viernes, enero 11, 2008

Morreu Edmund Hillary


Probablemente o primeiro home que tocou a cima do mundo faleceu onte, o neozelandés Sir Edmund Hillary, e digo probablemente por varias cousas que desvelarei ao longo do texto.

As 11:30h da mañán do 29 de Maio de 1953 Hillary e o sherpa e amigo, o nepalí Tensing Norgay alcanzaron o cumio do Everest(llamado Sagarmatha por los nepalíes y Chomolunga por los tibetanos), a montaña máis alta do mundo, o desafío de 8848m. ,logrando o soño dourado de moitos intrépidos alpinistas e exploradores. Foi no segundo intento desa expedición tras atrancarse na primeira no punto no que se estimaba que Mallory perdera a vida, alí chegaron Tensing e Hillary coas bandeiras do Reino Unido, Nacións Unidas e Nepal. O seu foi un extraordinario heroicismo para eses tempos e non desmerece que fora logrado coa axuda de bombonas de Osíxeno.

Hillary e o nepalí Borgay selaron un pacto nunca revelado, ¿quen foi o primeiro deles en chegar?. Continuaron sendo amigos por sempre e Hillary destacou polas súas obras en Nepal onde financiou a construción de escolas, hospitais, aeroporto,etc ademais dunha loita activa polo respeto as montañas do Himalaia. Tamén no Nepal nun accidente de avión , este home que fora apicultor no seu país, perdeu a súa muller e un fillo.

Case 30 anos antes, en 1924 os británicos George Mallory e Andrew Irvine tentaran a mesma fazaña , tocar a cima do mundo. Mallory era o prototipo de aventureiro/explorador británico , unha lenda da exploración xeográfica, cando lle preguntaron porque quería escalar o Everest repondeu: "Porque está ahí" , unha das respostas clásicas de calquera que algunha vez sentira a imperiosa necesidade de escalar unha montaña.

Nesa expedición Mallory e Irvine desapareceron nunha tormenta e nunca máis se volveu a saber deles. A lenda da súa desaparición crecía, mesmo co achádego por outra expedición dun piolet a case 800o m alimentabase a posibilidade de que tiveran alcanzado o cumio. En 1999 atopouse o corpo conxelado de Mallory a 8700m. , moi perto da cima , nunha complicada zona da montaña, sempre quedará a dúbida de que puidera alcanzar o máis alto, pero para os grandes alpinistas a ascensión remata cando chegas abaixo. Poucos días antes da ascensión deixara escrito : "Vou a unha loita, non a subir unha montaña".

A historia de Mallory lembra un pouco á do Capitán Scott ,unha das máis belas e tráxicas historias da exploración, na súa loita con Admunssen por chegar ao Polo Sur, algún día falarei dela.

Finalmente en 1978 os austríacos Peter Habeler e Reinhold Messner (considerado un semideus do alpinismo) chegaron ao teito do mundo sen Osíxeno, desafiando recomendacións médicas e mesmo puideron atopar a morte polos seus edemas pulmonares. Hoxe en día o Everest e casi unha atracción, pero moi poucos lograron subir sen bombonas e sen as rutas abertas por Hillary e os seus predecesores.

Algún outro día falaremos do ascenso e proeza italiana do K2 por Compagnolli e Lacedelli en 1954 baixo a dirección doutra lenda, o italiano Ardito Desio.
Un fermoso video da cima do mundo: