martes, octubre 30, 2007

Sondre Lerche: Two way monologue

Este cantante noruegués é unha das novas referencias do indie -pop con influencias innegables dos crooners americanos en moitas das súas cancións, con co 24 anos xa ten 4 discos todos dignos de mención.
Esta canción e do album Two way monologue do ano 2004, a seu último disco chámase "Phantom Punch" e paga a pena.
O video ten a súa gracia

Semana difícil

A pesares da ponte nesta semana teño varias gardas, días de clase e reunións do traballo polo que me vai resultar moi difícil actualizar o blog convenientemente, pero penso que por este mes xa está ben porque foi o de máis entradas realizadas.
Teño polo menos 2 receitas pendentes unha da cabaza da casa de María que se teño boa garda espero botar hoxe para festexar o Samaín ou "Halloween"

lunes, octubre 29, 2007

RETRANCA: Nova Revista para ler en Santa Compaña


Estando hoxe mercando un libro na Librería Seijas de Pontevedra vin por alí falando cos donos e ensinando unha nova revista o ilustrador e debuxante galego Kiko Da Silva: trátase de RETRANCA e ten un primeiro número que puiden ollar por riba moi prometedor.

A revista presentarase o vindeiro 31 no Café Moderno de Pontevedra e conta coa colaboración de xente como Manuel Rivas, Xaquín Marín, Leandro, Miguelanxo Prado, etc. Tamén participan nela Idígoras e Pachi últimamente moi coñecidos pola famosa portada de "El Jueves".

Ven cun Agasallo: unha foto do Rei que espertará paixóns. Haberá que mercala.

jueves, octubre 25, 2007

Teresa: A Traballar!


Miña irmán Teresa comezará este luns a súa vida laboral como enxeñeira naval. Será na cidade de Vigo , nun despacho especializado en proxectos de construcción naval.

Tras rematar a carreira e o posgrao en Southampton por fin se incorpora ó mundo do traballo. Mágoa para Tin que sexa en Vigo. Polo menos non é unha galega cualificada máis que marcha do país.

Desexolle moita sorte e que siga tratando de mellorar e progresar na súa carreira na que tanto tempo ten invertido.

Ale enana a traballar toca...

miércoles, octubre 24, 2007

Avances tecnolóxicos

Estes días estou facendo unha serie de probas no blog, empecei polo estética visual pois había queixas pola pantalla escura aínda que para min a outra plantilla era máis elegante. Tamén hai novos banners(non definitivos por agora).
Como xa vistes tamén teño as novas que van saíndo en El País en tempo real e por último o máis alucinante trátase da retransmisión en directo que permite a comunicación mentres estou co ordenador.
Está na páxina stickam e terei a cámara prendida de cando en vez cando esté actualizando e podedes chatear conmigo en tempo real, tamén me permite poñer videos no momento ou a música que eu decida, algo como de ciencia-ficción.

Xa estou pensando en emitir unha receita en directo.
PD: nas primeiras probas xa falei con Nani e Pedro Pablo. Próxima sesión mañán no almorzo

martes, octubre 23, 2007

Cómete o Viño





Outra interesante iniciativa culinaria para desfrutar do interior de Galicia e do seu Outono. Trátase de Cómete o Viño da Agrupación de Hosteleiros LugoSur na que participan varios restaurantes e Casas Rurais da Ribeira Sacra principalmente.

Trátase de menús de caza (corzo, coello, perdiz, xabarín, etc) regados con viños da Ribeira Sacra que se ben non son os meus favoritos acompañan ben estes fortes guisos. Difícilmente alcanzarán a mestría de Veva de Foilebar pero hai que intentalo.


Algúns dos restaurantes estan pertiño de Lalín como Chantada e outros algo máis lonxe pero entre eles atoparedes locais como O Grelo de Monforte (do que xa se falou en Paparevivir), O Parador desa mesma vila, ou a Cantina de Sober que teño ganas de coñecer e que vedes nas imaxes.

Parece que por fin os nosos hostaleiros espertan e lle dan vida á o interior da nosa terra nos meses fríos.

Ruperta

Regaloume María (espero que non colla costume) esta fermosa cabaza que xa está no seu tempo, algo haberá que facer con ela nos vindeiros días, aínda que da unha pouca pena pois parécese a primeira mascota do "Un, Dos, Tres".

A Rajoy non lle preocupa o cambio climático

A min sí e a ELA TAMÉN:






lunes, octubre 22, 2007

Fin de semana en terras de Samos, O Courel e O Incio





Foi unha magnífica fin de semana a que pasamos nestas senlleiras e fermosas terras do interior de Lugo. Como vedes xa puxen algunhas cousas da mesma pero no próximos días teredes un video con moitas fotos das zonas visitadas e dende logo non vos perdades as recomendacións gastro-hostaleiras porque pagan a pena.


Un saúdo e un agradecemento a todos os amigos cos que compartimos estes días, hai que repetir máis planes destes, de seguro que o ver como o pasamos moitos vanse apuntar.

