jueves, septiembre 27, 2007

Conferencia Episcopal e nais solteiras


Foto tomada hai dous meses en SCQ, ¿sera verdade o que parece?

Manda carallo os xefes de Jimenez Losantos a o que andan.


Resulta que as nais solteiras ou viuvas van recibir unha mellora de 1000 euros nas axudas a natalidade. Vaia por diante que considero inxusta a medida porque non discrimina niveis de renda, pero de ahí a dicir que o goberno "fomenta que los niños vengan al mundo sin padre ni madre" como dixo un deses "bos coengos" da Igrexa ...A verdade que o que él quería dicir e non dixo era: "con lo putas que son por tener un hijo sin matrimonio va el gobierno y las ayuda" pero tamén a igrexa coida a súa linguaxe que xa non queima a ninguén e tampouco teñen homosexuais nas súas ringleiras (como Ahmadineyab).


Por outro lado o tipo dixo sen pai e nai , cousa bastante improbable ainda que a ciencia avanza "que no veas"


Jesusito de mi vida que eres niño como yo...

Un pouquiño de cociña molecular

Unha pequena demostración de que é a cociña molecular que comezou un italiano (non lembro agora o nome) pero na que o máximo exponente é hoxe Ferrán Adriá. Fundamentalemnte consistelle en sacar partido os procesos moleculares utilizando a física e a química respetando os sabores dos ingredientes alimentarios.
Adriá ten agora unha serie de productos que vende a outros restaurantes e cociñeiros de todo o mundo que saen da sua factoría I+D "Texturas el Bulli", sinxelamente a min pareceme flipante , pero ¿qué dirían as nosas avoas?
O que vedes sería algo así como caviar de frambuesas, algún de vos xa tedes probado comigo algunha influencia molecular de Adriá ainda que nunha receita miña, lembro un aire de jengibre marinado que é algo ben doado de conseguir





Por certo en breve unha nova receita "Verduras al dente con ovo escalfado e vinagreta de pimentón"


miércoles, septiembre 26, 2007

O que matou a Mandela e o que non ten gais no seu país

Un comeza a sentir medo cando escoita declaracións ou ve videos como estes dous. Primeiro Bush di que Mandela está morto porque Sadam matou a todos os Mandelas e despois no outro tras dar mil voltas para non contestar Ahmadineyad acaba dicindo que en Irán non hai homosexuais.
Vendo como está o patio e con estes dous fenómenos é como para botarse a temblar.



Remataron as Festas de Lalín


Por fin marcharon , menos mal o corpo xa estaba resentíndose. Foron unhas festas con moita xente pero un programa frouxiño.

Como sempre saímos moito pero con intensidade decrecente dende o sábado, onte recollemonos cedo non sin antes ver como iniciaba o seu espectáculo a Orquesta Panorama (visitade a súa web) co Campo da Feira abarrotado,un flipe moi hortera cun palco que parecía deseñado polo Inspector Gadget. O asunto das orquestas neste país e digno de estudio.


lunes, septiembre 24, 2007

Tamén Felicidades aos Tomé


Xa antes que Marcos e Sisi, Alberto e Ana tiveron un meniño que se chama Aarón. Neste caso Ana xa está na casa e atópase bastante ben e as irmáns seica están alucinadas co bebé. Dime Paula que o pai faise o machote porque xa está acostumbrado.

Neste caso poño a foto porque así mo pediron

Felicidades aos Sierra

Sisi e Marcos tiveron unha meniña o pasado sábado día 23. Carolina que así se chama a cativa ten unha boa saúde polo que parece no video envíado por Marcos, no que mostra unha potencia chorando inusual. Polo que vin é moreniña e xa ten algo de pelo, pero non podemos aventurar a quen se parece cun día de vida.
Non poño o video porque aínda non lle pedín permiso a os pais.

FELICIDADES

miércoles, septiembre 19, 2007

Un Manazas



Dixo Marta Sieiro que María saía moi ben nesta foto, eu estou dacordo sae moi guapa, pero claro houbo quen a quería estropear polo que tiven que emplearme a fondo co Photoshop para salvala.

