jueves, diciembre 20, 2007

A vidriera de Isaac Díaz Pardo e novo manifesto de apoio




O grande artista galego e un dos máis importantes referentes da nosa cultura don Isaac Díaz Pardo ven de inaugurar unha vidriera no Parlamento de todos os galegos, penso que ista é unha mostra do agradecimento que lle debemos e da súa xenerosidade co seu país. A vidrieira de Laxeiro xa non está soa.
Por outra banda pódese asinar un manifesto de apoio a Díaz Pardo na súa loita coa nova dirección de Sargadelos e a falta de apoio institucional que está atopando nesta páxina web (na que os que non coñezan os seus méritos poden ler a biografía) ou enviando un correo de apoio a esta dirección xmavera@hotmail.com.

SE CALAMOS SEREMOS CÓMPLICES

Dende hai un tempo estamos asistindo a unha operación empresarial pola que se aparta a Isaac Díaz Pardo, da toma de decisións de Sargadelos, relegando así a aquel que fora alma mater e fundador das fábricas de Sargadelos e O Castro, creando con Luis Seoane ese emporio cerámico e cultural e converténdoo en sinal de identidade de Galicia. Falar de Sargadelos e O Castro é lembrar a labor dos exiliados, da unión da empresa e a cultura con base na tradición e o compromiso; é falar do home que traballou para manter a memoria da guerra e a represión cando ninguén o facía, da recuperación dos escritores que andiveron lonxe e remataron acollidos ao redor desa casa común, pero tamén dun home a quen sempre vimos traballando, facendo todo tipo de labores pois de ningunha delas se avergonzaba, e tanto cargaba paneis de exposicións na subida ao Museo do Pobo Galego, como deseñaba mobles e pergueñaba edificios que se recoñecen como seus. Neste momento, falar de Isaac é facelo de alguén traizoado polos seus -en palabras de Avelino Pousa Antelo- e Díaz Pardo debe ser o orgullo de todos os galegos de ben, moitos xa publicaron os seus escritos, outros fanlle homenaxes,... pero non debemos calar ata que se faga xustiza. ¡COMO CALAR...!

1. Ante o silencio público mesturado con informacións confusas.

2.Ante as institucións públicas que semellan mirar para outro lado.

3.Ante o paradoxo de que quen máis fixo pola recuperación da memoria histórica se atope en situación de silenciado neste momento de leis e anos conmemorativos.

4.Ante unha actualidade na que semella que o mundo da empresa establece os valores (o novo Sargadelos) e non hai ninguén que encabece a masa crítica desta sociedade civil disposta a defender a este home pero tamén a unha empresa que ha de estar por riba dos accionistas por ser xa case unha institución.

5.Ante a caída en picado dunha empresa que acaba de vender a súa tenda en Milán e vai facer outro tanto en Lisboa, cando nos representa a todos e non podemos deixar ao dispor duns accionistas que non se dan conta, de que o que se traen entre mans é algo que os galegos e galegas sentimos coma un proxecto cultural, unha representación do país que só pode ser de Isaac Díaz Pardo e de todos nós.

Por isto, necesitamos que alguén poña sentido no mundo empresarial, coloque os cartos no seu sitio e lidere este movemento de vontades para restaurar a xustiza cun dos nosos homes máis ilustres, cos mortos que o acompañaron neste empeño e co que hai de Galicia nese proxecto. Pedimos axuda aos avogados dispostos a argumentar e tramitar os papeis necesarios, aos políticos e deputados para xestionar as maneiras de resolver este conflito, aos intelectuais para opinar diante dos micrófonos e xornais, aos consumidores para demostrar o seu valor, é dicir, que cadaquén faga o posible para abrirlle os ollos á xustiza e poñer a cada un no seu sitio. Se seguimos calados seremos cómplices da inxustiza que se está realizando con Isaac Díaz Pardo e coa memoria cultural de Galicia. Tal vez teñamos que dicir que Isaac somos todos e todas nós defendendo, de novo a dignidade.

