lunes, enero 14, 2008

A Festa da Caza de Rodeiro


FALAR NON FALA ,¡PERO PRESTA UNHA ATENCIÓN!

Onte domingo, fun con Carlos á Festa da Caza de Rodeiro para degustar algún dos manxares que se poden atopar nos nosos montes.


O tempo non acompañou, choiva abundante e moito frío, polo que non puidemos contemplar a exhibición de cetrería , pero polo menos puidemos ver as fermosas rapaces usadas para tal fin. Logo tomamos algo e fumos ver o interesante pregón do Director Xeral de Turismo, deslucido pola intervención do alcalde de Lalín que so falaba de cocido na Festa da Caza veciña. O acto pecou de certa desorganización e improvisación , esperemos que o próximo ano o tempo acompañe e o amigo e alcalde de Rodeiro, Manuel Salgado "Maranteiro" poida estar satisfeito.


Finalmente o importante, a papatoria de caza a que fumos invitados polo pai de Carlos, Presidente da Sociedade de Caza e Pesca dese Concello, na que 400 persoas puidemos degustar un sabrosísimo xabarín guisado ,que para esa cantidade xente non debe ser doado de facer, e despois coello asado, que estando aceptable non chegaba a ser como o porco bravo.


Despois como vos podedes imaxinar , siesta ,quentiño no sofá de 2 horas para recuperar.
Fermoso exemplar de aguia real