Tratábase dun tipo inmenso que non era fácil de evitar polo obxetivo.

Nova enquisa: Brancos galegos

Facía tempo que non botaba unha enquisa pero no tempo da vendima apetecíame saber as preferencias da xente en canto os nosos viños brancos que como sabedes moitos deles están considerados como dos mellores brancos do mundo.
Agardo as vosas prferencias, as miñas están claras...

Nova Reserva da Biosfera: Oscos, Río Eo e Terras do Burón



Asturias e Galicia compartirán unha nova Reserva da Biosfera aprobada nos últimos días pola Unesco. Trátase dunha zona limítrofe entre as dúas comunidades que vai casi dende Os Ancares xa que empeza na Fonsagrada e chega ata a Ría do Eo. Agora xa temos 4 Reservas da Biosfera porque ésta súmase a Os Ancares, as Terras do Miño e a Allariz.

A verdade que é unha zona moi variada con media montaña , ríos, rías , etc. Na parte galega colle a Ribadeo, Trabada , A Pontenova, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín e Baleira, e na banda asturiana a Comarca dos Oscos, Taramundi, Vegadeo , Castropol e San Tirso de Abres.

Supoño que case todos coñecedes a fermosa zona de Ribadeo e Castropol e teredes visto a Ría do Eo, As Catedrais, etc pero a zona máis descoñecida e a outra e caracterízase por montes e fragas onde as variedades autóctonas están moi presentes, lástima que vilas que debían ser moi bonitas como A Pontenova hoxe sexan víctimas do feísmo.

Da zona asturiana destacaría a vila de Taramundi onde de verdade empezou o Turismo Rural en España coa famosa casa La Rectoral.

Desa zona lembro que o ano pasado fumos María i eu no inverno e caeu unha desas nevaradas míticas e todo aquelo a pesares de non ter moita altura estaba cuberto de neve .Pasear por aqueles camiños era unha maravilla . Lembro tamén que vimos nevar ó lado do mar e que a Ría do Eo tiña unha cor albina. Un espectáculo.

Teño o disco duro externo constipado se non botaba unhas fotos propias

Receita sinxela: Zancos de polo con pementos de Arnoia



Outra desas cousas simples e sabrosas que se poden facer rápidamente por calquera. Se hai polo de corral mellor que mellor, pero lembrade que os tempos de cocción hai que prolongalos.

0 a 3 min - Nunha pota botar unha culler de aceite e cando este quente dourar os zancos de polo, cando collan colorciño, retíranse. Lume Vivo (8-10 Vitro.)

3 a 6 min- Retirar os zancos e poñer a dourar varias ceboliñas, unha cenoura e un tomate ben picadiño. Lume Vivo (7-9 Vitro)

6 a 8 min- Botar un dedo de viño e cando todo comece a ferver botar novamente os zancos de polo ,os pementos de Arnoia e sal. Baixar o lume a medio-baixo, tapar a pota e deixar facer. Lume medio -baixo (4-5 Vitro)

30 a 35 min- Xa está, podedeslle botar un chisco de pementa negra picada. So hai que servilo cun pouquiño da salsiña . Como vedes estade 25 minutos sen facer nada que se poden aproveitar para adecentar a cociña ou ir picando algo cunha cervexiña.

Probade que é ben fácil e agradecido para o padal

martes, septiembre 18, 2007

25 anos da morte de Grace Kelly





Conmmemorábanse nestes días pasados a morte de Grace Kelly que falecera nun raro accidente por unha estrada camiño de Montecarlo.
Grace ata que casou, Gracia de Mónaco despois, é un símbolo da máis perfecta beleza feminina ademais de ser unha das mulleres coa máis grande elegancia natural que eu teña visto nunha pantalla. Era unha boa actriz e Hitchock tamén debía pensar coma min xa que foi unha das súas actrices favoritas con outra gran beleza como Ingrid Bergman. Ademais traballou cos mellores actores da época que é casi como dicir cos mellores da historia do cine: Cary Grant, Gary Cooper, James Stewart, etc.
Da alta sociedade de Philadelphia din que de nova era un pouco lixeiriña de cascos , algo que parece que herdaron os seus fillos, pero o casar con Rainiero converteuse de verdade en algo que xa era de sempre: unha princesa.
A súa filla Carolina e a súa neta Carlota teñen bastante da súa beleza pero non a alcanzan.
Disculpádeme esta nota rosa , pero so polas fotos xa o agradeceredes (eles i elas).
Nota: o video non é meu


