TODO O QUE PASE NO FORUM