En Compostela a principios de decembro do ano 2007

miércoles, diciembre 19, 2007

O video da Fervenza

Por varios motivos retraseime na edición e subida do video pero xa está aquí.
Creo que nas imaxes nótase ben o frío que fixo nestes días pasados e o ben que un está dentro dunha casiña ao lado dunha lareira.
Foi unha moi boa fin de semana, moi agradable en todos os aspectos, salvo as xélidas temperaturas, e esperemos que se sigan a repetir plans coma este.
Ademais tivemos a oportunidade de coñecer a Lucas, o bebeciño recén de Manuel e Mónica que é un santiño e parécese moito ao seu irmán Nico. Tamén coñecemos ao bebe canino de Abel e Eva, o simpático Sam e acompañounos tamén Trisquel ,a cadeliña de Isa, irmá de María.
Non facía moito tempo para paseos , pero co Gomi aproveitei para darmos unha volta en bici polo fermoso bosque que alí hai.
Finalmente apareceron o domingo Luz e o Potro, que de seguro que botou de menos non ter estado na sobremesa da noite do sábado.
Un saúdo e hai que ir argallando o Cocido rapaces.




Se queredes ter este video no móbil, pulsade aquí e despois descargar no botón amarelo (2,69 Mb)

A Baixada das Bestas de Sabucedo

Outro video máis da completa colección que Pedro Pablo esta a crear de Sabucedo 2007. Neste tamén aparezo eu xa que baixei con Pedro. Gran traballo que podedes ver tamén nalgún outro blog.
A semana que ven, a chegada das bestas a aldea.

¿ Cómo rematará este pato...?


Á laranxa?, laqueado ao estilo de Pekín?, guisado co seu foie?...Proximamente

martes, diciembre 18, 2007

Viños: recomendacións calidade/prezo

Na fin de semana tamén degustamos bos viños , e fixémolo guiados por unha máxima importante cando se come fora da casa: calidade a bos prezos. Non son un experto en cata , pero como me gustan os recomendo.

O primeiro día decidímonos por un coñecido, bo e coidado Rioxa de garantías o Herencia Remondo La Montesa, un "coupage" de garnacha, tempranillo, mazuelo e graciano que ten aromas a flores ,especias e moi doado de tomar. Vale para as carnes, ibéricos ,queixos, etc . E o seu prezo en Super. é de 9 €, aprox. 15 € restaurante.



Na cea tomamos un viño que descubrín hai algún tempo , dunha bodega que agora ten moita fama. Trátase do Rívola das Bodegas Abadía Retuerta , que son viños da Tierra de Castilla y León. Digamos que este é o viño mías asequible desa bodega pero tan coidado como os seus irmáns grandes que tanta fama lle están a outorgar. É unha mistura dominante de tempranillo con cabernet, potente pero non moito é unh bo viño para carnes e caza. 7€ no Super. , 12 aprox restaurante.



Por último rematamos cunha DO que está collendo forza ,Monsant, é o seu representante máis coñecido e o Venus La Universal Dido. Monsant está nunha zona do mesmo Priorat en Cataluña e toma o nome da montaña máis alta desa zona. Combina o Merlot, garnacha e cabernet. Os viños son similares aos do Priorat pero algo máis lixeiros e afroitados, outro viño para caza e aves. O seu prezo no Super (Corte ou Lavinia.com) 10 € e 16-17 no restaurante, non é moi común en Galicia por agora pero A Palloza ten unha bodega excepcional.

Que grande!: Calico Electrónico

O Cálico xa cumplíu 2 anos , é dende logo un dos éxitos de Internet en español e xa un clásico, a serie, feita en Flash , narra as aventuras dun superheroe un pouco ao estilo Torrente, que vive en Electronic City e consegue nunha peculiar tenda o armamento para derrotar aos malos.
Xa vai pola 3ª tempada de episodios, a páxina xa leva moitos premios e parece que é moi rentable para os seus autores.
Aquí vos poño un dos seus episodios máis memorables desque comezou, atención as tomas falsas do final.

Novamente ...e para comer Lugo!