Xa non é Grendel, chamádelle Oliver Twist

Pobriño que mal o pasou nos tempos de Madrid, choramos o rememorar as súas desgracias e pola súa xenerosidade e sacrificio.

¡UN FENÓMENO!

Sofía Loren monxiña, curiosidades de Samos





A visita a Samos foi moi aproveitada en gran parte pola erudicción do monxe que fixo de guía, o pai benedictino José Luis, gracias a él soubemos algunhas das curiosidades dos modernos frescos que teñen nas galerías dos claustros.

Son pinturas dos anos 50 feitas polo pintor F.Navarro que era o encargado de facer moitos dos carteis de cinema de Hollywood, él falounos de Ben Hur , El Cid, etc e díxonos que unha monxiña retratada era Sofía Loren, que o anxiño negro que saía retratado era pola canción de Machín, que os abades do propio Mosteiro tamén saían nalgún retrato, o médico da vila, os benefactores do Mosteiro, etc.

Sendo tan modernas a verdade é que quedan moi ben e son dende logo para ter en conta.

Do resto da visita xa falaremos, pero dende logo dar as gracias o Pai José Luis pola súa gran labor, sin ser católico esta é a igrexa que gosto.

domingo, octubre 21, 2007

Casa Veva en Foilebar: algo único



Nun lugar inesperado e solitario, subindo dende O Incio ou dende Samos, na cima do Val de Louzara nunha aldea dun curioso nome, Foilebar, atópase a casa de Veva unha agradable e agarimosa señora que ademais é unha excepcional cociñeira que fai da súa casa a propia dos comensais, tratándoos como invitados á unha gran festa nesas xenerosas terras.

Alí Veva preparounos unha comida para lembrar que se iniciou cun entrantes como: xamón propio da casa con queixo e raxo con pan fritido, para continuar púxonos unhas troitas que sendo pequenas non parecían de piscifactoría (sí o eran) polo ben fritidas que estaban, continuamos coas especialidades da casa, a caza, e probamos os guisos caseiros de xabarín e cervo con cachelos, estaban como vos podedes imaxinar de morte, as carnes sabrosas, tenras e xugosas que te pedían repetir (e repetías) , a min particularmente gostoume máis o venado, pero había diferentes opinións.

Pero a festa non remataba ahí: Veva é unha excelente reposteira e dounos boa proba das súas habilidades : excelente flan caseiro, tarta de flan e mazás, tarta de pera, tarta de queixo e outra de biscoito. UUFFF! Non hai palabras para tanto manxar. Todo esto foi regado con viño de Amandi e polo menos 6 tipos de licores caseiros feitos na casa, eu destacaría o de folla de guindas e o de morangos.

Foi unha comida única e logo Veva contounos que cría de xeito tradicional 20 porcos ó ano para dar cocidos e outros manxares dese animal nos meses de frío, que tamén ten perdiz e coello en tempada, que o corzo e o xabarín están a abundar nesas terras, etc, nunha conversación na terraza da súa casa cun cafeciño na man que apetecía continuar durante moito tempo.

Un lugar incrible e único, unha desas xoias que temos no país que esperamos que manteña por sempre a súa filosofía de tratar con tanto cariño dende a orixe a nosa gastronomía.

Aquí voltarei de seguro e recoméndovos sen dúbida a visita (eu agradecolle a recomendación o meu pai) , é preciso reservar para ir alí porque no salón da casa de Veva no collen máis de 15-20 persoas.

Casa de Díaz en Samos





Pertiño de Samos está a Casa de Díaz, casa rural na que pasamos esta fin de semana. A casa esta situada a 2 km da vila monacal en pleno Camiño de Santiago , nunha fermosa zona de praderío e carballeiras pertiño do Val de Louzara , entrada do Courel e lóxicamente entre Sarria e o Cebreiro.


É unha das mellores casas deste estilo das que teño percorrido por Galicia adiante, é bastante grande, de pedra país e pizarra e as súas habitacións tamén e teñen un precio contido. Decoradas nun estilo rústico clásico son moi acolledoras . A casa ten un bonito salón con lareira , zona para almorzo e outra para lecer con cheminea onde se poden pasar as horas falando cunha copiña ao calor da lumbre. Dispón tamén dunha capela, piscina no vran e un coidado xardín.


En definitiva unha agradabilísima sorpresa que combínase cun trato excelente e un almorzo cheo de enerxía no que non pode faltar o magnífico Queixo do Cebreiro.


