jueves, noviembre 29, 2007

Próximamente: Chipiróns recheos de caviar de berenxenas en infusión de azafrán


En breve teredes unha receita moi mediterránea , tiña que facer algo con peixe ou familia, xa que estaba a tirar moito da carne

Puntualizar sobre o idioma


Como recentemente non se me entendeu ben algo que comentei en A Teima ou non souben explicarme claramente vou rescatar unhas liñas que escribín sobre o galego nunha Entrada do 25 de Xullo, evidentemente reafírmome:


"...A realidade da lingua de Galicia, o galego, é ,sen dúbida, preocupante. Os galego falantes son cada día menos, un neno falando galego nunha das nosas cidades semella hoxe unha “rara avis” digna de atención . Eu pertenzo a unha xeración que non escoitou o galego nas aulas ata os 11 anos e por riba esa asignatura foime explicada en castelán, polo que é ben doado explicar a miña (e da miña xeración) predominancia do castelán.


Recentemente dicía Díaz Pardo que o galego corre o risco de se converter nunha lingua cerimonial. Seguramente non lle falta razón, pero temos medios para detelo i eses instrumentos están sobretodo no ensino dos nosos rapaces. A pesares da gravidade da situación, actualmente existen entre os galegos moitos detractores do noso idioma , que tendo durante vinte anos o deber e a oportunidade lexislativa son quen de oporse hoxe a igualdade entrambas linguas. Xa non basta coas agresións doutros idiomas globalizantes , chegamos nos como inimigos propios. Si se perde a lingua perderase gran parte da nosa cultura, dos nosos vínculos como tribu, en definitiva podería chegar a perderse a nación que por agora somos..."

Atopa ó fulano no café




Nesta foto hai un tipo escondido, seica se o atopas antes dun minuto tes o cerebro visualmente ven desenvolvido. Se tardas algo máis tes que practicar...

miércoles, noviembre 28, 2007

Estilo Roy Lichtenstein


Pincha para ampliar

A medida que un vai aprendendo a usar o Photoshop conseguense efectos moi sorprendentes. Neste caso seguindo un tutorial e con bastante vontade conseguín imitar un pouquiño ao afamado artista Pop Roy Lichtenstein.


Creo que o resultado non é malo

Tempo de caza


Lebre ao Chocolate de Casa Sánchez


É o tempo de desfrutar dos manxares da caza. A verdade é que a caza como deporte non me acaba de gustar moito pero dende logo que comela é habitualmente un placer (se está ben cociñada). En Galicia sempre houbo moita tradición de caza e o Deza é unha das zonas con máis cazadores.


Aquí pola zona de Lalín o típico sempre foron as perdices , os coellos ,lebre e tamén as arceas que eran ben cociñados por moitos restaurantes caseiros de toda a vida, por exemplo eran famosas hai anos as perdices da Maragota, coa receita clásica con ceboliñas e vinagre, que facía igualiñas Luz Divina (unha señora do Campo da Feira que traballou moitos anos cos meus avós) e seica tamén a nai de Pallarés.


Hoxe en día destacaría as perdices que fan no Asturiano (hai a quen non lle gusta que lle boten castañas) e os coellos dos Arcos. Xa en Rodeiro en Casa Sánchez teño que lembrar que a semana pasada fumos probar de todo un pouco: coello, lebre e xabarín e sorprendeunos a Lebre ao chocolate moi ben preprada. Comentoume meu pai que no Cruce en Vilatuxe comeu unha excepcional hai poucos días, pero as mellores lebres que lembro son as preparadas por miña nai ou a Lebre con fabas do Restaurante A Peseta de Astorga.


No Deza non había moita tradición de caza maior pero a crecente presenza de xabaríns e agora corzos fan que cada vez máis xente se deleite con estas carnes máis fortes e que requiren coidado na súa preparación.


Dentro desa caza maior destacaba O Remansiño de Quiroga os pés do Courel, que foi o primeiro lugar onde comín venado, continua aberto pero xa non ten o esplendor de hai anos. Recentemente destacaría Casa Veva de Foilebar (xa a coñecedes) e hoxe en día haivos bastantes restaurantes en Galicia que ofertan caza pero é moi difícil dar cunha perdiz galega de verdade que non sexa de solta.