E digo novamente porque xa puxen previamente unha entrada cun nome igual. Na pasada fin de semana fun cun grupo de amigos polas terras de Lugo (teño gran afición por elas polo que vedes) concretamente a unha casa rural das que falo moito : A Fervenza, pasámolo moi ben e o podedes seguir no video que teño colgado na páxina, mais nesta entrada falarei das grandes e memorables papatorias das que demos conta.

A primeira foi na mesma casa rural onde fan cociña tradicional, neste caso adapatada a tempada na que estamos: moita caza, setas , carnes o forno , caldo. Todo moi correcto no seu fermoso comedor coa fonte e o forno do pan, precisamente onde se asou o máis salientable da comida, pedido por Luis, unha paletilla de lechazo no seu perfecto punto. A comida estivo ben , algo lenta , pero foi unha boa toma de contacto. Teño outra crítica deste restaurante no mes de Outubro con Rafa.

Pola noite fumos a un dos mellores restaurantes de Galicia en relación calidade/prezo, xa teño falado del pero nunca está de máis recoñecer os esforzos da xente que da ben de comer, nun ambiente moi agradable e por un prezo axeitado. Trátase coma non de Casa Paco, do que tamén teño falado aquí máis veces. A pesares de ser moitos, con nenos incluídos , a cea foi moi boa e barata. Por exemplo eu comín : os entrantes, empanada de zamburiñas e pastel de cabracho, e media perdiz estofada ,moi ben preparada, piquei de postre doutros, bo viño, unha copiña e todo por 25 €. O menú do resto foi similar e polo que dixeron Manuel e Luis o codillo estaba espectacular. Casa Paco é sempre un acerto.

Finalmente o domingo fomos a un dos restaurantes máis coñecidos da zona de Lugo aínda que esta na saída para Oviedo. Trátase de A Palloza, coñecido tamén polos seus banquetes, a cantidade de coches que alí había era incrible pero no salón que nos comemos había unha gran tranquilidade e espazo e o servizo foi moi correcto e rápido. Comemos moi ben , eu non o coñecía en detalle e sorprendeume gratamente. Ningún dos que comemos (eramos 10) tivo queixa e saímos encantados , a conta non foi barata pero tampouco cara (32 € por cabeza). Por exemplo eu tomei de 2º unhas fabas de Lourenzá con lebre que estaban deliciosas e probamos unhas filloas recheas de perdiz que eran memorables. Outro acerto recomendable.

Ben como podedes ver penso que non habería queixa do xantado por parte dos asistentes. Houbo tempo de tomar algún viño por Lugo en lugares como o Verruga onde no escaparate de fora podíanse ver estes fabulosos percebes,a foto non lles fai toda a xustiza.


lunes, diciembre 17, 2007

As fotos e o comentario da fin de semana HOXE


Ao longo do día cando remate o traballo, irei poñendo algunhas das imaxes e a crónica da fin de semana.Paciencia rapaces se non Sam ponse bravo.

domingo, diciembre 16, 2007

Concurso de Fotografía del Magazine

O Magazine, revista que sae dominicalmente con periódicos como el Faro de Vigo , está facendo un concurso sobre a mellor fotografía realizada polos seus lectores no ano 2007.

Pódense enviar ata 3 , pero penso que rematou xa o prazo, eu collinno polos pelos. Eu envíei 3 e todas elas son moi distintas e cumplen o requisito de estar feitas no 2007.

Das 3 hai unha que sen dúbida me gusta máis e outra pode que teña máis posibilidades, queda unha que non creo que sexa boa pero é curiosa.

AGRADECERÍAVOS que as votarades pois se ten en conta par os premios finais que son moitos e moi bos.

SO TEDES QUE PINCHAR EN CADA UNHA DELAS E XA VOS LEVA Á PAXINA.