O Outono xa nos ronda




Remata o vran ,e chega a caída da folla, xa non teremos imaxes tan plácidas como as que poño abaixo pero hai que empezar a adaptarse a nova estación. Como resumo do vran poño algunhas fotos de momentos bos para lembrar.

"Al mal tiempo buena cara"



lunes, septiembre 17, 2007

Boa saúde para Higinio Gulías


Hai poucos días o actual presidente do CB Lalín e pai dos noso amigos Juan e Jorge ,foi sometido a unha intervención comprometida pola que xa levaba un tempo agardando.

Polas novas que chegan Higinio recupérase moi ben e parece ser que non é un doente moi paciente, o cal é un bo sinal.

Dende aquí desexamoslle unha rápida recuperación e velo por Lalín que nos ten que pasar o carné deste ano a moitos.


Un saúdo a todos os Gulías, aínda que en realidade sexan de A Estrada.

Foto de Rafa para os artigos en Vieiros


Seica Rafa vai cambiar a foto que ten agora nos artigos de Vieiros por esta que me chegou dende Madrid. Noraboa pola falta de complexos.
Todos lamentamos a derrota dos rapaces do baloncesto no Eurobasket, porque estes non son como os de fútbol e ademais hai entre eles grandes figuras non como os mariquitas do balompé, por iso entendemos o asunto do mimetismo.

Camisetas, himnos e bandeiras aparte, deberonno pasar ben en Madrid estes días todos os amigos que alí estiveron con Rafa: Chisco, Pallax, Alfonso, Rocco, etc.

Un saúdo rapaces e visitade o artigo de Rafa en Vieiros para que vexades que non toleou ,¿ou sí?

viernes, septiembre 14, 2007

Illas Croatas e outras cidades





Na viaxe fixemos visitas a varias cidades e vilas e si de verdade queres coñecer Croacia tes que coller un barco para achegarte as illas.
O video empeza pola cidade-illa de Trogir, unha illa moi pequena pegada o continente onde so cabe a propia cidade. As súas rúas son pequenas e bonitas e ten unha praza da Catedral fermosa. Foi unha cidade estado independente que se enfrontou a Venecia no Renacimento.

Despois aparece Mali Ston, unha vila nunha bahía que parece un lago onde se cultivan mexilóns , ostras,etc. As ostras boas, os mexilóns moi malos. Comemos nun bo restaurante. A cidade ten unha curiosa muralla pola montaña.

De Mali Ston cara a Orebic onde collemos o Ferry co coche dentro para ir a grande Illa de Korcula, a patria de Marco Polo. A capital é a cidade do mesmo no nome e ben merece unha visita, os hoteis alí son vellos. O mellor é disfrutar do mar, coller unha lanchiña ou canoa e visitar as moitas illas pequeniñas e praias que hai na súa costa: pódese ir ben tranquilo porque o mar semella unha balsa de aceite.

Máis Illas: as Elaphiti, formadas por Lopud , Kolocep e Sipan. Pódense visitar nun día dende Dubrovnik e teñen praias, bosques e fermosas casas e igrexas perdidas, moitas eran de veraneo da nobreza de Dubrovnik.

Finalmente sae a Illa de Lokrum que está a 2 Qm de Dubrovnik, 15 minutos no barco, A illa ten un mosteiro e un parque botánico, é un lugar perfecto para un día de praia nas súas calas. Ten un pequeno lago de auga salgada chamado Mar Morto pola súa alta densidade.

