lunes, enero 28, 2008

Resolveuse a infamia, que paguen os responsables


O Dr Luis Montes tivo que soportar durante 3 anos ser acusado falsamente de homicida.

No pasado mes de Maio colguei no blog unha entrada sobre a infamia sufrida polos sanitarios do Servizo de Urxencias do Hospital de Leganés. Hoxe foi un día feliz para estes compañeiros despois da persecución e a calumnia por fin queda claro que non existira mala praxe na sedación dos pacientes terminais.


A obstinación dun sinvergonza chamado Lamela (hoxe Consejero de Infraestruturas) brazo executor da política máis perigosa de España e que hoxe desfruta dun plus de influencia no candidato do PP, non puido coa realidade de moitos e moitos profesionais que día a día velaban no seu traballo polo benestar dos seus pacientes. Todos esperamos que se restitúa a honra destas persoas que foron falsamente acusados de homicidio de "so 400 persoas" e que pasaron un auténtico calvario representado polo xefe do servizo o Dr Luis Montes.


Tamén sería de esperar que a Cadena COPE da Igrexa ou dende El Mundo pidan desculpas por algunhas lindezas como chamarlle ao Dr Montes "Dr Muerte" ou "Terminator.


Non debemos esquecer tamén o máis importante do asunto, debido a este caso foron moitos os pacientes que non recibiron sedación por omisión do tratamento xa que moitos médicos sentíanse presos do medo ante o uso de medicamentos tan necesarios nestes casos como Morfina ou Fentanilo.


Algún día Jimenez Losantos, Pedro J., Lamela ou Esperanza terán que enfrontarse coa agonía, cos estertores que te levan a morte, coa asfixia e coa desesperanza de saber que ese é o fin lento que eles fomentaron. Ese día acordaranse do Dr Montes e da súa dignidade, ese día pedirán compasión e nunca xamais un profesional das urxencias sanitarias lla negará.





PD: o día que Lamela sacou a luz as denuncias publicouse un Decreto da Comunidad de Madrid, que indicaba que os novos hospitais de Madrid terán unha xestión semiprivada...

1 comentario:

Anónimo dijo...

Un verdadeiro escándalo,prefiro que fora para agachala nova política de xestión e non por desconfianza nos profesionais do sistema sanitario.
Quesé.