BARBERO DE DUBROVNIK

Vaca e hórreo


Libélula (Sí Lagarta sí)


viernes, diciembre 14, 2007

Radiohead: por fin un video do novo disco

Do novo disco "In Rainbows" aínda non existe ningún video digamos "típico" hai peculiares videos feitos durante as grabacións do album coma éste.
Xa falei do disco aquí, para min é unha mostra de que Radiohead son os mellores hoxe en día ,ademais de ser o grupo con máis capacidade de innovación e os que marcan o camiño para outros moitos. En cantoao seu peculiar sistema de venda "a vontade" parece que foi un éxito xa que a media de pagos por descarga foi de so 4 euros, pero as descargas foron varios millóns , e contando que as ganancias ían directamente ao grupo sen intermediarios...
Este é un dos mellores temas do disco, ten moito ritmo e grabación soa moi fresca. Como curiosidade sinalar que está grabado con cámaras nos cascos dos membros do grupo. No YouTube xa teñen varias rarezas deste tìpo.


jueves, diciembre 13, 2007

Para alucinar con Rajoy

"Es increible que el presidente del Gobierno, que es de León, tenga más sensibilidad hacia el gallego que el líder de la opisición, que es de Galicia", dijo el Presidente Zapatero tras la intevención de Rajoy.


Zapatero demuestra en el Congreso más sensibilidad hacia el gallego que Rajoy
El líder de la oposición criticó al presidente del Gobierno por preocuparse más de cuidar el vínculo lingüístico y cultural de Galicia con Portugal en lugar de defender el castellano en la educación gallega.
Jueves, 13 de diciembre de 2007
-->
XORNAL I Madrid.- El líder de la oposición, Mariano Rajoy, criticó en el congreso que Zapatero esté más preocupado de que los gallegos puedan ver la televisión portugues que de la defensa del castellano en la educación gallega.
Zapatero se comprometió con el diputado del BNG Francisco Rodríguez a estudiar la posibilidad de que, a través de la Televisión Digital, los gallegos puedan ver las cadenas portuguesas, como fórmula para potenciar el vínculo cultural y lingüístico entre Galicia y Portugal.
A Rajoy no es que la iniciativa le parezca ni bien ni mal, pero la utilizó para criticar la pérdida de peso del castellano que, en su opinión, se está produciendo en el sistema educativo gallego.
La respuesta de Zapatero no se hizo esperar: "Es increible que el presidente del Gobierno, que es de León, tenga más sensibilidad hacia el gallego que el líder de la opisición, que es de Galicia", dijo.

Paparevivir no YouTube

Onte revisando os videos que levo postos no YouTube revisei as estadísticas e delas pódense sacar algunhas conclusións.
Ata hoxe levo postos un total de 56 videos , o que fai máis ou menos un por semana, e o ranking dos 10 máis vistos son:

1- SVB (Soporte Vital Básico): 3742 visualizaciones, normal xa que é un video que ve máis xente que de Paparevivir.
2- Quen Puidera Namourala: 1787 , o video da canción de Luis Emilio.
3- Viva Sudáfrica!: 674, xa caen os visitantes
4- Laza 2007: 586, temos moitos amigos alá
5- San Xoan 2007 A Cacharela: 582, moitos lalinenses
6- Voda Chones, Cerimonia : 455
7- Despedida Chones e Ana: 367, vese que Chones e Ana teñen moitos amigos
8- Sabucedo 2005: A Rapa: 366
9- Candidatura PSdeG Lalín: 362, ten o seu mérito pois as visualizacións foron nun mes
10-Voda Chones, Festa: 356 , máis Chones, casi suma 1200 entre os 3 vídeos

Destes datos extraese lóxicamente que a xente lle gusta ver videos nos que sae moita xente . Os 3 máis vistos seguramente superaron o ámbito propio de Paparevivir.
As receitas son menos vistas pero son un elemento diferencial deste blog e continuarán dende logo pois teñen adeptos fieis as 3 máis vistas son:

1- Magret: 145 visitas
2- Rape con verduritas: 141 visitas
3- Salmón Marinado: 110 visitas

Para localizar os videos en You Tube so tedes que poñer paparevivir no seu buscador e xa saen.

Fin de semana polas Terras do Miño

Nesta vindeira fin de semana partiremos cara á Fervenza no Concello de O Corgo pertiño de Lugo un grupiño de amigos para desfrutar da natureza , dos nenos e da gastronomía.
Póñovos un aperitivo dun video desa zona , e de redifusión pero documenta.

