lunes, julio 30, 2007

Lúa chea de vran

Estes días de tan boas temperaturas quedan unhas noites para disfrutar cunha lua chea que é máxica neste tempo ,ben sexa na costa reflexandose nas augas calmas das rías ou en Lalín por riba dos carballos, paga a pena saír a pasear. Hai que darlle o bronceado un tono de prata...



Para crear máis maxia eu recoméndovos escoitar neses intres músicas como as de Franco Battiato, un vello fenómeno italiano:
" Yo quiero verte danzar como los zíngaros del desierto, con candelabros encima o como los balineses en días de fiesta...". ¡Que grande!
Lembreime del o pasado venres tomando a noitiña unha cervexa con Tin no chiringuito do Carreiro, algo que recomendo.




Pena que non leve as gafas postas.

Os rapaces na praia




Benvido vran, fuches moi criticado mentras estabas fora.

Entre os que máis disfrutan desta estación na praia están os cativos que van descubrindo moitísmas sensacións na area e na auga. Non se pode dicir que seus pais non o pasen ben con eles, dende logo que non. Ainda que o padriño de Batman vai ter que vir socorrer o seu afillado, un saudiño Alfonso que xa debes estar afogado en Madrid.

jueves, julio 26, 2007

Ralentizando

Paparevivir baixará o seu ritmo polo vran e as vacacións. Os poucos contidos que irán aparecendo serán máis de lecer que a "solemnidade" da pasada semana.
En Setembro recuperaremos o ritmo con folgos renovados.

O meu artigo sobre Galicia: "Nación e ameazas"


Neste 25 de Xullo e continuando o camiño emprendido hai días por grandes amigos meus ,cos que comparto moitas das distintas ideas de Galicia por eles expresadas, tócame a min o difícil reto de situarme nuhca definición ou crítica do que significa ou por onde camiña o noso país: Galicia.

Houbo certas críticas a algúns dos colaboradores por non ter sido excesivamente orixinais, pero non era diso do que se trataba, non eran os obxectivos facer disertacións intelectualizantes para cerebros escollidos , tratábase principalmente de recoller ideas e sentimentos que non por repetidos deixan de ser fermosos ou interesantes.
Moitas Gracias a todos eles e disculpas a todos vos por non acadar eu o nivel dos precedentes.


Nestes tempos que corren cando se fala de Galicia parece que compre a obriga de facer unha definición e tomar partido sobre qué é esta Terra, eu dende logo non vou agochar a miña: Nación.
Xurdirán desta aseveración críticas ou loubanzas máis non é o pretendido. Ninguén poderá trocarme nesta idea, supoño que dun xeito moi similar a quen manteña a mesma opinión ou outras opostas . O ler esto moitos dirán que son nacionalista por pensar así, e certamente confúndense, ¿ é un portugués ,un sueco ou un uzbeko nacionalista por definir as súas patrias como nacións? Dende logo que non ¿son nacionalistas somentes os que pertencen a unha nación sen estado? Tampouco parece o correcto .
Penso que xa é tempo de reinvindicar o dereito de recoñecemento de Galicia como nación sin calificar a ideoloxía das persoas.
Pero para que a controversia non pare lanzó outra polémica cuestión ¿pódese un sentir tamén un chisco español dende o convencimento de que Galicia é unha nación? Sí por suposto, si viviramos hai nove ou dez séculos probablemente esta afirmación sería incorrecta mais hoxe temos unha ampla historia común que abrangue achegamentos e tamén distancias, opresións e tamén axudas, loitas pero tamén amistade, que nos achegan o resto de pobos e nacións do que hoxe coñecemos por España.
Dentro da importancia que baixo a miña óptica ten a cuestión da identidade e definición do país , coido que hoxe non é a máis grande preocupación desta terra, anque faise necesario xa un acordo para o avance nese eido . Parece máis alarmante que moitas das señas de identidade que conforman Galicia estean hoxe ameazadas. Claro está que non é un problema recente, son ameazas larvadas que dan máis a faciana canto máis se tratan de recompoñer, por eso non é de estranar que nestes últimos tempos estean máis presentes. Podería falar de moitas pero vou focalizar a miña diatriba tomando dúas delas como exemplo, moi significativas e que teñen camiñado dun xeito tristemente paralelo: o idioma e a paisaxe/ territorio.
A realidade da lingua de Galicia, o galego, é ,sen dúbida, preocupante. Os galego falantes son cada día menos, un neno falando galego nunha das nosas cidades semella hoxe unha “rara avis” digna de atención . Eu pertenzo a unha xeración que non escoitou o galego nas aulas ata os 11 anos e por riba esa asignatura foime explicada en castelán, polo que é ben doado explicar a miña (e da miña xeración) predominancia do castelán.
Recentemente dicía Díaz Pardo que o galego corre o risco de se converter nunha lingua cerimonial. Seguramente non lle falta razón, pero temos medios para detelo i eses instrumentos están sobretodo no ensino dos nosos rapaces. A pesares da gravidade da situación, actualmente existen entre os galegos moitos detractores do noso idioma , que tendo durante vinte anos o deber e a oportunidade lexislativa son quen de oporse hoxe a igualdade entrambas linguas. Xa non basta coas agresións propias doutros idiomas globalizantes , chegamos nos como inimigos propios. Si se perde a lingua perderase gran parte da nosa cultura, dos nosos vínculos como tribu, en definitiva podería chegar a perderse a nación que por agora somos.
Non menos preocupante é o caso do territorio, A Terra, sempre tan unida ós galegos, enraizada no máis fondo de nos. O aspecto da paisaxe de Galicia ten seguramente mudado máis nos derradeiros 70 anos que nos 2000 anteriores, non é esa unha exclusividade do noso país, pero sí que os nosos cambios son moi marcados. Co pretexto do “progreso” téñense secuestrado ríos, enchido rías de lixo , mudado por completo a tradicional cuberta vexetal e forestal dos nosos extensos e fermosos montes, etc. Hoxe queixámonos de incendios, inundacións ,etc. ¿De qué nos estranamos? O raro sería que esto non sucedera, non se pode variar a natureza sen tempo para que se adapte. ¿Cómo non van arder os montes si están cheos dunha árbore pirofila da Oceanía? ¿ónde están os bosques autóctonos da franxa atlántica?. O poder empresarial e a avaricia de moitos galegos teñen arruinado eses montes , tamén a necesidade, non debemos esquecelo
Coñecemos por outra banda as necesidades enerxéticas do progreso e sabemos que a nosa terra é rica nesas forzas, pero o noso territorio non ten recibido ningunha compensación por ese grande sacrificio .Como no caso da lingua non lle podemos botar sempre a culpa ós de fora, hai grandes corporacións que se din galegas que son as principais autoras dese expolio pero nos aínda premiamos a eses empresarios. Namentras os nosos ríos vanse transformando nunca sucesión de saltos artificiais e a estética doce dos lombos dos nosos montes énchese de aparellos que cando xiran envían cartos para fora deixandolle unha miseria ós propietarios dos terreos.
Mais a nosa terra ten grandes cualidades, a súa fortaleza e a posibilidade de rexeneración son das súas virtudes, moito do estragado é irrecuperable pero temos tempo de salvar grandes valores. Para conquerilo non debemos ser tolerantes cos que nos estragan a terra, porque esas feridas ,como as que están a desgastar o noso idioma provocan fendas irreparables na nosa identidade e no patrimonio que por decencia e obriga lle temos que deixar os galegos que por moitos séculos (agardo) virán detrás.
Non quería rematar deixandovos únicamente o sabor do pesimismo, en termos médicos un diagnóstico serve para tomar decisións e curar : confío en que os galegos dunha vez por todas sexamos capaces de darmos conta de que o futuro desta terra nunca foi tan noso como ata agora, porque temos os intrumentos necesarios e podemos, si traballamos xuntos, ter máis.