A miñas preferencias van por unhas boas perdices (míticas no Verruga de Lugo) ou o lombo dos cervos (preferiblemente femias) que é unha carne casi sen graxa e que a min particularmente me gusta cociñar (terei que facer algo para Paparevivir) e non é complicada de conseguir por exemplo no Corte Inglés, hai dous anos mercara un lombo nunha carnicería de Cangas de Onís que estaba delicioso. En Asturias ou León haivos máis tradición de caza maior. tamén se queredes caza hai moi bos postos na Praza de Abastos de Ourense que teñen sempre caza en tempada (ata pelan as perdices e esfolan os coellos)


Ben agora mesmo se me veñen a memoria nomes de lugares para comer caza como: perdices en Corinto de Pontevedra, a famosa ensalada de perdiz escabechada do Pasaxe de Santiago, varios restaurantes da zona de Somiedo, etc, etc.



Xabarín de Casa Sánchez

jueves, noviembre 22, 2007

Durero e ...




Unha das poucas actividades culturais que puiden facer en Madrid debido ao pouco tempo libre que tiven foi unha visita o Museo Thyssen, concretamente a exposición de Durero e Cranach, que son os máximos exponentes do Arte Renacentista en Alemania.


Puiden admirar , pois está xa na sala do principio do percorrido, o famoso autorretrato de Durero que xa puiden ver en outras ocasións, pero o que mais me foi sorprendendo foron os grabados e os diversos estudos sobre animais tanto autóctonos como exóticos, o nivel de detalle é impresionante . Cranach El Viejo, tamén me gustou pero algo menos, ten tamén moi bos retratos e alegoría relixiosas que ben valen unha ollada. A exposición ten moitos detalles para enmarcar pero para min foi unha mágoa chegar algo tarde ao Museo polo que xa non puiden apuntarme a ningunha visita guiada e as audioguías xa estaban todas collidas, como volvo na Ponte de Decembro tras visitar o novo Prado se teño folgos cruzarei ata o Thyssen novamente.


Se ides por Madrid non perdades esta oportunidade.


...Os Rinos




A visita a Durero no Thyssen serviume tamén para incrementar ir facendo colecciónde imaxes e figuras de rinocerontes, ese fermoso animal africano que para moitas culturas ten algo entre erótico e mitolóxico, xa que como sabedes hai perigo de extinción desta especie pois hai moitos pobos que pensan que o seu corno ten poderes afrodisiacos, algo similar o que pasa co tigre en Asia

Co tranquiliños que se lles ve comendo herba como segadoras nas pradeiras de Sudáfrica, coitadiños.

Ahí os tedes: foto sobre lienzo, figura artesán de madeira e grabado de Durero.

Multiplicarse

A Coruña, o Orzán 6 da tarde nun estranamente cálido día de Outubro, Pavla pasa as últimas horas cos seus pais antes de que eles volten para Varsovia, está feliz pola bonita cidade que elexiu para o seu Erasmus de Arquitectura , é nova , vinte anos e con ganas de descubrir novas experiencias naquel lugar que a ela lle dixeron que era España pero que tan pouco se parece á España que sae na TV polaca. Os seus pais tamén estan contentos porque ven que a súa filla gústalle esa cidade máis xa comezan a notar a tristura de voltar deixándoa alí, facéndose máis grande.

Sabiñanigo , Pirineo Aragonés, xa vai fresco nesta época do ano e Javier da o pequeno paseo da tarde, esa voltiña que cada vez é máis pequena porque os folgos e o alento comezan a liscar do seu corpo. Sabe que a súa vida cada vez é máis corta, sábeo case desque naceu pero o seu humor e a súa familia sempre o acompañaron, so ten unha esperanza.

Madrid, Barrio del Pilar, Carmen realmente é de Cuenca pero xa hai máis de seis meses que se trasladou á capital. Quere estar cerca por si algún día lle toca, non quere perder un minuto. Xa hai tempo que non sae da casa porque levar as botellas con ela suponlle un peso excesivo e depender doutra persoa. Xa non é unha nena pero ten as mesmas ilusións que antes , espera un neto , quere velo.

18:16 min:

Central de Coordinación para AM 850

AM 850: Adíante Central

Central: Emerxencia fronte a Domus, ¿tempo estimado?