Un novo enlace


Ten razón Carlos é de xustiza que lle poña un enlace nesta páxina ao blog de Sandra , Un paseo por las nubes. Éste blog do que xa ten falado Rafa en A Teima é moi persoal pero nel sempre atopas detalles moi interesantes sobre fotografía, música e moda aínda que non sigo tanto este apartado.

Así que dende hoxe xa tes un link Sandra, creo que ben se merecía e si non o puxen antes foi por pereza, as miñas desculpas.


Aquí a tedes coa miña compañeira Adriana.

Viajes Sierra


Xa teño falado aquí da axencia de viaxes do meu amigo Marcos, agora xa ten unha flamante páxina web e dende logo Paparevivir vaille poñer un enlace en condicións.



martes, diciembre 11, 2007

Un Magret de Pato con salsa de lambrusco e mostaza e mazás dos monxes



Xa puxen no blog cómo facer un magret de pato alá por novembro do pasado ano, esta é unha variación da mesma receita con outros ingredientes e outra presentación pero non difire moito daquela.

Había que aproveitar que algún magret do meu conxelador leva casi un ano morto de risa, que sobroume un pouco de lambrusco de hai uns días e que tiña que ir gastando a confitura de mazás que lle mercaramos Carlos i eu aos monxes de Sobrado.

Lémbrade que o magret polo interior debe quedar rosado non roxo e por fora ben feito.

Para facer a salsa de lambrusco e mostaza, todo un descubrimento: 1 vaso de lambrusco e unha culler de mostaza Louit Diafana (a marrón de sempre) nun cazo a lume vivo, remexendo de vez en cando para que ligue, debe quedar case como caramelo.

A confitura de mazás chega con metela no Micro 1 min a máxima potencia


No Restaurante Olsen con Inés e Montoto





Nas recentes visitas a Madrid teño ido a varios restaurante asiáticos ou de fusión, desta vez decanteima por un cambio radical e fun ao nórdico Restaurante Olsen acompañado de Inés e Montoto que tamén estaban polo foro de ponte.

O restaurante está na Calle del Prado ,pertiño do Congreso e ao lado do impresionante edificio da Igrexa da Ciencioloxía. Está decorado ,como non podía ser doutro xeito, ao estilo nórdico (ata nos pratos, cubertos e vasos) de austeridade , funcionalidade e limpeza, dende logo agradable.

Fumos a hora de comer e a carta de mediodía destacaba pola lixeireza dos pratos e elementos nórdicos típicos como ahumados, salsas con eneldo, carnes en carpaccio, uso de xeados e cítricos, etc. Na carta de mediodía para festivos tamén propoñen un brunch e pola semana teñen menús a 15 €. Polas noites parece que o menú xa se volve máis contundente.

Foi unha boa comida sinxela e lixeira, axeitada para continuar vendo cousas por Madrid, se non no renunciariamos aos vodkas que proñen para cada prato.

Un lugar moi agradable, non caro para Madrid e que ademais ten un baixo con un bar especializado ¿cómo non? en vodkas.
Por certo quen espere ser atendido por espectaculares , altísimas e loiras belezas suecas (femininas ou masculinas) que non se faga ilusións. De todos os xeitos Montoto pensou que para complementar a austera decoración que alí o axeitado era un gran retrato de Alfredo Landa .

Novamente o Prado imposible: ao Reina Sofía





Tratei varios días de ir á gran pinacoteca española pero as colas facíanme desistir, polo que decidín seguir baixando ata Atocha ata chegar ao CARS que como sabedes ademais da Colección Pemanente que contén entre outras xoias "El Guernica" ten exposicións temporais que serven para que os que non estamos ao día de arte nos fagamos unha idea por onde se camiña. É un dos museos que máis teño visitado e alí descubrín a xente como Giaccometti, Bacon , Lucien Freud, Barceló , etc.

Nesta ocasión gustoume especialmente a exposición de fotografía Jano, La Doble Cara de la Fotografía, que con fondos da Colección Permanente do propio museo trata de facer un percorrido evolutivo pola técnica fotográfica nos últimos 20 anos.

