martes, febrero 19, 2008

Catando viños e cavas descoñecidos




Nun dos mellores stands do Forum, o de Misenplace, empresa catalana con moitas ramificacions na restauración como a famosa Vila Viniteca, fun invitado a degustar viños descoñecidos, algún deles verdadeiramente novo para o meu padal que me deixou sorprendido. Debo agradecer a atención prestada polo xoven sumiller francés que me atendeu moi amablemente
O que máis me chamou a atención foi o Dujin Spatburgunder 2002 (Dujin Pinot Noir), que é un viño aleman moi diferente dos viños ao que estamos afeitos por estes pagos. Para empezar é un tinto case transparente, cerca do rosado, ten moitísmos aromas de froitas frescas, e cun sabor suave, algo doce pero levemente ácido. Non é un viño de moito corpo, pero ten forza. Todo un descubrimento que para min foi moi exótico por sorprendente.




Seguindo con viños diferentes e de prduccións pequenas tamén me sorprendeu un cava de Sant Sadurni da Noia co nome de L´Origan, que fai referencia as historia dos perfumistas poi diso se trata este viño. Este espumoso xa soprende dende a forma da botella xa quetá inspirada nas ánforas romanas . Ao pasar polo nariz reventa de frescura e aromas , con burbullas firmes e que na boca é suave. Como o anterior algo verdadeiramente novo para min. Unha mestura de uvas autóctonas ensamabladas para un resultado especial. So 14000 botellas ao ano.


Para rematar doume a probar viño xa algo máis familiar a pesares de tratarse tamén dunha DO emerxente e descoñecida nestas terras. Trátase do Viña al lado de la casa da DO Yecla, feito con Monastrell. Este era un tinto carnoso , potente de alta gradación 14,5ºC, con algo de crianza , cun sabor que perdura e que sería fenomenal para un bo queixo de ovella. Un viño para pedir neses restaurantes de grandes cartas cando queres probar algunha DO fora das clásicas e non sabes qué.