jueves, enero 31, 2008

Achégase o día máis grande


O día máis grande do Entroido en Galicia, no Sur da nosa Terra, onde esta festa é unha relixión, onde unha provincia enteira detén a súa actividade para esquecerse de todo e disfrutar da máis pagana das festas.

Alí en Laza , nun dos vértices do Triángulo Máxico (Laza, Verín e Xinzo) ,no Luns Borralleiro alcanzaranse as máis altas cotas dunha celebración máxica e ancestral co seu cumio na impresionante Baixada da Morena. Entre lusco e fusco dende hai non se sabe cantos anos , caendo dende o Barrio de Cimadevila a Morena reaparecerá despois dun longo sono na Praza da Picota ,que estará atestada de xente entre formigas e fariña. Despois do gran rebumbio , das grandes descargas de adrenalina dos presentes e un refrixerio de cachucha serán os Peliqueiros quen continúen sendo os Reis dese único Entroido.

Parecerá todo igual que en anos anteriores, pero todos atoparemos matices de diferencia: máis xente, poucas formigas, o burro vai vello, A Morena está menos brava , etc...

É a maxia de Laza, que se fará dona da nosa alma e prometeremos vir mentres o corpo aguante, porque xa van 10 anos e porque xa hai alí moitos amigos polos que paga a pena voltar.


Eu non sei, eu non sei que ten A Morena...


1 comentario:

Rafik dijo...

y yo toda la mañana subiendo un vídeo a youtube...