Hai fotos verdadeiramente espectaculares e son todas de gran formato con retroiluminación polo que están impresionantes.

Aquí tedes algunha como a recreación dé A Última Cea en versión arxentina criolla de Marcos López, a serie de praias cheas de xente de Massimo Vitali ou a reconstrucción con superposición de aquitectura imaxinada propia das favelas de Sao Paulo da man do fotografo-arquitecto Dionisio González.

Tamén houbo tempo para o descando e aproveitei para tomar unha Coca-Cola e ler o periódico

no futurista bar restaurante ideado por Jean Nouvel para a ampliación do museo e que rexenta o equipo de S. Arola.


Outra vex no Thyssen




Ante a imposibilidade de entrar no Prado volvín outra vez a este gran museo,da outra vez visitei a expo de Durero nesta ocasión din unha volta pola colección permanente , incluída a de Carmen Thyssen , máis coñecida por Tita Cervera ou nai de Borja e a nora hortera. Carallo como casou esta muller...

Realmente as coleccións son impresionantes e hoxe en día este museo é outro dos polos de atracción a Madrid, hai contadísimas cidades no mundo, por non dicir ningunha que teñan tanto bo arte pictórico tan concentrado en poucos metros de distancia como El Prado e o Thyssen.

Gustoume prácticamente todo e sorprendeume porque non sabía que un dos meus artistas favoritos tivera cadros en museos españois , o aleman Caspar David Friedrich , naturalista romántico aleman, do que son os cadros que aquí poño (non son os do Thyssen).

Como anécdota comentar que atopeime na porta para entrar na Expo con Manolo Vilariño e dona que por alí andaban tamén de ponte.

Nova Visita a Madrid



Aproveitando a invitación que me facía o Grupo de Academias Adams (Cefiasa en Galicia) cos que colaboro en asuntos docentes fun de novo a Madrid a pasar a ponte da Constitución.
O Grupo ADAMS festexaba o seu 50 aniversario e celebrouno por todo o alto durante 3 intensos días cunha gran programación e xenerosidade. Fumos invitados ao viaxe,un bo hotel, entradas para os museos, a ver ao Circo del Sol ou o musical "Hoy no me puedo levantar" e rematou todo o sábado cunha gran celebración no Círculo das Artes de Madrid con un coidado acto,cea e baile de gala e o sorteo das rifas que serven de donativo para unha ONG (Bibir) en Burkina que cos fondos recaudados está facendo escolas nese país.


A verdade e que todo moi ben coidado e organizado por Adams, magoa que na rifa non me tocara nada xa que había viaxes a Exipto, Praga, Roma, París, Venecia, TV de Plasma, etc,etc.


Como podedes ver Madrid xa estaba de Nadal e a reventar.


lunes, diciembre 10, 2007

Novos videos da Rapa 2007

Pedro Pablo está a subir videos da Rapa 2007 dende a subida ao monte ata a Festa en Sabucedo. Son videos bastante bos que describen ben o que é A Festa e podedes ver a moita xente coñecida. Tamén ten un grupo de videos de You Tube adicados únicamente á Rapa de Sabucedo

Moitas gracias a Pedro Pablo

martes, diciembre 04, 2007

Gran xogo de xeografía


Gracias ao amigo Blag Daros atopei este entretidísimo xogo de xeografía.
Trátase de sinalar co punteiro no mapa a cidade ou lugar famoso que te din, canto máis rápido e aproximado sinalemos máis puntos e pasamos a unha nova fase.
Logo pódese participar tamén con lugares famosos de Europa, Patrimonio da Unesco, etc. Tamén se pode xogar con fotos de lugares ou bandeiras de países. Un trivial divertido.
Para o mundo en xeral ten 12 niveis, ¿ata cal chegaredes?

Enquisa da comida no Nadal

Hai unha nova enquisa no blog ¿qué preferides de cea no Nadal?.

A Voda

Para o ano que ven asistirei a moitas vodas de amigos , espero que nunca lles pase isto.