AM 850: 9 minutos, pásolle con Mike 10 (médico)

Central: Muller nova atropelada, inconsciente, segundo algúns testigos aínda respira

Mike 10: Recibido , saímos cara ao punto.

Javier está ollando polas fiestras da súa casa e desfruta vendo como o sol cae fermoso entre as montañas, parécelle que hoxe ten unha luz especial, é un sol morno de outono, pero ten algo que nunca lle aparecera.

Carmen está ollando a tele , esta vendo un programa da tarde no que todo son desgracias, un desacougo profundo apodérase dela cando soña esperta que algunha desas mulleres mortas podenlle valer ben a ela.

18:25

AM 850: Chegada ao punto, Central

Delta 10 (DUE): non responde e paréceme que non respira, traede collarín , Ambú e O2. Non ten pulso

Mike 10: Conectade o monitor e canalizalle unha vía, preparádeme para intubar.

TTS: ¿Empezo masaxe?

Mike 10: sí e non pares

Delta 10: Asistolia, teño a vía, poño Adrena e Atropa.

Mike 10: pasádeme o tubo, sangre ... aspirade...agora xa. Mírame ahí se esta ben.

Delta 10: correcto, fixádeo ben.

Mike 10: Sacade a toda esa xente de ahí, dille a Local que os aparte

TTS: Seica están os país aquí, mala sorte

Delta 10: ten un bo golpe na cabeza e as pupilas xa están algo midriáticas

Mike 10: Sí debe ter "un coco" importante, ¿cantas Adrenas levas?

Delta 10: 4, é nova non colle pulso pero seguimos ¿non?

Mike 10: Seguide ventilando e masaxe , vou falar coa familia

TTS: non son de aquí, non falan castelán e o inglés moi mal

Mike 10: Aínda por riba, outra Adrena e decidimos, segue en Asistolia

Delta 10: Sería unha boa doante a corazón parado...

Mike 10: Tes razón pero a familia non entende, ben que o falen no Hospital, preparade todo que a levamos ao Canalejo, avisade a Central que temos un Código 0 e dille a Local que leve a familia ao Hospital.

TTS: vale , xa traigo a camilla.

18: 45: a UVI Móvil zoa polas rúas da Coruña, dentro a reanimación segue, xa non se conta moito coa súa vida, salvo algún fío de sorte a vida de Pavla convértese nun corazón, pulmóns, rils... que hai que salvar...para repartir máis vida.

18: 54: No Hospital o persoal da UVI contacta cos membros da Oficina de Transplantes, os negociadores das familias, agora xa todo está nas súas mans, sa súas formas , o seu ton de voz, o cariño e a comprensión que amosen,a explicación clara do que sucede , o trance de informar dunha morte e ó tempo pedir anacos do corpo falecido: non hai Mihura máis grande

Pavla xa ten a cor da cera e os seus grandes ollos pechados deixan a súa cara sen ningunha expresión mentres o "machaca" mecánico lle da compresións no tórax e o respirador lle proporciona Osíxeno, as DUEs poñenlle a medicación necesaria e fan as analises para ver da súa aptitude como doadora de órganos, parece que esta vale, un de cada cinco nestes casos.

Os da OCT xa están coa familia , falan inglés pero saben que neste momento a linguaxe non verbal é case tan importante , a dor na cara do pai e o chorar desconsolado da nai rompelles por dentro pero non deben apartarse do seu obxectivo: salvar outras vidas. Todo faise rápido pero non o parece. Depéndese dun SÍ. Os quirófanos xa están agardando, as análises deron o OK. O pai descomponse pero a nai érguese con forza e como nun xesto heroico pide ver a súa filla porque non quere que a súa vida nova se perda sen máis, pide vela enteira por última vez.

Xa está no Quirófano, agora será Madrid quen decida



19: 30: ¿Carmen del Riego?

-Sí soy yo

-Somos de la ONT, en 2 horas en el Gregorio Marañón

- Entendido

Carmen rompe a chorar, hai un corazón, alguén morreu para ela, colle a bolsa xa feita dende hai meses avisa á filla e chama un taxi. Agora ten un medo que nunca na vida sentira.



19:31: ¿Javier Rodríguez?