Un lugar recomendable, de seguro voltaremos.

viernes, octubre 19, 2007

Volven os mellores: RADIOHEAD

O mellor grupo musical do mundo, a banda máis interesante dos últimos 15 anos ven de presentar o seu novo disco "In Rainbows". Hoxe xa son unha formación de culto.
A venda/regalo do disco é exclusiva da súa páxina web na que se pode descargar "por la voluntad", e dicir ti pos a cifra que queiras e danche un código para a descarga. Por exemplo eu paguei algo: 5,50 Libras (9 €) e xa o escoitei e segue na liña de madurez e innovación que sempre propon a banda de Tom Yorke, a música de Radiohead precisa de varias audicións (como todas as grandes músicas) para entrar nela e que te envolva. Radiohead xa non fan cousas tipo "Creep" ou "High and Dry" pero a súa evolución camiña con cousas tipo "No surprises" ou "Idiotheque" que dende o seu máxico disco OK Computer marcan as súas pautas.
Musicalmente algo que de verdade me queda na vida e ir a un dos seus concertos , a última vez que estiveron de xira en España as entradas esgotaronse 4 meses antes.

Como non hai videos oficiais de In rainbows polo de agora deixovos con "No Surprises" , que é a melodía do meu móvil dende hai moito tempo.

Haberá que elixir

Por min xa sabedes , teñoo moi claro, mirade e dicídeme a quén preferides vos.
Por certo do video de ZP góstame a mensaxe pseudosubliminal, algo facilona, de que ZP di cousas boas con Z, e Rajoy sempre fala coa Z pero non di nada bo e so desgracias e apocalipse. Esta pequena guerrilla dos videos é un pouco de nenos pero marca a diferencia.
Sabedes que non falo moito de política no meu blog pero hai cousas ben importantes que elexir...hai 2 alternativas , para os galegos tamén existe a do BNG.

Nalgún destes videos fala o próximo Presidente do Estado.

PD: ZP tamén se cháma José Luis e non vin aínda a ningún galego que se lle dera por chamalo Xosé Lois ou Ze Luiz




miércoles, octubre 17, 2007

Yolandita Castaño e Aduaneiros sem Fronteiras

Aduaneiros sem fronteiras é unha páxina galega de deseño gráfico onde incluso se venden camisetas deseñadas por eles con moito éxito. Tamén teñen seccións de humor gráfico e de crítica social marcadas por unha ideoloxía nacionalista lexítima e na que se poden facer comentarios.
Pois resulta que a pseudopoetisa galega Yolanda Castaño máis famosa por aparecer nas TVs que polas súas composicións artísticas ven de requerir por medio do seu avogado que os Aduaneiros retiren un debuxo crítico e os comentarios se non queren queos denuncien.
Os Aduaneiros ante a demanda optaron por pechar a súa web e poñer unha mensaxe dos motivos.
Yolanda Castaño está molesta porque no debuxo vese como unha mariquiña con moitos vestidos que se lle poden ir trocando , polo culto a súa imaxe, e dicindo "Tu Quoque Iolanda" referido a daga ensanguentada que porta na súa man dereita como dixo Julio César o ser asasinado por Bruto: representa a xogada feita hacia o gran intelectual galego Isaac Díaz Pardo , foi a súa homenaxe pero posteriormente aceptou o emprego en sargadelos na Coruña para os mesmos que traicionaron a o Mestre Isaac.
Pobre Yolandiña non sabe que os seus actos lle están a causar máis problemas e por exemplo na páxina de Chuza estanse batendo records.

O Courel

Neste video hai algunhas imaxes desta fermosa serra de Lugo que algúns habemos vistar nesta fin de semana¨. O video é repetido pero vale para abrir boca...

martes, octubre 16, 2007

CAROLINA SIERRA CAMINO



Eiquí a tedes despois de agardar polo consentimento do seu pai por fin temos a pequena Carolina que é moi guapa e parece moi simpática e espabilada para a súa idade. Eu vexolle parecido con Sisi e co pai.

Polo que me dixo un paxariño moi grande de Madrid , Marcos non recibe chamadas para quedar ata dentro de 4 anos. Ben espero que so sexa unha esaxeración do pai co shock de verse cunha cativa tan bonita.

Felicidades os tres, verémonos pronto.


Algunhas fotos do verán







Algunhas fotos de familia e amigos do verán pasado que estou seguro que lle van gostar ós retratados e a moita máis xente que ve Paparevivir. Vinnas onte buscando unhas fotos que lle tiña que enviar a Nani e dixen: pa diante.
Non por ser miñas pero creo que todas elas retratan a os que saen nelas dun xeito moi alegre que da gusto velos.
Un Bico moi grande sobretodo a miña prima Reyes




"El Yunque" moi recomendable


A pasada fin de semana fun a "El Yunque" en SCQ con Inés e Montoto. Lembreime do local para ir tomar algo porque resulta que o Pai do Pai de Batman máis coñecido por "el carcelero" seica ten parte no negocio como xa me comentou Manuel.

Como moitos sabedes esta era unha antiga e famosa ferretería da Rúa das Orfas e agora transformouse nunha tapería restaurante moi acolledora.

Ceamos a base de racións e todas estaban moi boas e ademais moi abundantes, non puidemos rematar entre os 3 as 4 diferentes racións pedidas:

- Pulpo con orella de porco prensados con aceite e pimentón: moi rica, unha señora alemana interesouse pola vianda e demoslla a probar, gostoulle coma a nos.

