miércoles, enero 09, 2008

Eu son laico ¿e tí qué?


Adicado aos curas que non se poden conter


Somos Moitos os que estamos ata o nariz de que os bispos lle digan a sociedade civil como ten que relacionarse, con quen debemos ou non xuntarnos e ata de quen non debemos separarnos. O estado é aconfesional como reflexa a Constitución e xa está ben de que esta xente no respecte a Carta Magna, dicindo que as Leis que aproba o órgano máximo de representación dos cidadáns, o Parlamento, son un atentado para a Democracia e os Dereitos Humanos. Non hai que remexer moito na historia de España para ver o que lles importaban aos bispos estes conceptos...


Tamén Moitos nos preguntamos ónde estaba a igrexa cando gobernaba o PP e non modificaron nin un ápice a Lei do Divorcio nin a do Aborto.


Como xa dixen somos Moitos os que estamos fartos dos seus ataques á sociedade civil e aos principios democráticos , polo que lle reclamaremos ao próximo goberno que revise os acordos coa igrexa católica para que ela mesma se autofinancie e pague os seus impostos de Patrimonio como todos os cidadáns deste país, axudando ,si eles o estiman oportuno, as obras sociais que moitos esforzados cristiáns tratan de manter cada día e non paguen así os xustos polos pecadores bispos españois (que nin tan siquera son capaces de reprobar a un compañeiro que xustifica a pedofilia).



Tomado de Un Paseo por las nubes, gracias a Sandra

7 comentarios:

Un paseo por las nubes dijo...

Este cartel, está por todo el metro de Madrid. Yo cuando lo ví no daba crédito. IMPRESIONANTE.
Un saludo

M. Boyer daquel antroido dijo...

vale nico, una pregunta: ¿cuál debe ser la acción de una persona, o de una institución, coherente con sus ideas, cuando una Ley ataca claramente sus valores fundamentales?
¿Debe callar?

Una lectura recomendabilísima, cortita, y nada sospechosa de partidismo: "Antígona"
Y un hecho para ir al fondo con ejemplos actuales: ¿quién soy yo para denunciar la ablación del clítoris en los países en que es legal.
Sería maravilloso para mi discutir estos temas con gente que tenga preocupación seria por la política...aunque no sé yo si este será el foro adecuado. Tú dirás
Saúde

Nico dijo...

Sr Boyer dun Antroido moi moi lonxano:

Seguramente este non é o foro axeitado pero ben vale para unha pequena discusión:

- A Igrexa non ten que calar e pode manifestarse se está en desacordo coas decisións do Parlamento (non so do Goberno), o problema está en que eles acusan ao Executivo de atacar os principios democráticos e os dereitos humanos co matrimonio gay, o divorcio ou a lei do aborto. Como ti dis son valores fundamentais da Igrexa Católica mais non da Sociedade Civil que os acepta na inmensa maioria.

- Falas da ablación do clítoris e como ben sabes esto dase en países onde a distinción relixión/estado non está moi clara, como casi sempre que se producen violacións dos dereitos humanos en ausencia de guerras. Nese caso falamos dunha mutilación case nunca consentida pola afectada que ademais ten 13 ou 14 anos, creo que non é dende logo comparable pois para casarse , divorciarse ou abortar a xente consinte , polo menos en España. E son moitas máis as mulleres que quedan sen abortar polas circunstancias nas que viven que as que se arrepinten de telo feito.

Anónimo dijo...

¡Amigo Boyer en que tipo de secta fundamentalista estás metido en Barna!. Por cierto desde mi punto de vista la ablación del clitoris no da para ningún tipo de debate ni aquí ni en Sudán.

un saludo.

Anónimo dijo...

el comentario anterior es de Isabel Preysler en aquellos carnavales, si mal no recuerdo, del 87.

Boyer dijo...

a anónimo Preysler había que preguntarlle logo polo seu punto de vista, porque parece que tén as cousas clarísimas, e igual me axuda a non caer nunha secta -o que sería de agradecer, desde logo- ou nos ilumina sobre un tema nada sinxelo

móllate home, que non hai problema e igual aprendemos todos
enjoy

Anónimo dijo...

Sen dúbida fareino pero en canto teña tempo e me informe un pouco, mellor ainda... falareino contigo persoalmente.

un saudo, my friend.