A música do video é do famoso cantante croata Ibrica Jusic que escoitamos cantando entre as murallas de Dubrovnik nun encantador concerto. A canción é "u svakum slucaju te volim". Manda carallo


jueves, septiembre 13, 2007

Apertura de Viajes Sierra


O meu amigo Marcos Sierra, tamén coñecido por Choper , vai abrir a súa propia axencia de viaxes na capital de Galicia. Marcos leva xa moitos anos cunha ampla experiencia e solvencia no sector e agora que vai ser pai aventurase en solitario.

Eu e moitos amigos temos viaxado por xestións de Marcos cun bo resultado e recomendo dende logo a súa nova axencia. Durante moitos anos especializouse en viaxes de neve ,no que é un fenómeno ,pero as suas apostas hoxe son moito máis ambiciosas.

Viajes Sierra está na rúa Montero Ríos 46 de Santiago e o teléfono é 881979138.

Sorte na aventura e bicos a toda a familia

Unha receita simple con pementos do Arnoia

Algo moi simple e tradicional: Pementos de Arnoia fritidos con sardiñas en aceite e tomate aliñado.

O único que hai que facer é poñer a fretir en aceite de oliva virxe extra uns pementos de Arnoia en tiras a lume medio durante uns 7 minutos, escurrir un pouco e salgar con sal gorda. Aliñar uns bos tomates de tempada con aceite e un vinagre bo, botarlles un pouco de ourego por riba. Por último abrir unha latiña de sardiñas en aceite de oliva, eu recomendo a marca A Churrusquiña. Posteriormente montar como vedes na foto e a Papar. Un manxar nutritivo e san en menos de 10 minutos.

Esta receita tan "minimalista" abre unha sección de receitas simples para cociñeiros non avanzados e que teñen pouco tempo para adicarlle a cociña. Foi unha suxerencia de Enrique Gutierrez que lle agradezo


Solucións para os nenos nos blogs

Din que hai quen se molesta porque os nenos saian nos blogs, penso que atopei unha solución.


miércoles, septiembre 12, 2007

Pementos de Arnoia


Do Ribeiro todos coñecemos o viño, pero alí teñen tamén outro tesouro na súas hortas: os pementos de Arnoia. Agora estase rematando a súa tempada polo que si aínda non os comestes recoméndovos unha visita as mellores froiteirías do país.
Distinguense por varias cualidades son rechonciños, verdes e cun potente arrecendo a pemento. De sabor non son picantes, máis ben doces e valen para comer sos ou acompañados
Fritidos, asados, crus,recheos ou conservados, son unha delicia con máis garantías que os de Padrón pero menos promocionados.
En Paparevivir colgarei próximamente algunha receita cos Pementos de Arnoia,un dos productos máis sabrosos de Galicia

Mostar e Bosnia i Herzegovina



Bosnia i Herzegovina limita por moitos quilómetros con Croacia, para Croacia queda a costa, para Bosnia as montañas, salvo unha pequena saída o mar a media hora de Dubrovnik.
Chegar a Mostar, Patrimonio da Humanidade, leva hora e media dende alí por estradas deficientes, o entrar en Bosnia nótanse grandes diferencias, máis pobreza e máis estragos pola guerra especialmente cruenta. Empezanse a ver mezquitas pronto, maioría musulmana, como na pequena e bonita vila de Pocitelj.
A estrada vai subindo polo curso do Neretva, que foi todo zona de grandes enfrontamentos, ata chegar a Mostar que se atopa entre montañas. Na zona nova da cidade moitos edificios amosanse sen recosntruir, asusta certamente a pesar da tranquilidade actual. Despois entrase na zona vella, completamente reconstruida onde destacan a ponte que fora totalmente derruida no 93.
Mostar foi unha das cidades claves da guerra e chegou a estar dividida en 3 bandos, foi arrasada polos serbios e cometeronse moitas accións de limpeza etnica na Guerra entre 1992 e 1995. Pero non so os serbios destrozaron Mostar, os croatas tiveron moito que ver tamén.
Mostar impresiona e paga a pena a visita, lástima que non chegaramos ata Sarajevo.