- Ahora se pone, espere un poco

- Hola soy Javier , dígame

- Le llamo de la OCT, en 2 horas en el Miguel Servet, Vd necesita una ambulancia, ya va de camino

- Vale ya salimos.

Javier avisa a súa nai, por fin chega o omento, 7 anos esperando: Mamá coge la ropa del Hospital que viene la Ambulancia. A súa cara é dunha alegría total pero detense a pensar e volve a mirar polas fiestras, o fío de luz morna aínda segue alí , dende logo que é especial:anunciolle dou pulmóns novos.





Este relato está baseado libremente nunha historia real, a doazón a corazón parado é unha técnica utilizada habitualmente para ter máis donantes. O ano pasado aumentou en España o número de doazóns, en parte gracias aos inmigrantes, xa hai españois con corazóns doutras razas, unha proba evidente de igualdade.

Dende hai moitos anos España e o seu sistema público é líder mundial en transplantes, a ONT (Organización Nacional de Transplantes) é un exemplo difícil de copiar para os países máis avanzados do mundo.O seu cerebro e fundador , Rafael Matesanz , un dos españois máis prestixiosos alén das nosas fronteiras. A ONT baixou a súa eficiencia cando foi cesado polo goberno de Aznar da man dun nefasto galego chamado Romay Beccaría, dende hai 3 anos Matesanz volve a mandar e a ONT é un orgullo para calquera sanitario de España.



HOXE: La Organización Nacional de Transplantes espera cerrar el año con 'otro máximo histórico' de donaciones



Matesanz explicó que en los primeros seis meses de este año, el número de donaciones se había incrementado en un 6% con respecto al año pasado, en el que se llegó a la cifra de 34,6 donaciones por millón.Estos datos son bastante alentadores para el coordinador nacional, quien destacó que la media europea se sitúa en 17 donaciones por millón, mientras que en países como Inglaterra, Alemania o Suecia, la cifra disminuye a 13.

En el caso de España, Matesanz valoró la predisposición a donar sus órganos de la población de la cornisa cantábrica

Asimismo, destacó que "una donación en una persona joven supone ganar a la muerte 56 años" mientras que en el caso de alguien de mediana edad, la esperanza de vida que ofrece un órgano transplantado, es de 25 años. "De ahí la importancia de que se evite cualquier negativa familiar o judicial", apostilló a este respeto.



Xustiza para Madrid



Dende que Dani no seu blog sacara unhas fotos de Madrid que ben poderían ser de Cerceda ou Puertollano, estaba na obriga de facerlle un pouco de xustiza. Non son moi boas, como as que podería facer Sandra, pero ben valen en comparación coas outras. Non tiven moita oportunidade de sacar a cámar polo día polo que son fotos nocturnas.

martes, noviembre 20, 2007

Sushi e familia



O venres ceamos nun xaponés que reservou Reyes a quen lle encanta , está cerca dun lugar aborrecible (o Bernabeu) e chámase Summa. O local estaba moi ben e a comida cumpría para quen lle guste a cociña xaponesa. O sushi era moi bo e collín algunhas ideas para mellorar o que fago eu.

Despois fumos tomar algunhas copas tras quedar Xosé coa miña nai e rematamos no mítico Moby Dick.

Teño que recoñecer que Álvaro é moi bo cos dardos...e que entre os dous atopamos uns pisos a venda en Madrid que son un chollazo pero mellor que non se entere ninguén.

Madrid: Cañas, Rastro y Tapas




Unha das grandes cousas de Madrid e pasear polas súas rúas e meterse no alboroto dos seu bares para facer algo que encanta aos madrileños e a quen os visita: ir de cañas.

O "summun" xa é o domingo pola mañán : ir ao Rastro, mercar algunha cousiña , tomar as cañas e comer unhas tapas nalgún dos moitísimos bares da zona, unha das máis animadas de sempre de Madrid.