Os chipiróns prometidos

Antes de que chegue a longa ponte había que deixar colgado este prato tan Mediterráneo para os que queiran desfrutalo.
É unha receita algo máis complexa que as habituais, xa que ten varios procesos, pero non por eso é difícil de facer. De vez en cando hai que avanzar un chisco.
Para os que vos resulte forte o azafrán podedes sustituílo por unha folla de loureiro e media culler pequena de pimentón doce.







INICIO CON ESTA RECEITA UN SERVIZO DE PROBA: DESCARGA PINCHANDO AQUÍ O VIDEO DA RECEITA PARA O TEU MOBIL. (1,98 Mb) PINCHA LOGO NO BOTÓN AMARELO DE DESCARGA.

Guillermo

O noso amigo o pintor Aymerich está sendo o acaparador dos blogs nesta semana tras a súa arrolladora visita a súa vila, como estou vendo algunha entrada dende Valencia neste blog, supoño que buscando material gráfico , vouvos mostrar que é certo o de acaparador.

Unha aperta para o moreno melenudo chinés máis tolo que coñezo.


Hoxe é día de loito en Lalín


Moito agarimo para Bermés.


domingo, diciembre 02, 2007

Freixenet e Scorsese

¡Que gran anuncio de Freixenet! contando co gran Scorsese, lembrando a Hitchock e supoño que gastando moita moita pasta, Freixenet fai dun anuncio unha pequena gran película que conta unha historia.
Gustoume moito e supoño que a veredes na tele, ben vale a pene.
Non me gusta moito o cava desa marca pero este ano beberei algunha copa pois o merecen polo esforzo e o gusto mostrado.


Unha Pintada no Nós



O pasado xoves fumos cear (Rafa, Carlos Luís P. ,eu) ao especial e bon Restaurante Nós de Silleda, todo o comido estaba bo , dende os entrantes (capaccios de bacalao e de boi) ata o excepcional postre de chocolate.

Pero o que lembrarei desa cea é que foi a primeira vez que probaba a "pintada" que é unha ave orixinaria de África parecida ao faisán, a súa carne é parecida a do polo e estaba cociñada cun pouco de touciño, estaba boa pero non como unha das nosas perdices.

O Restaurante Nós sorprende cada vez que se visita e cada vez vai adquirindo maior categoría. Teño ganas de probar un dos pratos estrela que se pide por encarga , capón con bogavante, que comeron algúns amigos hai uns meses.

Outro oso morto na montaña palentina



Vexo esta triste nova en El País, novemente un oso pardo aperece morto nesta zona e hai 3 meses deron cos restos descompostos dun que fora envenenado.

A poboación de osos en España centrase principalemte e 2 zonas da Cordillera Cantábrica (nos Pirineos trátase dunha poboación testimonial e reintroducida). En total estímase que hai 100-120 na zona occidental da Cordillera (principalmente Somiedo, Narcea, Vales mineiros do Norte de León e Ancares) e aproximadamente 25 na montaña palentina (Parque Natural Fuentes Carrionas).

O oso , como sabedes moi querido dende Paparevivir, é un dos símbolos das montañas do Norte da Península e unha especie a defender a ultranza poi a saúde da súa especie é un pouco a saúde deses bosques e montañas.

A poboación na zona Occidental crece ano tras ano chegando a ocupar grandes áreas e mesmo hai osos que nas súas rutas en busca de alimento chegan ata o Courel (foi fotografiado un en Vilarmel- Paradaseca- Quiroga, mentres comía mel nunha cortiza), pero a Oriental descende e varios osos foron cazados por furtivos e outros envenenados. A caza non moi controlada nas zonas nas que vive na montaña de Palencia está sendo un dos elementos máis desestabilizantes.

Comentába hai pouco tempo un primo de María que traballa no Seprona nesa zona que os furtivos abundan e teñen que estar moi atentos porque sempre están o acecho convertíndose na principal labor deste axentes nesa zona.

A verdade é que haivos moitos fillos de puta que desfrutan matando estes fermosos animais que están en risco de desaparecer, hai pouco un foi pillado colocando lazos na zona de Narcea e está condenado a 2 anos sen cazar e 1400€ de multa , penso que as sentencias deberían ser un pouquiño máis duras.