O video da voda , por fin.

martes, septiembre 11, 2007

Telefónica = Merda

Onte a miña liña de teléfono deixou de funcionar e tamén o ADSL, polo que aínda non subín as fotos, non vos preocupedes que teño alternativas.
A Teléfonica dicirlle que son uns fillos de puta , teñente 3 horas o aparato e logo despois de recoller a informción din que en 48 h xa te avisarán do que pasa. O certo é que en Lalín nas últimas semanas o Servizo da pena, haberá que pensar en R

lunes, septiembre 10, 2007

As Fotos da Voda


Non vos impacientedes, moi pronto, HOXE, as fotos da Voda, "take it easy" meus que hoxe é Luns do Monserrat.

viernes, septiembre 07, 2007

"Cochinillo" en Cándido



Nas vacacións tamén tivemos a oportunidade de facer unha visita relámpago a cidade de Segovia desviandonos un pouco do camiño de Madrid. Chegábamos as 3 e media e non había moito tempo para buscar restaurante así que paramos na famosa terraza de Cándido xusto baixo o acueducto. Todos lembraredes o finado Cándido que se facía chamar "Mesonero Mayor de Castilla" e partía os porquiños cun prato.

Pois alí naquela magnífica terraza degustamos como non a especialidade, un tenro e sabroso leitón que fixo honra a fama de tan famosa casa, din que hoxe hai mellores sitios en segovia pero non había tempo de buscar.

Tamén valeu para contrastar algo que xa sospeitaba: hai algúns meses nun restaurante de Lalín meteronnos un clavo importante, entre outras cousas pediramos tamén "Cochinillo Asado" e dende logo que a ración non era máis xenerosa nin mellor que a de Cándido pero o seu prezo na conta chamaba a atención: 24 euros que non os valen dous porquiños. Alí en Cándido , nun lugar de sona, non precisamente barato, baixo o marco incomparable do acueducto e pertiño de Madrid a ración vai a 19 euros.
Que queredes que vos diga...

Dubrovnik

Coñecida polo sobrenome de "Perla do Adriático" é a capital da Dalmacia do Sur, a parte máis meridional de Croacia.

É unha cidade fermosa, pequena e a súa zona máis antiga está rodeada dunhas grosas murallas, no interior delas despréganse as rúas dunha cidade moi coqueta, feitas dunha branca pedra brilante que nalgunhas zonas semella un espello. Ten unha pequena Catedral e varios templos máis doutras confesións (Ortodoxa e Xudea) . Destaca tamén un pequeno e vello porto que hoxe en día é o punto de partida para as excursións as moitas illas que rodean a cidade. Para empezar o mellor e pasear pola Placa, a rúa principal, chea de terrazas e tendas (pouco que comprar e caro). Os pequenos calexóns están cheos de restaurantes, casi todos moi similares cunha clara influencia italiana e con comida do mar , dende logo peor que a galega. Hai varios restaurantes fermosos e recomendables nos que da gusto cear vendo o mar e desfrutando das boas noites de verán. Tamén hai un lugar único: unha terraza pegada o exterior das murallas , nos cantís , sobre as rochas, polo día ou pola noite é un lugar singular.

Na historia de Dubrovnik destaca sobretodo que foi una cidade- estado : A República de Ragusa , que vivía ricamente do comercio marítimo, de ahí o seu esplendor. Deixaron pegada nela os gregos, logo os romanos, despois os turcos, o Imperio Austro-Húngaro. Hoxe en día lémbrase moito Dubrovnik polo seu bombardeo polas tropas serbias no ano 1991 e que destruiu boa parte da cidade, no que se considera un erro dos serbios cara a opinión pública: Dubrovnik carecía de importancia estratéxica, pero os serbios querían destruir un símbolo croata, as voltas ó mundo da destrucción dunha cidade Patrimonio da Humanidade fixeron crecer a antipatía internacional cara os serbios. Hoxe atópase totalmente reconstruida, casi non se nota, e os croatas non lles gusta moito rememorar a guerra. Hai un pequeno museo coas fotos da destrucción.