- Croquetas caseiras de atún: bolíñas moi boas e abundantes

- Montados de pan tomaca con xamón: lóxicamente bos e abundantes, o xamón non é de bellota pero sí esta moi rico

- Ensalada de ternera con cítricos: un plato orixinal e bastante sabroso que non desfrutamos moito pois xa estabamos cheos.

Teñen unha boa carta de viños , sen moitas marcas pero sí ben escollidas, tomamos un de DO Toro, potente e carnoso e agora non me lembro do nome

Pois ben o final pagamos 20€ xustos por cabeza contando con pan, augas ,etc e que a botella xa valía 20€.

A verdade é que hai que darlle a noraboa o avó de Batman polo seu inicio na hostalería e confeso que voltarei pois e un lugar centrico, agradable, ben servido e todo estaba bo.

lunes, octubre 15, 2007

Pementos recheos de setas e panceta con salsa de calabacíns e noces


Un prato de pementos do piquillo que desfrutei na compaña de Sito e dun bo viño hai uns días antes de irmos as festa do Sixto . Os pementos recheos dan un pouquiño de traballo: digamos que é de usuario case avanzado. A salsa dos calabacíns desta receita pódevos valer como acompañante para outras moitas cousas mesmo para botarlle á pasta. Enchinnos de setas e panceta pero como é lóxico hai moitas outras opcións: arroz e carne, bonito, pescada e gambas, etc. Tamén se queredes os podedes rebozar e fritir despois de enchelos

Cando fagades pementos recheos facede bastantes porque sempre se poden requentar e comer o día seguinte e como dan bastante traballo xa sabedes.

Se vos fixades fixen a bechamel con aceite e non con manteiga porque queda un pouco máis suave i e máis sana, pero se non queredes pasar o traballo ben podedes mercala xa feita, non está tan boa pero aforrase moito tempo e limpeza.
Ben, espero que vos gosten.

domingo, octubre 14, 2007

Caetano na Coruña

O grandísimo músico brasileño Caetano Veloso actuará no Palacio da Ópera da Coruña o vindeiro día 23 de outubro. Para min é un dos mellores cantantes que hai neste planeta ,ten unha clase e unha elegancia na voz e na súa maneira de cantar que o fan único. Vinno unha vez en directo en Castrelos e foi unha actuación para lembrar , el soçinho no escenario coa súa voz e a súa guitarra, de negro enteiro enfrente de máis de 3000 persoas que escoitaban emocionadas (ben 3000- 1,Rafa sabe a quen me refiro).
Se teño a oportunidade tratarei de ir e desfrutar, mentras tanto deixovos dous temas seus. Por un lado unha das mellores esceas rodadas por Almodóvar onde Caetano é o centro de atención de caras moi coñecidas e por outra banda os seus inicios en Brasil co gran cantante novísimo, sorrindo e regalando alegría nunha actuación que é mítica no seu gran país



Moi bos




Os debuxantes habituais do Faro de Vigo, Gogue e Dávila, estiveron moi inspirados na edición do pasado 11 de outubro. E que haiche cousas que mellor tomalas a coña...


miércoles, octubre 10, 2007

O camiño chegando a Roncesvalles


hoxe atopei esta foto que tiña escaneada e traeme moi boas lembranzas ademais de que me boto unas risas con ela.

Hai estamos Chones , Checho e un servidor con Roncesvalles abaixo o fondo. Levabamos nese momento máis de 25 Qm costa arriba polos Pirineos e estabamos derreados nunha etapa do Camiño Francés que moita xente non fai por ser a primeira e durísima. Pártese de St Jean a Pied de Port a 200 m e atravesas un porto de 1300 m para baixar logo.

Nese día tivemos choiva e néboa que case fixo que nos perderamos na montaña. Baixando logo para roncesvalles Josito meteu o turbo e sacounos moita ventaxa que logo pagaría. A chegada o Albergue foi moi reconfortante e algún que saía canda nos abandoou nese primeiro día.

Desa viaxe lembro que pasámolo de coña e descolloabamonos case cada Qm, lembro sobretodo a Checho con Espidifen na auga (doping total), os xeonllos a reventar que lle fixen non sei cantos vendaxes e a súa forza de vontade baixando as pendentes de costas.

Tamén se me ven a memoria unha mítica frase que escoitei no pavillón de Zubiri: "Mi vida esta empezando a cambiar"

lunes, octubre 08, 2007

San Froilán 2007


Onte fun con María ata Lugo para cumplir o que xa é para min unha tradición logo de 3 anos sen fallar: ir comer o pulpo a San Froilán.

Fun a caseta da Palloza, un dos máis coñecidos restaurantes da cidade da muralla. Para os que non saibades as casetas do San Froilán están moi ben acondicionadas e por exemplo nesta parece que estiveras nun restaurante se non fora pola súa amplitude.

