miércoles, enero 16, 2008

Gallardón fora


Parece que o único sólido valor centrista do PP queda fora das listas ao Congreso dos deputados. Probablemente o alcalde de Madrid fora o líder máis adecuado para roubarlle votos ao PSOE entre os centristas e os indecisos pero a "tenacidade" de Espe gañou.

Contan que na reunión mantida entre Rajoy, Acebes, Gallardón e Aguirre , ésta última amenazou con dimitir de Presidenta da Comunidade de Madrid para presentarse ela tamén "se Alberto ía nas listas". Mal o ten que estar pasando Rajoy se a liorta máis soada da pre-campaña basease no principio de quén se situaría mellor para o seu relevo se perden o 9 de Marzo.

Ademais de Espe todo indica que tamén gañou "Chemari" xa que os seus "cachorriños" Acebes e Zaplana optan a continuidade, iso que o máis bronceado dos políticos españois foi expulsado das listas de Valencia polos seus propios compañeiros. Hai que unirlle a presencia de Pizarro, que poderá aportar algún voto por Madrid pero fará perder moitos en Cataluña , pois preferiu venderlle Endesa a uns alemáns antes que aos cataláns.

Por certo no ABC xa vaticinan , segundo fontes do propio Gallardón, que o alcalde de Madrid abandoará o cargo tras o 9-M, o seu segundo, Cobo, tamén, e rematará como alcaldesa... Ana Botella.

Non sei se a longo prazo esto será bo para Zapatero, pero dende logo vale para ralentizar ou invertir a tendencia desfavorable que viña acusando.

1 comentario:

datelavueltaqueensantiagosehaceasi dijo...

PARÉCEME A MELLOR ANÁLISE POLÍTICA QUE FIXECHES. BEN RAZOADA E ARGUMENTADA. PARABÉNS.
DANI.