A verdade é que hoxe Dubrovnik é unha cidade principalmente turística, a que ainda lle faltan infraestructuras para atender ben os visitantes, sobretodo hoteis e estradas. Dende logo non pensedes que é barata, xa que é unha das escalas dos grandes cruceiros.



Dentro de aproximadamente unha semana Carlos e Marta estarán alí, disfrutade.


Unha voda especial


Mañán Marta e Carlos casan, trátase dunha voda especial para a gran parte dos que vedes Paparevivir e dende logo para min. Son dous dos meus mellores amigos, dos que sempre están ahí.
Non teño idea de cando coñecín a Carlos, eramos demasiado novos para lembralo, aínda viviría enriba da Morena, e temos vivido moitas cousas xuntos dende nenos, como con Rafa e Miguel. "Los Halcones", Rafa i eu no "AZ", o Zoo que fixemos na súa casa, as gamberradas nas obras, as guerras con Osorio, Don Jorge, o premio de "La Casera", as primeiras rapazas (máis ou menos as mesmas para todos), as primeiras mamadas, dende logo o Balonmán no que naceu "Látigo",xabaríns e miniorquídeas, os inesquecibles anos de Santiago, o submarino de Casco, o xeo na cama, a volta a Lalín, traballar, as montañas e os bosques, as grandes e boas papatorias, as viaxes, os castelos...e o que ainda está por vir.

Marta apareceu despois pero rápido conectou con todos "SIIIIIIIÍ BUENO LIBÉLULA" pero a sobriña rubia de Balado de Santiago (bueno a Grela) xa estaba no punto de mira nos tempos de antes de Ganchito...Tamén lle gusta papar e ainda non sei se dixeriu de todo un bloque de queixo que comeu unha vez, festeira como todas (un chisco menos que María C.) , ten medo a baixar costas empinadas que lle fan insultarme de cando en vez, lista e aguda, tamén sentida: unha gran amiga.


Para os dou FELICIDADES e mañán o imos pasar de cine.

domingo, septiembre 02, 2007

Sobre a morte de Puerta

Todo o país conmocionouse coa morte do xogador sevillista, principalmente por ser alguén famoso, novo, deportista e tamén porque o comenzo da súa crise foi televisada. Realmente é unha mágoa o que pasou, pero neste post vou tratar de botar algo de luz sobre algúns puntos que seguro que para moitos de vos son unha incógnita.
Fálase moito de que puerta morreu por crises de arritmias que lle provocaban paradas cardiacas e que se foron reanimando pero finalemente o organismo do futbolista non resistiu tanta inestabilidade e tanto déficit prolongado de osixenación.
Supoño que nos pasados días escoitariades términos como arritmia ventricular, fibrilación ventricular ou desfibrilador automático e estades un pouco perdidos polo que vou tratar de explicar algunhas cousas:

- Arritmias ventriculares e Fibrilación Ventricular (FV): as arritmiasventriculares son irregularidades severas producidas nos ventrículos do corazón e que afectan gravemente o ritmo cardiaco e poden provocar unha parada e a morte. A máis grave destas arritmias e a FV, nestas arritmias a conducción eléctrica no corazón é caótica e o corazón non logra producir latidos polo que entra en parada. A FV non sucede nun corazón sano (salvo excepcións coma un raio ou un gran traumatismo torácico) e normalmente está relacionada cos IAM. Cando sucede en xente nova ou deportistas está máis relacionada con problemas cardiacos que so se evidencian cando hai unha situación de esforzo intenso. A solución clave para recuperar unha FV é unha Desfibrilación.