Comemos un pulpo delicioso, dos de feira de sempre, nada que ver coa perrallada que poñen na costa. A pulpeira que serve este establecemento e Aurora do Carballiño e merece recoñecemento. Ademais tomamos lacón frío (moi rico), patacas cocidas e variado de postres (as tellas de améndoa moi boas). Regado cun mencía de Valdeorras que ben valía do cal non lembro o nome mais si o prezo (19 €), o único realmente excesivo. A ración de`pulpo vai a 6,50€ , algo máis cara do normal pero enténdese pola demanda.

Logo paseamos por Lugo xa con Quesé e Isabel e hai que dicir que o San Froilán é o compendio xigante das festas de tódalas parroquias galegas, unha festa de verdade nunha cidade galega con todos os lucenses ,capital e provincia, volcados nelas e así consiguen o ambiente que se vive alí nestes días. Por certo volvín a atopar o "espectáculo" da Orquesta Panorama na Praza Maior, vanme meter no clube de fans.

Para os que vos entraron ganas dicirvos que o San Froilán non remata ata a próxima fin de semana.


Lontras no Río dos Gafos, noraboa a Vai polo Río


En Pontevedra hai un río pequeno que atravesa unha parte da cidade (pola zona da estación de autobuses) que se chama o Río dos Gafos, ese río é pequeniño e o seu curso non chega os 15 km. Ese río non hai moitos anos era unha auténtica poza de merda pero a Asocicación Vai polo Río fixo un traballo serio e continuado de concienciación e educación combinado con labores de limpeza das marxes e denuncia de verquidos, que mudou por completo o río.
Facer ese traballo e ver os resultado supoño que sería algo reconfortante para os membros da asociación, pero o premio gordo para eles chegou nesta fin de semana na que un paseante atopou dúas lontras (nutrias para os de fora) xogueteando e consguíu capturar o momento ca súa cámara.As lontras son un bioindicador de salubridade do río, pois si hai lontras hai peixe.
Lembrarvos a moitos de que en Lalín tamén é posible velas no Pontiñas, no Lago de Abaixo do paseo. Eu xa as atopei 3 veces sempre o atardecer, mágoa de non fotografialas pois ía na bici.

Con perdón: "Me fendía la cona en sien mil pedazos"

Seguro que algún de vos xa escoitou isto pero eu quedei alucinado co impresionante documento: "Marchou vivo pa Santiago, dandolle os nervios aínda, pero él desangrado todo casi". "¿que che dixo máis? canta claro"
Creo que son as declaracións nun xuízo

viernes, octubre 05, 2007

A Organización de Trasplantes dos USA

Cando as cousas da Sanidade se levan so a o lucro persoal sen escrúpulos poden pasar estas cousas. Esto en España sería impensable onde cada trasplante ,sexa de tecidos, osos ou órganos, está perfectamente regulado pola eficaz ONT.
Así é que unha funeraria vende partes de mortos para reimplantar por doctores ,que supoño que serán moi ricos ,en pacientes que agora poden ter un tendón novo con VIH de regaliño.
Para facer un pouco de coña dicir que o nome italiano dos tipos leva a sospeitar que a mafia anda detrás desto, mesmo eles puideron matar a xente : polo visto todo é posible en USA.
Supoño que en Hollywood xa están a comprar o guión

FILADELFIA (Reuters) - Tres directores de funerarias de Filadelfia lideraron una trama por la que más de 1.000 cadáveres fueron desmembrados en condiciones insalubres y sus partes fueron vendidas a médicos que las implantaron en pacientes, según declaró el jueves un gran jurado
La fiscal de distrito de Filadelfia Lynne Abraham difundió el informe del gran jurado en el que se acusa a los hombres de ganar 3,8 millones de dólares (2,7 millones de euros) por la venta de partes de cadáveres en Pennsylvania, Nueva York y Nueva Jersey, entre febrero de 2004 y septiembre de 2005.
Los acusados son Louis Garzone, su hermano Gerald Garzone y James McCafferty, quienes dirigían una empresa funeraria y un crematorio.
Los tres permitieron que Michael Mastromarino, un ex dentista, y un equipo conocido como "cortadores" retiraran partes como huesos, piel y tendones en una sala insalubre para embalsamar cuerpos, señala el informe.
Miles de personas que necesitaban, por ejemplo, sustituir huesos rotos o reparar sus tendones podrían haber recibido partes de cadáveres infectadas con VIH, hepatitis, septicemia y otras enfermedades, sostuvo el documento. No estaba claro si los receptores de las partes cayeron enfermos.
Durante la trama se retiraron tejidos a 1.077 cadáveres en Nueva York, Nueva Jersey y Pennsylvania, entre ellos 244 cuerpos que pasaron por las funerarias de Filadelfia que dirigían los acusados.
El plan "utilizó empresas que habitualmente están asociadas con la compasión y el cuidado y las pervirtió en algo grotesco, avaro, peligroso y criminal", señaló el informe.
En el año 2006, los Garzone cerraron sus funerarias y entregaron sus licencias después de que el Departamento de Estado de Pennsylvania dijera que podrían haber permitido que se retiraran partes de algunos cadáveres. Los hombres no admitieron haber participado en ningún acto ilícito.
Al menos cinco hospitales del área de Filadelfia y 41 de Pennsylvania implantaron tejidos proporcionados por Biomedical Tissue Services, la compañía dirigida por Mastromarino, según el informe.

jueves, octubre 04, 2007

O peculiar "Galeguismo" de Gadis


Como no anterior post poño o anuncio de Gadis e lles fago publicidade gratuíta agora permítome poñer parte dunha entrevista do ano pasado feita o "mandamás" dese grupo, o empresario Roberto Tojeiro, non deixa lugar a dúbidas do seu peculiar galeguismo . Non hai desperdicio.

