miércoles, enero 16, 2008

Forum Gastronómico Santiago 08

A mediados do mes de Febreiro vaise celebrar en Santiago o




Parece que será o evento gastronómico do ano en Galicia xa que conta no seu programa con primeiros espadas da cociña mundial que farán ponencias e talleres prácticos para os interesados que se inscriban. Conta tamén evidentemente con sesións e degustacións adicadas a enoloxía

Entre os nomes que van desfilar por Santiago están o de: Carme Ruscalleda, Jordi Roca, Marcelo, Seiji Yamamoto, Pepe Solla, Paul Cuningham, etc.

Haberá tamén un salón para expositores con máis de 100 xa confirmados que expoñerán os seus produtos (e degustacións): dende a artesanía ata a tecnoloxía pasando polos viños , as delicatessen, as cuberterías, etc.

A ambición desta iniciativa non remata ahí pois prometen que a cidade de santiago terá moitas actividades para o público en xeral , con actividades en restaurantes adheridos, sesións de cine de temática gastronómica (El festín de Babette; Comer, beber y amar; Vatel, etc).

Parece pois que Santiago será unha visita obrigada no próximo mes.


Dentro do mesmo Forum terá lugar o


I Encontro de Bloggers Enogastronómicos

ao que xa enviei a inscripción para que Paparevivir vos poida contar de primeira man o que alí sucede ,xa que os bloggers inscritos teremos un pase de prensa para pasar de balde ao Forum e aos diferentes obradoiros que se farán ademais de conexión de alta velocidade a Internet para contarvos rápidamente todas as novedades.


Este é un resumo do Programa do Encontro:


Luns, 18 de febreiro


16 h a 17.15 h, Ateneo1ª sesión de traballo, presentada e guiada por Manuel Gago, director de culturagalega.org e profesor asociado da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago. Esta conferencia busca mostrar e analizar as últimas tendencias na Internet gastronómica e o blogging.
17.30 h a 18.15 h, Auditorio CompostelaDiálogo onde se representarán dous xeitos ben diferenciados de entender tanto a publicación como a recepción de crónicas enogastronómicas. Participantes: Carlos Maribona, xornalista, autor e director do blog Salsa de Chiles; Rafael Anson, secretario Xeral de FUNDES. Presidente da Academia Española de Gastronomía; Pau Arenós, crítico gastronómico de El Periódico, condución: Pep Palau.
18.45 h a 20 h, Ateneo2ª sesión de traballo, presentada e guiada por Irene García Medina, profesora e investigadora do GRID (Grupo de Investigación en Interaccións Dixitais da Facultade de Empresa e Comunicación da Universidade de Vic). Irene García explorará novas fronteiras onde se cruzan o dixital e a gastronomía.

Condicións de participación

É necesario acreditar a autoria dun blog gastronómico propio. A organización resérvase o dereito de admisión.
Gracias novamente a Manuel Gago pola súa información e cortesía