FV . Unha descarga e ritmo normal

- Desfibrilador: é o aparello para desfibrilar, ou seña, dar unha descarga que por dicilo dalgún modo resetea o ritmo eléctrico do corazón para tratar de que entre nun ritmo normal. Esa descarga debe aplicarse sobre o peito e ten unha intensidade importante: a mínima nun adulto e de 150 Julios. Hoxe en día hai varios tipos de desfibriladores, uns son os Manuais e son os que usamos os sanitarios de emerxencias: evidenciamos o ritmo cardiaco pola pantalla e se vemos unha arritmia ventricular maligna damos a descarga correspondente. Outros son os Desfibriladores Semiautomáticos (DESA) que unha vez postos en marcha teñen un programa que lles permite detectar con seguridade esas arritmias , recomendando unha descarga polo que xente non sanitaria pode pulsar o botón para dar unha descarga. Éstes están en todas a Ambulancias convencionais do 061 e en algúns lugares estratéxicos pero queda bastante ainda por facer e sobretodo precisan dunha pequena formación porque ademais hai que combinar o seu uso con maiobras de Reanimacón Cardiopulmonar (RCP). Galicia é unha das comunidades pioneiras na súa utilización e xa teñen salvado moitas vidas pola mediación do 061.


Un Desa cos parches para colocar no peito do paciente

A Antonio Puerta no campo doulle unha FV limitada polo que recuperou e pensou que tiña un mareo, despois nos vestiarios sufreu outra/s FV coas paradas correspondentes que foron revertidas polo uso dun DESA por parte dos médicos do Sevilla, logo tivo varias máis xa con persoal sanitario de emerfxencias e UCI, neste caso xa se utilizaron os manuais (son máis rápidos). Toda esa cascada de arritmias e paradas foi dañando o seu cerebro e a súa capacidade de bombeo polo que moitos órganos veronse afectados (ril, figado, cerebro, etc.) por eso entrou nun fallo multiórganico e faleceu.

Exposición de Nicolás en Ourense




O vindeiro día 6 de Setembro meu pai inaugura exposición na cidade das Burgas. É unha colección de 18 pinturas baseadas nas súas experiencias en Costa de Marfil e como podedes imaxinar están cheas de cor.

Das exposicións que ten feito meu pai e sen dúbida a que máis me gusta e creo que ten cadros moi bos, o que máis me gusta particularmente e o Tuareg que podedes ver aquí, e que me tomo a licencia de poñer sen o seu permiso.

A inauguración será o próximo xoves 6 as 20:30 na Galería Visol de Ourense que está na Rúa de Santo Domingo, no centro da cidade.

Croacia


Como moitos sabedes pasemos uns días de vacacións en Croacia. Eu cheguei medio enfermo e finalmente pillei unha neumonía pero a pesares deso pasei uns bos días nun país que me resultou bastante curioso e interesante.

Empezamos a estancia en Dubrovnik onde tiñamos o hotel, e unha cidade pequena e fermosa, mmoi turística pero con moitos encantos. Non se ven prácticamente as feridas da guerra pola meticulosa restauración feita pola Unesco. Ninguén diría que a cidade foi destrozada polos bombardeos de 1991.

Nos seguintes días visitamos algunha das fermosas illas, as Elaphiti, que hai cerca de Dubrovnik e logo alugamos un coche e subimos cara o Norte. Nese percorrido adentramonos no interior e fumos ata Bosnia e visitamos a cidade de Mostar, cunha zona antiga fermosa ben reconstruida e a famosa ponte destruida na guerra. En Mostar sí que se notan ben os efectos da guerra, moito máis cruenta e ainda hoxe hai unha chea de edificios derruidos . Logoi subimos ata Trogir, unha bonita vila histórica que é na súa totalidade unha pequena illa. Nos días seguintes baixamos ata a Illa de Korcula, berce de Marco Polo, pasando por lugares como Mali Ston ou Orebic, foron días de mar e viaxes en Ferry co coche, cousa que alí se usa moito.

Ben , nos días seguintes irei poñendo fotos dos diferentes lugares, falareivos da comida e darei algunha recomendación por si algún ten pensado ir ata alí agora que se está a poñer de moda

Novo Curso no blog

Rematou Agosto e poñerei outra vez o blog a andar despois do parón estival. Voltarei os contidos tradicionais de gastronomía, viaxes, restaurantes e algunha que outra chorrada variada.
Como sempre lembrar que entrar nun blog e algo voluntario polo que si a algún lle disgustan os contidos ten unha solución doada, pero sempre se aceptan suxerencias e colaboracións para facer o espazo mellor e máis entretido.