Pido atención o tema dos eucaliptos pois parece dar por sentado que é unha especie autóctona que debería cubrir todo o noso territorio.


Ha sido nombrado hijo predilecto de As Pontes. Supongo que uno de sus mayores orgullos será haber contribuido al gran desarrollo del pueblo en el que nació.


‹Sí. Cuando yo nací tenía 1.200 habitantes, y ahora tiene 17.000, y empieza a repuntar de nuevo. Mi casa era ultramarinos, bar, casa de comidas, de todo, y ves lo es eso hoy... Pero me enfadé con el alcalde, que era mi empleado además, porque siempre fue Puentes de García Rodríguez y ahora es As Pontes. Hablar gallego no es ser gallego, gallego es hacer cosas por Galicia. Fíjate que cuando yo le puse Haley a los hipermercados me llamó por teléfono y me dijo que cómo le había puesto un nombre americano a un negocio gallego. Y le dije que Haley es el cometa y que con ese nombre puedo ir a todo el mundo y con Gadis, no. Pero es muy buena persona.


Como empresario de la madera y promotor de celulosas, ¿cómo ve el tema del traslado de Ence de Pontevedra?


‹Ence tiene un problema grave, que es una concesión que va a caducar. Pero, por otro lado, hay que pensar que si yo fuera hoy alcalde de mi ciudad no echaría a las industrias fuera. Porque esa industria vale mucho dinero y aquí hace falta completar el ciclo porque no hay papel. Es una pena que esa empresa no siga, porque no creo que haya posibilidad de trasladarla. Pueden hacer un daño muy grande, porque además la celulosa funciona con eucalipto y en Galicia hay mucho; como es una especie que se expande con mucha facilidad por el aire, dentro de unos años será un gran eucaliptal. Es una riqueza natural muy grande. El problema es que son políticos; no es que quieran hacer daño, es que son políticos, no son empresarios. Si los políticos pusieran a gente preparada a discutir y hablar delante de ellos sobre estos temas, se darían cuenta de lo que pasa. Pero como sólo hablan de política y de la forma de ganar votos... Yo soy proamericano, todo lo aprendí con ellos. En los años 60 llegaron a Lugo y se hicieron cargo de Frigsa y yo aprendí con ellos en la empresa. Me encargaba de la distribución y siempre recuerdo que el gerente me decía: ³Roberto, mandame un pollo de menos a cada mercado, nunca un pollo de más; porque si mandas uno de más, mañana te estarán pidiendo que bajes el precio, mientras que si envías uno de menos te protestarán para que les envíes el pedido completo². Y es así.


‹¿Ha conocido en todos estos años a algún político que acertara?


‹El único al que conocí fue a Franco, que acertaba porque no se podía hacer otra cosa que la que él mandara. Por eso los monopolios son tan parecidos a las dictaduras.

O anuncio ¿trampa? de Gadis

Esta ben o novo anuncio de Gadis onde con moitos sentidiño podemos ver elementos singulares das xentes do noso país moi arraigados e que dende logo gostamos de recoñecer nunha pantalla.
Gadis marcaríase un bo tanto se non fora porque o Grupo de Tojeiro está baixo sospeita ultimamente polo tema de Reganosa, onde se atopa cunha forte oposición, e moita xente teme que sexa unha manobra para limpeza de imaxe
Se non vai con segundas, o anuncio benvido sexa, pero se Gadis quere que vivamos como galegos que empeze por respeitar máis o idioma nas súas áreas comerciais, neso Eroski leva máis camiño andado.

miércoles, octubre 03, 2007

A Solución de Manuel

Manuel propón unha solución para o rei por se volvera a cazar osos. O cortizo propón untilzar un oso similar a este de señuelo
O Pai de Batman coma sempre non falla

Da Monarquía e a súa crise


Nestes últimos meses temos asistido a unha situación que nunca sucedera na nosa xove democracia: por primeira vez a coroa se ten que defender de ataques á propia institución por boca do mesmísimo rei.

Dende este blog todos lembrades reinvindicacións republicanas , ridiculización dos Borbones ou crítica ao suceso de El Jueves, pero non deixan de chamar a atención os últimos sucesos,queimas incluidas, que están a ter lugar e que dalgún xeito asocian por primeira vez a palabra crise á monarquía española.

