martes, enero 22, 2008

O video da IX Xuntanza dos Larpeiros do Cocido

Xa por fin puiden rematar e subir o video da última larpeirada, este ano a asistencia foi espectacular e os novos bautizados deron a talla tal e como se esperaba deles.
A xa tradicional xuntanza cumpreu as expectativas pero penso que debemos esixirlle a Currás para o ano que ven mías calidade no Cocido aínda que os postres estiveron moi ben.
No video podedes ver fotos da xuntanza e os novos Larpeiros teñen aí colgado o seu momento bautismal, agora xa so lles queda cumprir co rito de voltar ano tras ano.
Ben, pasou un ano máis pero lembrade que a que ven é a 10ª.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Será cousa do meu ordenata ou é que a calidade do video non está á altura que se lle presupón ao autor?
Ou acaso o autor quixo simbolizar que o cocido do currás tampouco estivo á altura do que se lle agarda?
Pío

Anónimo dijo...

Eu desgraciadamente é o que agardaba, unha cousa é a confianza e outra é o exceso e abuso desa confianza, dende o meu punto de vista foi un atraco, pola miña parte no volvo.

un saudo,

J.Carlos Clavo ULLOA

Anónimo dijo...

Toda a razón latiguín, hai moito tempo que está subido á parra...o cocido estivo mal e encima trátanos coma o carallo.sobran sitios, a culpa é nosa.