martes, agosto 21, 2007

Ataque o noso himno

O diario El Mundo, tabloide famoso por unhas mochilas, ven de meterse co himno galego e a súa letra a raíz dunhas palabras de Anxo Quintana, que dende logo comparto, nas que expresa o seu desexo de que todos os nenos coñezan a letra de Pondal, algo por certo que se ven aprendendo na escola antes de que os empregados de Pedro J. Piscinas caeran da burra.
O artigo de El Mundo é unha verdadeira bazofia propia dunha mente infantil e noxenta, inspirada seguramente nas fabulacións de Jimenez Losantos. Que gran descoñecemento de Galicia, non sei cal é a relación de El Mundo con El Correo Gallego pero pola miña parte propoño un boicot a eses periódicos que se venden xuntos.
Deixovos unha artigo de Xornal.com onde se fai referencia. Por certo a Pondal chamanlle Arturo Pondal


El Mundo cree que la letra del himno ataca a los que no saben gallego

El diario acusa al vicepresidente de la Xunta de querer que los niños "conozcan y sepan cantar los versos del himno gallego", en el que interpreta que "se califica de ignorantes" a los que no comprenden el gallego.

El diario El Mundo, que en Galicia se distribuye con El Correo Gallego, ha acusado al vicepresidente de la Xunta, Anxo Quintana, de querer que los niños gallegos "conozcan y sepan cantar los versos del himno gallego", en el que -interpreta este diario- "se califica de ignorantes e imbéciles a los que no comprenden la lengua autonómica". La distribución del diario El Mundo en Galicia está subvencionada por la Xunta de Galicia, donde ahora gobiernan PSOE y BNG.El himno oficial de Galicia, basado en un poema de Eduardo Pondal, con música de Pascual Veiga, ha sido aprobado por el Parlamento de Galicia, con el apoyo de todas las fuerzas políticas. Es la primera vez que suscita división en público.Para El Mundo, en lo que llama "la canción" denominada "Los Pinos", se califica de "buenos y generosos" a "los que entienden la voz gallega", pero arremete contra "los que no comprenden dicha lengua, a los que no duda en tildar de ignorantes, fieros y duros, imbéciles y oscuros".Dicho medio señala que el vicepresidente de la Xunta consideró, durante la Fiesta del Gaiteiro celebrada en Soutelo (Pontevedra), que la letra de Pondal expresa la lucha de un pueblo en defensa de su lengua y de su identidad. De paso, El Mundo acusa a Quintana de eclipsar "incluso al presidente de la Xunta, Emilo Pérez Touriño", y recuerda que "el BNG también ha propuesto retrasar una hora el reloj en Galicia para adaptar el huso horario de esta comunidad al portugués, bajo la jusfificación de que ésa es su hora natural".La información añade que el BNG también ha presentado una iniciativa en la que "anima a la Secretaria General de Política Lingüistica a fomentar la fabricación de muñecas que hablen en gallego y a tomar otras medidas para la galleguización de juguetes dirigidos a los más pequeños".Según El Mundo, la reciente aprobación de un decreto de enseñanza en lengua gallega "obliga a impartir en gallego las materias troncales como Matemáticas, Ciencias de la Naturaleza o Sociales, por lo que el castellano quedará relegado al Lengua, Gimnasia y Plástica".>> OPINIÓN: Alucinante, moi alucinante

Rumbo a Croacia



Hoxe pola noite María e máis eu chegaremos a Dubrovnik, a perla do Adriático, para pasar uns días nas costas da Dalmacia croata.
Xa vos contarei do país, da comida , das visitas, etc...

viernes, agosto 10, 2007

Algarabía 2007





Con certo retraso fálovos da 23 Algarbía de Lalín, unha festa que perdura o través dos tempos gracias a iniciativa popular e o traballo de O Naranxo, que por certo non é so KG. Eu disfrutei do sábado primeiro co desafío do xogo do pañuelo, a partida enfrontaba a unha representación do PSdG de Lalín, a que eu cheguei polos pelos (rematara tarde en Laro), cos do BNG (que incompareceron) contra os de O Naranxo. Gañamos nos pero no non gracias a min, foron Ana , Adriana e Bea con Montilla de estrela invitada.

Logo degostamos as empanadas de casquería fina de Miguelito Calvo & Co., deitamonos en colchóns, comemos no Currás, xogamos a xogos populares: a comba , a pelota, guerra de globos, etc. Pintamos con ceras, escoitamos pola mañán a Nanuk versioneando a Radiohead e pola tarde música braseleira. Pola noite xa máis potencia con grupos como Skarmento. Moi intenso e divertido sen importar as idades.

Seica o domingo estivo moi ben pero o meu corpo xa estaba mallado.

Agradecer a O Naranxo o seu traballo e sobretodo a Kg e a Celsiño que si non existira en Lalín o noso pobo sería un pouco máis miserable.

Paseando a noitiña



Paseando cando cae o sol pódense atopar fermosas imaxes dende San Vicente: o Faro de Ons ou a Illa de Sálvora.

A pasear polas noites rapaces.


Paparotas de vran


Como ben vos podedes imaxinar no vran unha das cousas máis habituais é papar, cos amigos coa familia, todo o mundo aproveita este tempo para desfrutar dunha boa mesa.

Levo xa varias paparotas no vran, xa falarei dalgunha, do mellor ata o de agora a cea do meu cumpleanos con María na Toxa, a da despedida de Carlos no Nito de Viveiro, unhas impresionantes sardiñas no chiringuito do Carreiro. A foto que vedes e de finais de Xullo no Restaurante O Cruce de Vilatuxe, a de Canda, a finais de Xullo , onde fumos comer uns estupendos chuletóns de a Quilo. Estaban impresionantes eso que non é a especialidade da casa: a croca. Pero non so de carne vive o home e sempre teñen algún pescado, marisquiño de entrante ou pulpo. Estase a converter nunha das referencias gastronómicas da zona, esperamos que manteña os prezos.


Actualizando dende o Naútico



Aquí estou dende o máis famoso local de praia das Rías Baixas ó ladiño da miña casa actualizando o blog gracias o WiFi de Miguelito.
Vai moita calor pero agora na sombriña estase como un rei, coa cervexiña e presto para pegarme un baño.
Aquí no Naútico prevese hoxe unha das actuacións potentes do vran cos Ronaldos e algúns membros de Pereza. Os de Pereza xa levan días pola zona e xa fixeron algúnha colaboración no escenario. Tamén está o cantante Quique González que hai un anaco que se foi deitar ,tras baixar eu, despois dunha longa noite.

E dicir que El Naútico segue como sempre con actuacións pero este ano sen publicidade, seguramente haberán de caer pola Barrosa algúns clásicos como DeLuxe, Ivan Ferreiro, Antonio Vega, Eva Hache, etc pero Miguel administra a información moi amodiño e con misterio pois o desta noite tampouco se da por totalmente seguro.
Un saúdo e viva a praia