lunes, febrero 04, 2008

Casa Castelo dos Andrade




Pertiño de Pontedeume, ao lado do P.N. das Fragas do Eume e siyuado nun outeiro próximo a o histórico Castelo dos Andrade que vixía as rías da Betanzos, Ares e Ferrol atópase esta fantástica casa.


Téñovos falado de varias das máis encantadoras casas de turismo rural do noso país e nesta hai que salientar o seu coidado, a delicadeza, o bo gusto e a cantidade de detalles salientables que ten esta hospedaxe.


Esta casa ademais de estar nunha tranquila finca dispón dunha calidez e dunha coidada rehabilitación que sobresae sobre moitas outras. Resaltaría sobretodo o grande ventanal no que un podería pasarse horas e horas sentado e mirando tras degustar un fantástico almorzo


Destacar que o seu propietario ,chámase Alberto, dirixiu toda a restauración e con orgullo fala dunha casa verdadeiramente singular e que ten sido portada de varias revistas de decoración, escenario de videos musicais e reseñas en moitísimos medios.

En definitiva un lugar delicioso para repetir. Deleitádevos coas fotos