viernes, febrero 22, 2008

As Sortes 2006, un Godello fora de serie


Unha das cousas que máis agradecín do Forum foi a posibilidade de probar cousas que doutro modo é difícil conseguir. Así aconteceu no Mercado do Viño do pasado martes, con viños do Noroeste da Península, tan próximos pero as veces tan descoñecidos. Este é o caso deste branco de Valdeorras, máis concretamente do Val do Bibei, un viño dunha pequenísima producción pero que ten maxia propia.

Este é claramente un viño de autor, pero dun autor ,Rafael Palacios, pertenente a unha estirpe de sabedurí vitivinícola única en España: a familia Palacios. Esta familia con destacados representantes na Rioxa, Priorato, Bierzo e Vadeorras fai viños únicos con nomes perfectamente destacables como L´Ermita, Corullón, Les Terrases e dende hai 3 anos As Sortes.

Os Palacios están facendo da recuperación etnovitícola un arte cuns excelentes resultados que ademáis contribuen a dinamizar zonas rurais un pouco esquecidas.

Para min As Sortes resultou un branco magnífico, o mellor Godello que tomei i eso que andan fortes estes viños. De cor dourada ten un nariz único de froitas verdes pero non ácidas, con flores que revolotean no arrecendo. O pasar pola boca unha acidez equilibrada , fresquiño e sedoso pero con forza. Como outro dos grandísimosviños galegos, o branco Emilio Rojo, este non é un viño barato anda polos 26€ se o atopamos, pero para unhboa ocasión...

O nome de As Sortes ven da tradición galega de sortear parcelas nas herencias, como pasou coas fincas nas que se fai este gran viño.

Despois dos Valdeorras e Bierzos pobados xa me está entrando ganas de deixarme caer por tan fermosas comarcas ...

Cos bloggers de Capítulo 0 e Viticólogo dos Bagos, quen nos asesorou no percorrido