A Fundación Oso Pardo leva dende hai anos unha labor de conservación esencial na recuperación das poboacións e ten actividade nas que se pode seguir o rastro dos osos en rutas con persoal da FOP en Somiedo (El País de los Osos).

A presencia do Oso Pardo na Cordillera Cantábrica é un orgullo para todos os que amamos esas montañas.

sábado, diciembre 01, 2007

Video de Amnistia Internacional

Acabo de ver este video dunha das ONGs máis indepedentes e fiables (o 100% dos seus ingresos ven de fontes privadas). A forza das libertades individuais pode ser escoitada.FIRMA
É un video triste pero moi fermoso.

La Buena Vida: ¿Qué nos va a pasar?

Seguimos por Euskadi, para que vexades algo do moitísimo dese país que paga a pena (verdade Guli) aquí vos poño unha das súas caras máis amables , son os donostiarras de La Buena Vida coa suave voz de Aranzazu a súa cantante nunha das súas cancións máis coñecidas.



DE PROPINA: ESTO É "LA MITAD DE NUESTRAS VIDAS", O VIDEO E COJONUDO:

Indignación e esperanza

Hoxe os asasiños voltaron coller as pistolas e falaron na linguaxe da barbarie, eses fascistas que se chaman a sí mesmos "liberadores de Euskal Herría" non son mais que o lixo máis deleznable da sociedade vasca e demostran cos seus actos a pouca capacidade de reflexión que teñen, algo propio do ser humano que eles non posúen.
Cos seus asasinatos non están máis que a facer dano ao seu propio país ,pois a batalla co Estado a teñen perdida (e xa non digo coa gran parte da sociedade vasca) , estea o PSOE ou o PP, aínda que anden "a gresca"entre eles, a sociedade ten moi claro quen é o inimigo e poderán causar danos graves cos seus actos cobardes pero non son quen de dobregar á xente que so utiliza as ideas e a palabra para reinvindicar as ideoloxías.
Parece que polo menos esta vez a resposta dos partidos é unificada e hai que destacar a posición que está a tomar o PP agora, todos agardamos que continue e que os outros partidos a teñan en conta. Será pola proximidade das eleccións ou o que sexa pero a posición de unidade é clara e hai que recoñecela (espero que nos vindeiros días non me teña que disdicir deste párrafo). O que me provoca moita tristeza é a reacción dos bispos da Igrexa católica (sí desa Igrexa responsable de tantos crímenes ao longo da historia: Inquisición, tonteo co nazismo, franquismo, etc ¿lembrades?) pois son os únicos que fixeron política deste triste atentado, haberá que lembrarlle a esa mesma Igrexa que bispos vascos teñen sido moi permisivos coa banda terrorista.
Por outro lado destacar a valentía dos axentes da Seguridade do Estado, xa que estes dous rapaces tan novos tiroteados (un xa tristemente morto e outro parece que letalmente ferido) forman parte do entramado esencial da loita antiterrorista, son os axentes que se poden camuflar nos mesmos ambientes que os etarras, e moitos deles mesmo están infiltrados xogándose a vida en cada segundo. Hoxe todos debemos agradecerlle os seus esforzos .
Parece que antes dos disparos mesmo os axentes falaron cos seus asesiños e se recoñeceron todos entre eles, supoño que non saberemos exactamente o que pasou, quén seguía a quén i esas cousas.
Ben, son momentos de indignación pero as primeiras respostas políticas parecen as axeitadas, dende logo ese é un bo camiño
Tamén mandar un saúdo de ánimo a toda a xente de ben que hai en Euskadi que son unha grandísima maioría , xa que é o pobo vasco o que máis sofre con estas desgracias, ningunha persoa de ben quere que alguén mate no seu nome.
Aínda que todavía non colgou nada no seu blog lúdico, penso que un enlace obrigado onde atoparemos serenidade é o blog do compañeiro , deputado por Biskaia e vítima de ETA Eduardo Madina, o seu aplomo , dignidade e firmeza sempre serena a quen le as súas opinións.