Nunha das imaxes vedes a María e a súa amiga Lore, a quen por fin coñecín nese día e que xa mira Paparevivir, dando conta dunhas tapas. Nas outras o Rastro e uns magníficos ovos estrellados con ibérico nun bar da Rúa de la Cava Baja (non era Lucio)

Felicidades Avoa


A razón fundamental de ficar na Fin de semana en Madrid foi o cumpreanos nº 80 da miña avoa. Aparecimoslle todos por sorpresa na cas do meu tío Jorge e quedouse moi impresionada. Pasámolo moi ben en familia i ela penso que lembrara este día con moito cariño, foi unha pena que o anfitrión non chegara a tempo por estar nunha rodaxe en México pero envíoulle a miña avoa unha graciosísima e orixinal felicitación que espero que miña tía Anette envíe próximamente para vos ensinar

Dentro de 10 anos ímoslle montar outra igual pois está como a madeira de buxo que Tin lle regalou

Aprendizaxe


Dende logo o meu periplo da semana pasada tivo finalmente certo ocio pero tamén servíu para aprender moitas cousas novas e reforzar coñecementos.

O Curso sobre atención sanitaria e terrorismo foi moi interesante e quedeime impresionado pola organización e experiencia dos servizos de emerxencia israelíes (ideoloxías aparte) representados polo brilante Dr Kobi ou da nova política de emerxencias de Londres tras o atentado islamista. No caso do 11-M as leccións aprendidas foron moitas pero o SAMUR e o SUMMA 112 (Ayuntamiento vs Comunidad) seguen a tirarse os trastos a pesares de ter feito unha boa (sempre mellorable)atención coa lóxica sorpresa dos representantes extranxeiros: "Spain is different". Para lavar a imaxe foi excepcional a ponencia do Dr Turégano, cirurxán que tras organizar a atención cirúrxica de moitas das vitimas dase conta do que se pode mellorar tras unha experiencia deste tipo.

Pola contra no lado negativo sinalar que os franceses que foron líderes nesta materia estanse quedando un pouco atrás. Tamén moi interesante a ponencia dunha Dra. americana do CDC de Atlanta sobre a transferencia de coñecemento sanitario en emerxencias graves dende o eido militar ao civil.

Penso que foi un curso do que saquei moitas cousas aproveitables e no que se aportaron moitos temas para a reflexión dende a Organización ata a Ética na Atención en Sanitaria nos Atentados Terroristas. No plano negativo do curso sinalar a traducción simultánea nalgunhas ponencias sobretodo dende o francés.

O Novo "Skyline" de Madrid



Unha das cousas que comezan a chamar a atención en Madrid son as torres do Norte da Castellana que están a modificar o seu perfil. Están o ladiño da Escola Nacional de Sanidade e xa as vira o ano pasado por estas datas pero o avance ten sido importante.

Hai a quen non lle gostan os rañaceos a verdade é que a min aínda me seguen a impresionar.


Unha das fotos é das Torres KIO

BCN



Non tiven moito tempo de pasear por Barcelona xa que non parei moito alí e o curso era na Zona Franca do porto, ata non vin as miñas primas Itziar e María Luisa durmindo dúas noites na súa casa.

Do que sí tiven tempo foi de quedar con Pedro Pablo e coñecer a súa muller Susana, tomamos unha cervexiña acompañados de Miguel e prometinlles unha nova visita máis pausada.

Finalemte fun cear con Miguel e Rusco, que tamén anda por alí por un curso, a un restaurante do Barrio Gótico, na rúa Escudellers. Chámase La Fonda ,é moi recomendable pois a súa carta de base catalana e mediterránea tiña moita variedade , elaboración e xenerosidade por un prezo moi moi asequible (20€ con viño) nun restaurante elegante , amplo e moi acolledor polo que non é de estranar que houbera que facer unha pequena cola, nun martes!.

Un gran acerto de Miguel que foi levado previamente alí por Chispón

Os mellores anfitrións

Nos últimos días en Madrid fumos acollidos na casa de Alfonso e Arancha , e como sempre como saben moitos dos que ven este blog trataronnos moi ben a pesares de non estar eles na fin de semana, pois foron visitar a Lucas.

Pero antes de quedarme na súa casa puiden desfrutar dunhas tapas e un fenomenal "Mojito" con Alfonso no seu barrio de La Latina, mágoa que Arancha tivera que agardar por nos na casa pois tiña un trancazo importante, contaxiado por Calexa, do que espero que estea xa recuperada.

Moitas gracias aos dous e un bico moi grande meu e de María.