O rei Juan Carlos ,a pesares do seu lacazanismo familiar e da súa ilexitimidae orixinal logo subsanada pola Constitución, ten sido un elemento de estabilidade para o progreso lóxico da nosa sociedade dentro dun ámbito europeo, máis agora semella un elemento decorativo que so serve para algunhas relacións internacionais e descansar en Mallorca ou Baqueira.

Si ben a labor monárquica non debe ter altas responsabilidades nas decisións do goberno do estado non é menos certo que nos últimos anos para o pouco que ten servido é para enchernos de novas bocas que alimentar e para que a España da pandereta se pegue a tele para ver que guapos van nas vodas ou debates rosas.

Por eso hai quen se empeza a preguntar se precisamos dun rei ,ou incluso hai quen se pregunta algo previo ¿estamos en condicións de preguntarmos se queremos unha monarquía?

A verdade é que as respotas son complicadas, na miña opinión é evidente que un sistema republicano é máis xusto en termos democráticos ,pero se miramos o Norde atopámonos que os países europeos con mellor desenvolvemento social teñen este sistema noso ¿será pola súa madurez democrática ou pola monarquía? Por outra banda ¿é este o momento?, non creo nas monarquías pero abreume os ollos o pasado luns un lúcido ancián de 92 anos chamado Santiago Carrillo de quen ninguén pode dubidar das súas convicións repúblicanas: explicaba Carrillo na TV que aínda non temos madurez para mudar de sistema democrático, non se refería ao groso da cidadanía, referíase a elementos fundamentalmente das ultradereitas reaccionarias que son quen máis interese están a mostrar pola abdicación ou sustitución do rei co beneplácito dunha parte da igrexa. A esto sumabanse as tensións territoriais marcadas polo terrorismo etarra que aproveitaría estes elementos de crise para sementar incertidume. O que Carrillo quería dicir era: "República sí, pero con calma pues hoy no toca."

Ben, convenceume Carrillo ,máis eso non debe ser un argumento para aliviar a presión sobre as labores monárquicas nen abandoar a idea do anacronismo desta institución e a dinastía que acolle.

Como xa repetín en anteriores ocasións moitos dos que agora vivimos neste Estado non eliximos o sistema ,pero dámonos conta de que non é bo que se mude únicamente por cambios xeracionais, mais a día de hoxe é preciso esixir á monarquía exemplaridade e transparencia nas súas conductas pois delas viven, e respeito as críticas que a sociedade civil lles faga sen ningún tipo de represalias nin legais nin sociais.

Finalmente gostaríame sinalar que este debate é bo e non hai que ter medo de falar de cousas comprometidas que levaban 30 anos caladas, o debate descubre as posicións de cadaquén.

VIVA MITROFAN,VIVA
PD: por certo visitade o blog do nada radical Anasagasti coas súas impepinables opinións: "ardía media Illa de Tenerife e o Rei seguíu navegando en Mallorca"


Gañan os Ribeiros



Na enquisa sobre viños brancos galegos os gañadores son os novos viños que se fan no Ribeiro con 15 votos (47%) seguido a longa distancia dos godellos 9 votos (28%), e a gran decepción son os Albariños, tanto os do Salnés coma os do Rosal, que parece ser que entre os galegos perderon forza.
O resultado coincide coa miña opinión pero asegurovos que eu so votei unha vez. Hoxe os Ribeiros Brancos xa non se parecen a aquela auga con polvos áceda que botaban nas tabernas do Franco, hoxe son viños para presumir, ou que llo pregunten a Woody Allen.
Neste enlace podedes ler unha reportaxe do NY Times chamada "Spain´s Quiet Corner" na que da man de Jose Luis Cuerda , director de cine e viticultor do Ribeiro (San Clodio), se fai un percorrido polo Ribeiro, Ourense, Cea ou Oseira.

Unha cea en 5 minutos: Entrecosto ao Porto con ensalada


Un prato do máis simple pero cun resultado incrible, eso sí, todo depende da calidade da peza de carne. Nesta ocasión collín un entrecosto de terneira rubia galega de pasto que se vende envasada por pezas no Eroski e seica tamén en El Corte Inglés, é unha carne moi vermella e coa graxa entreverada. En calquera das carnicerías de Lalín podedes atopar carne similar ou mellor, e en toda Galicia temos Ternera Gallega Calidad Suprema.Imos a receita.

1- Poñer nun caziño un vaso de viño de Porto a reducir a lume vivo (8-9 Vitro), quentar a prancha ben (Máximo) para facer a carne.

