martes, febrero 19, 2008

As cañas de crema de Cerviño


Reposteira enchendo as cañas

Unha agradabilísma sorpresa foi atopar no stand de productos galegos á xente da Pastalaría Cerviño do Carballiño facendo as súas famosas cañas.

Supoño que xa moitos o coñecedes e sabedes que son un postre delicioso e tamén perigoso, xa que probas unha e non fas máis que repetir. Eu desta "so" comín 3.

O atractivo destas cañas está en que a masa de fora está ben crocante e doce e a crema do interior moi fina e cremosa.
Un producto único que vale unha visita a Carballiño, xa tiña pensado falar delas pois as compro sempre que paso por alí,as últimas hai 15 días con Rafa e Sito.

1 comentario:

Anónimo dijo...

É unha das cousas polas que O Carballiño vale a pena. E dino un que vive aló :D