BENVIDO LUCAS

Como estiven fora non puiden ata hoxe felicitar a Manuel e Mónica polo nacemento dun novo superheroe: o gran Lucas Spiderman.
Aínda non teño fotos do rapaz pero contaronme que é idéntico ao seu irmán Nico, o que quere dicir que é idéntico a Manuel.
Seica foi un parto moi bo e todo foi fenomenal, agora terei que pasar pronto por Coruña para facerlles unha visita a todos.
Felicidade amigos e un bico grande

lunes, noviembre 12, 2007

Semana de viaxes e traballo



Nesta semana que entra non sei como se irá actualizando o blog, o que si dende logo estou seguro e que na vindeira vou ter moito material.
Hoxe a tarde marcho cara a Barcelona a impartir un curo mañán e despois vou a Madrid a asistir a outro curso interesantísimo de "Atención sanitaria en atentados terroristas" con ponentes de Francia,España, Israel, Usa,Gran Bretaña, etc. Espero aprender moito para nunca poñelo en práctica.

A parte lúdica será que en BCN estarei cos meus primos e xa falei tamén con Miguel para ir tomar algo, ademais creo que tamén vai estar Rusco por alí. Chamarei a Iria a ver si quere tomar algo.

Despois en Madrid xa contactei con Calexa para facerlle unha visitiña xa que está de Rodríguez e tamén estarei con Reyes e Álvaro xa perto da fin de semana, na que teño o cumpreanos da miña ávoa de Madrid que fai 80 e alí estaremos para festexalo.

Como vedes unha semana completiña que promete pero tamén me vai deixar mallado.

"Borbón Show"

Parece que o rei estaba entonadillo o pasado sábado e deixou constancia das súas cualidades no Cono Sur. Non me parece mal que se lle mande calar de cando en vez a Chavez xa que solta moitas barbaridades por esa bocaza que ten e ademais e lóxico que se pida un respeito institucional por un ex- presidente dun estado democrático nun foro internacional, pero sendo divertido ver as imaxes do Juancar coa man alzada e sacando a cabeza non sei si sería moi afortunada a súa actitude.
Sei que se me vai acusar de defender o propio pero considero que a mellor das actitudes foi a do presidente Zapatero que sen perder a calma en ningún momento desmontou a Chavez dun xeito contundente.
Pero creo que o goberno debe reflexionar si é preciso que o rei acuda as sesións plenarias como un gobernante máis nesas conferencias ou que so teña un papel de representatividade.
Do que si estou seguro e que vai ser un TONO/POLITONO collonudo :"¿Por qué no te callas?"

Magosto en casa Loño



O pasado sábado cumplimos coa xa tradicional cea de magosto no bodegón que os Loño teñen fronte a súa casa en Donramiro. Xa dende hai varios anos xuntámonos por estas datas facendo un magosto interxeracional: alí estivemos Rafa, Sito, Ángel Graña,Loño pai, Miguel Nela, meu pai e un servidor.
O menú foi do máis tradicional e potente: de entrante lombo de porco embutido, seguimos cunha bomba:caldo de castañas e chourizos cocidos , estaba de morte pero non se debe repetir. Despois para "suavizar" chourizos asados con torresmos adobados feitos alí mesmo na chemninea. De postre castañas asadas e filloas con mel. Non fixen o reconto calórico pero debe ser unha auténtica barbaridade, pero a verdade é que a enchenta pagou a pena.
Moi destacable coma sempre foi o viño, xenerosidade de Miguel do Nela que sempre nos obsequia cuns viñazos nestas ocasións. O viño chámase Pinta i é do Douro portugués, unha delicia que fixo que en vez de copas seguiramos tomandoo.
Logo seguimos alí conversando amenamente coa presencia ocasional dun Friki da parroquia que encheuse de filloas.
Como sempre o magosto foi un éxito e que siga así sempre

jueves, noviembre 08, 2007

Peláez, Gordopilo e o Pai Palomino

Como estes días non teño moito tempo para actualizar o blog deixovos cun xenial video de Gomaespuma.

"Puedo quedarme para robar gomas señorita?"

miércoles, noviembre 07, 2007

Sushi de langostinos, caviar e xenxibre.