2- Coa prancha ben quente (fumega) botar a carne, baixar un chisquiño o lume (8 Vitro), e antes de dar a volta volver a subir o lume (Máximo) e repetir a operación previa. O tempo depende do grosor , neste caso (ver foto) con minuto e medio por cada lado deixamolo no seu punto. Unha vez retirado salgar con sal gordo, non antes de facer

3-Mentres se facía xa fumos preparando a ensalada de leitugas e tomates cherry, aliñadas de xeito tradicional con bo vinagre e bo aceite. Usei o spray de aliñar (presentareino outro día) para que quede xustiño

4- Montar todo no prato e bañar un pouco o entrecosto co Porto que xa estará reducido

As rosquillas da avoa


Estas son as rosquillas da avoa de María, as mellores que teña probado nunca e que ademais deben conter algún producto engadido que provoca adicción.
Dime María que ela lles conta a receita pero que a ninguén da familia que trata de facelas lles sae igual, supoño que serán eses vellos trucos das avoas ou simplemente o costume.
A verdade é que están deliciosas e non son o único que as papa a gusto pois Rafa o pasado sábado quedou con todas estas na casa.
¿Quedaría algunha?

Cine: A Guerra das Galaxias

Anunciara que iamos ter anacos de cine e eiquí están. Nesta sección poñerei pequenos extractos das miñas películas favoritas que de seguro en moitos casos van coincidir coas vosas.
Empezo por unha das miñas grandes preferidas , trátase da primeira parte da vella triloxía, unha das primeiras pelis que lembro ver no cine, concretamente no Cine Campos de Lalín no ano 1978, xa choveu logo. Dende aquelas o movemento Jedi botou a andar e hoxe son moitas as persoas que nas enquisas relixiosas din que está é a súa, hai pouco saira unha nova de que no Reino Unido máis de 50 mil persoas declarábanse de relixión Jedi, eu non chego a tanto pero...xa sabedes: "La Fuerza"
De vez en cando farei un pequeno xogo, por exemplo neste clip:
¿Qué é o Jedi que me di cal das seguintes esceas é de O Imperio Contrataca?
Por certo: acéptanse suxerencias de películas


lunes, octubre 01, 2007

Crowded House e Franco Battiato

Resulta que na pasada fin de semana en Madrid actuaron varios dos meus artistas favoritos. O sábado tocoulle a Battiato e polas críticas que lin e escoitei foi un deses concertos históricos con xente que saía moi emocionada. O italiano presentaba novo disco , vaciouse durante casi 3 horas, 3 bises, cancións vellas e novas. É un fenómeno e incluso en breve estrea unha película...
O domingo tocáballe o turno a os neozelandeses de Crowded House, un dos meus imprescindibles dende hai anos. Non sei como foi o concerto pero xa tiven a oportunidade de escoitar o novo disco de retorno que se chama "Time on earth" moi na liña dos traballos dos de Neil Finn. Os que non os lembren ben seguro que teñen nos seus oidos cancións como Distant Sun, Fall at your feet, Don´t dream its over, Four seasons in one day, etc.
A verdade que no pop melódico son uns auténticos xenios.



En breve tocaralle o turno o xenio Caetano Veloso que estará en poucos días na Coruña

De paseo pola Fervenza


Xa falei no blog da Casa da Fervenza e do seu entorno arredor dun Miño espectacular despois dunha ruta con Carlos, desta tocoulle a Rafa coñecer esa zona e ademais paramos a comer na propia casa (non está incluída no outono de Turgalicia): puxémosos as botas con empanada de zamburiñas, ovos con xamón ibérico, polo de curral, bo viño, etc. A Fervenza non so é unha bonita casa, ten unha boa cociña a un prezo ben axustado.

Despois da comida fumos dar unha volta nas bicicletas da propia casa, o lugar préstase pois é chan e segues un camiño que perto da beira do Miño percorre unhas grandes e fronsosas carballeiras. Mágoa que empezara a chover na metade pero dende logo que ese paseo que xa fixeramos andando haino que repetir na bici.

Outono gastronómico de Turismo Rural



Na web de Turgalicia teñan unha interesante promoción para os meses de Outubro e Novembro , trátase de menús outonais en 60 casas de Turismo Rural das catro provincias. Pódese optar por tomar so o menu que sae ao módico prezo de 25 € o podes optar polo menú e durmir na propia casa con almorzo incluído por 100 € dúas persoas

Os menús son variados e algún e tan suxerente como: Tella de migas de pastor e pastel de grelos con viandas de porco, filloa rechea de cogumelos sobre mollo de ourizos de mar, tarta de chiculate con castañas e o seu xeado, café , licor e viño. Casi nada...

Entre as casas que participan na promoción éu destacaría a Casa Ferreiría de Rugando en Quiroga, unha casa magnífica e solitaria nunha fermosa paraxe do Courel ou A Pousada Torre Lombarda de Allariz no núcleo desa bonita vila.

Unha excelente promoción que haberá que aproveitar ¿quén se anima?


Unha habitación en Rugando

Final do tempo preguiceiro

Chega Outubro, é o final das miñas vacacións, hoxe día primeiro comeza un mes de moito traballo para min pero canto máis traballo máis rutina polo que de verdade comezará unha verdadeira regularidade para Paparevivir.
Nesta semana prometo moita música e cine, empezarei hoxe a tarde, pois hai cousas novas e moitas vellas que revisitar para darnos unha alegría agora que se van reducindo as horas de sol e a nosa hipofise vaino ir notando.
Por certo Calexa, xa vin os primeiros cogumelos