martes, enero 22, 2008

Jonas Bendiksen, fermosas fotografías



No gran libro dos 50 anos da Axencia Magnum que me regalou María (un dos mellores regalos que me fixeron nunca), aparte dos xa clásicos e coñecidos como Capa, Cartier-Bresson, Mc Curry, etc se poden atopar outros que me parecen incribles.


Ata agora ,vou a modo mirando o libro, o que máis me ten sorprendido é o máis novos dos actuais componentes de Magnum, chámase Jonas Bendiksen é noruegués e ten so 30 anos, pero aos 19 xa era becario de Magnun Photos en Londres.


Ten moitos premios e varios libros publicados , o seu traballo máis coñecido chámase Satellites e está inspirado na disgregación da antiga URSS, para o cal foi visitando comunidades ailladas do antigo xigante comunista.


Actualmente adícase a fotografiar barriadas de chabolas en moitas cidades do mundo sendo tamén coñecidas as que fixo nun barrio de Nairobi.


A foto da nave espacial abandoada na que dous novos recollen restos e xogan mentres miles de mariposas brancas pasan por diante, paréceme unha das mellores fotos que vin na miña vida e ten unha extraordinaria beleza poética. E sen dúbida a súa foto máis coñecida


Non moito menos alucinante, pero sí máis triste e a foto do home co seu oso domado esperando que cheguen turistas na costa do Mar Negro en Abjasia, o oso parece totalmente irreal, o mesmo que o pavo real da roca do lado.





Que maravilla de libro!

1 comentario:

lateral derecho dijo...

buenísimo el tipo. te recomiendo que busques sobre josé cendón, otro máquina, pero de santiago y buen tipo.búscalo en worldpressphoto, que se llevó el premio 2007 a la mejor historia