Pois imos facer sushi, máis concretamente Makizsushi que así se chama o sushi que se fai en rollos de alga nori. Hai moitos tipos de sushi pero este é o máis común e exportado a Occidente, tamén eiquí é coñecido o Nigiri que son como boliñas prensadas de arroz con peixe por riba pero sen alga nori.
O sushi normalmente relacionase co peixe pero pode encherse de moitas máis cousas, é común enchelo de tortilla, de polo, etc pero o máis común son os peixes como o atún fresco ou levemente marinado, o salmón e diferentes tipos de ovos de peixes. Hai moitas posibilidades i eu aconsello ir variando, o mesmo que no caso da Tempura que farei algún día. Dende logo o peixe debe estar ou cru, levemente marinado ou pouco feito: ollo co Anisakis.
Cando se fala de sushi é preciso as veces facer unha pequena descripción dos elementos necesarios para a preparación e onde mercalos.

Arroz de sushi: é un arroz pequeno e redondo que conten bastante almidón, hai que lavalo un pouco antes de facelo. Despois deixase enfriar co vinagre de sushi. Debe estar apelmazado pero o entrar na boca debe separarse o gran. Para mercalo: hoxe en día atópase en grandes superficies, o outro día pareceume velo no Eroski de Lalín, se non no super de El Corte Inglés non hai fallo. AVISO: Non vale calquera arroz

Vinagre de Sushi: é un vinagre de arroz de cor dourada e non moi ácido. Bótase cando o arroz está xa feito e remexese preferiblemente con utensilios de madeira. Podese botar no momento sal e sucre tamén. No super de El Corte Inglés ou no Club do Gourmet do mesmo establecemento. Unha botella dura moito tempo. Poderíase sustituir por un vinagre suave pouco aromático

Alga Nori: é un alga deshidratada que posteriormente se queima con lume. Ten grandes propiedades nutritivas e a medida que se vai hidratando ten un agradable sabor salgado. Recomendo mollar un pouco os seus bordes cando se enrrolle porque así pégase mellor. No Corte Inglés en paquetes de 10 follas: 60-80 bocados

Wasabi: é o extracto ou a pasta dun rábano moi picante que ata fai chorar, pero coa ventaxa de que pasa moi rápido e non queima. Débese usar con precaución. No super de El Corte Inglés ou no Club do Gourmet. Un tubo dura anos.

Xenxibre laminado e marinado: son láminas desa raíz que posteriromente son encurtidas. É de cor rosa e ten un sabor parecido a polvos de pica-pica suaves. Débese usar pouquiño. No Club do Gourmet. Véndese en bolsiñas, aguanta ben na neveira, é do máis caro dos ingredientes.

Makisu: é a esterilla de bambú usada para enrrollar o alga nori co recheo. Canto máis fino sexa o bambú máis redondo queda (meu makisu desta vez e gordiño por eso quedou irregular). Hoxe en día xa se venden makisus de silicona que teñen a ventaxa de que non se pega o arroz a él. O de bambú atópase en moitos sitios, mesmo en Pórtico. O de silicona en tendas de cociña especializadas, en Lalín hai unha na Avda de Buenos Aires pero non sei se teñen desto, se non por Internet.

Finalmente dicirvos que no super de El Corte Inglés véndese un pack que penso que trae casi de todo e non sae moi caro, pero eu aconsello mercalo por separado.

lunes, noviembre 05, 2007

Esta semana toca Sushi


En canto poida botarei un video cunha receita para facer Sushi, o tradicional prato nipón. Preparade o alga Nori.


Un elefante na casa



Esto foi o que me apareceu a 15m da casa o pasado xoves. É a elefanta do Circo Roma e 2 dromedarios qeu fan boas migas con ela. A primeira imaxe dela chegoume polo móbil envíada por María ,xa que a paquiderma foi paciente súa pois tivo que revisar os seus papeis e dos demais bichos do circo (leóns, tigres, monos, etc) para verificar que estiveran en orde, parece ser que todo estaba controlado pero non deixa de dar algo de pena ver os felinos enxaulados. No caso da elefanta e dromedarios estaban fora e parecían tranquilos e acostumados á xente.

A elefanta xa ten 30 anos e trátase evidentemente dunha exemplar de elefante indio , foi a curiosidade de Lalín nos últimos días e chamou a atención de nenos e maiores, para avoa de María ou meu sobriño Xosé foi a primeira vez que viron un elefante.

