lunes, febrero 11, 2008

Carne ao Caldeiro en Pedroso



O sábado aproveitando o gran día que facía fun ata Pedroso invitado por Miguelito Calvo a unha carne ao caldeiro.

Non sei si é a súa especialidade ou polo entorno, pero este artista lalinense sabe manexar a pota coas patacas, a carne , uns riquísimos chourizos e o unto polo ue finalmente papamos ben papado todo o que puxera a ferver.

Estabamos acompañados por dous Xoans de Ourense, tamén artistas , xente moi agradable e simpática. Certamente estábase ben alí na eira de Pepe.

A mágoa foi ver unha haxa (corrixido faia, erro meu e do traductor da Universidade de Vigo) ali prantada que non sei se prenderá...
A ponte de Pedroso, a fondo a casa

4 comentarios:

Anónimo dijo...

En priemiro lugar que carallo é iso dunha "haxa", será en todo caso faia. E como que non medra, espero que non lle votárades algunha pócima desas que tomástedes.

J. Carlos Calvo Ulloa (o que prantou a faia)

*por certo fai tempo que non vou pola casa do meu pai pero como podedes ver a paisaxe é fabulosa con ponte medieval e todo, anímobos a coñecer o lugar.

Nico dijo...

Estimado Carlos:

Ante as dúbidas que tiña ao escribir a palabra en galego, decidín consultar no traducor on line da Universidade de Vigo (Seminario de Linguística Informática) e pon que o correcto é xa.
Fai a proba pen castelán:
"Donde haya un bosque de hayas"
e sairá: "onde haxa un bosque de haxas". Se pos faia,dende logo o significado non é nin parecido

Nico dijo...

Estimado Carlos:

Ante as dúbidas que tiña ao escribir a palabra en galego, decidín consultar no traducor on line da Universidade de Vigo (Seminario de Linguística Informática) e pon que o correcto é xa.
Fai a proba pen castelán:
"Donde haya un bosque de hayas"
e sairá: "onde haxa un bosque de haxas". Se pos faia,dende logo o significado non é nin parecido

Nico dijo...

Tras consultar o diccionario Xerais, quedou claro que o correcto é "faia" polo que o traductor da Universidade de Vigo ten os seus erros, non confiarei moito xa nel.