Máis cousas curiosas


Si curioso resultou atopar un elefante pertiño da casa tamén lle chega ver a esta futbolista nas novas pistas do Regueiriño, non se pode dicir que teña mal estilo.
Había un rapaz de Donramiro que tamén lle daba ben ao balón.

Paseo por Sobrado dos Monxes





O pasado venres dinme un paseo con Carlos polo interior da provincia da Coruña para ver un dos mosteiros máis afamados de Galicia, xunto co de Samos e Oseira (os de Santiago aparte). É un mosteiro realmente grande con construccións de diversas épocas cunha ampliación importante nos Séculos XVI e XVII, orixinalmente foron os monxes do Cister quen chegaron eiquí no XII e fundaron a abadía. No S XIX abandouse e chegou a estar prácticamente derruído e xa no XX comezouse unha restauración que o levou ao estado actual: a cosntrucción está en aceptables condicións mais non ten grandes cousas de valor no mobiliario. A visita non é quiada e dende logo non se pode compara coa amenidade da realizada a Samos recentemente

Tamén alí en Sobrado destaca unha pequena lagoa feita polos monxes e nesa zona bastante descoñecida para moita xente, entre eles os dous que alí fomos, hai moi bos soutos e fragas e moi pouca poboación polo que da a impresión de viaxar un pouco no tempo. Tamén visitamos unha fermosa casa solariega na que nos saiu o seu amable dono de 91 anos , deixounos ver algunha parte e nos explicou a historia da mesma, Casa dos Gados é o nome. Dende Lalín chégase en 45 min vía Melide.

Para comer fumos a A Casa do Queixo, un curioso lugar que é queixería, granxa con visitas e tarefas agropecuarias, albergue e restaurante.

Foi un menú sinxelo pero mais que aceptable e económico: embutidos de caza (moi bos), croquetas caseiras e carne asada con queixo (moi tenra e sabrosa), para rematar o queixo da casa con mel e noces facendolle honor o nome do sitio. Cun pouco viño e auga todo por 26 € os dous: un regalo . O sitio está moi aillado pero hai boa indicación dende Sobrado.

domingo, noviembre 04, 2007

Un libro de cogomelos e níscalos






Merquei o outro día este libro de cogomelos , a súa autora é Marisa Castro, profesora da Universidade de Vigo. O libro é dende logo moi completo con centos de fotos dos fungos e detalles dos mesmos para axudar na súa recolección e non ter problemas, supoño que un bo libro para alguén que coma min so recoñece con garantías 3 tipos . Ademais diso ven con moitísimas explicacións sobre os mesmos , consellos para apañalos e incluso receitas. Dos libros que me ensinaron na librería sobre esta temática pareceume o máis completo, adpatado a Galicia e dun tamaño que se pode levar o monte.

O problema está agora en atopar agora os cogomelos pois con esta seca non os hai, onte saín a buscalos a Catasós e so había dos que viven nas madeiras e nos troncos vellos. Alomenos puiden usar a guía como práctica e identificar algúns dos que vin que por certo se non me equivoco non eran comestibles e chámanse Gymnopilus Penetrans (Kg se ves esto e estou errado manda mensaje), parece ser que algunhas setas deste tipo provocan na xente unha risa continua e alucinóxena.



Pero si no monte non os hai sempre nos queda o mercado. No Haley atopei hai un par de días estes níscalos. Estaban realemnte bos e frescos. O prezo é elevado pero non prohibitivo, a bandexa debía de andar polos 3-4€ , 15€ Kilo, polo que ben valen para un capricho


jueves, noviembre 01, 2007

Crema de cabaza con fundente de queixo de cabra e xamón



As primeiras lembranzas que teño de comer cabaza son dos caldos que se facían na casa dos meus avós hai moitos anos, era un caldo moi parecido o galego de sempre pero sustituíase a pataca pola cabaza e a verdura era repolo, estaba moi rico , era un caldo diferente do habitual, chamábanlle "caldo de cabazo".
Agora que estamos nos tempos delas propoño outra variante tradicional pero un pouquiño actualizada onde se mistura a suavidade da cabaza coa forza do queixo de cabra e o sal do xamón. Algo diferente , sinxelo e nutritivo.
Aviso: aínda me queda cabaza