miércoles, julio 25, 2007

Extracto da Alba de Groria , Castelao. 25 de Xullo


Alba de Groria





Miñas donas e meus señores:





SI NO ABRANTE d-este día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla d-unha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, té as rías de Pontevedra, oureladas de piñeraes; dende as serras nutricias do Miño o a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas d-entrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria. O día de festa comenza en Sant-Iago. A torre do reló tanxe o seu grave sino de bronce para anunciar un novo día, e de seguida comeza unha muiñeira de campás, repinicada nas torres do Obradoiro, que se comunica a todol-os campanarios da cibdade. Pero hoxe as campás de Compostela anuncian algo máis que unha festa litúrxica no interior da Catedral, con dinidades mitradas e ornamentos maravillosos, de brocados e ouros, con chirimías e botafumeiro, capaz de dar envexa á mesma Basílica de Roma. Hoxe as campás de Compostela anuncian unha festa étnica, filla, tal vez, d-un culto panteista, anterior ao cristianismo, que ten por altar a terra nai, alzada simbólicamente no Pico Sagro; por cobertura o fanal inmenso do universo; e por lámpara votiva, o sol ardente de xullo, o sol que madura o pan e o viño eucarísticos. Por eso a muiñeira de campás, iniciada en Compostela, vai rolando por toda Galiza, de val en val e de coto en coto, dende os campanarios pimpantes da veiramar até as homildes espadañas da montaña. E o badaleo rítmico das campás -de todal-as campás de Galiza en leda algarabía- semella o troupeleo dos cabalos astrales, que veñen pol-a vouta celeste, turrando co carro de Apolo, que trai luz e calor ao mundo en sombras.





Hoxe é o Día de Galiza, e así comenza.





Así dá comenzo a solemnidade d-este día; a Festa maor de Galiza, a Festa de todol-os galegos. Pero ninguén pode sentila, coma nós, os emigrados, porque en tal día coma este revivien as lembranzas acuguladas, e coa moita destancia agrándase o prodixio da patria. Hoxe a nosa imaxinación anda por alá, en festa de saudades, escoitando as cántigas montañesas e mariñeiras que van para Compostela, vendo o noso país embandeirado de azul e branco, con músicas, gaitas, pandeiros, aturuxos e foguetes... E dispóis de evocar o repique matutino das campás -mal ou ben, ao xeito de Otero Pedrayo-, eu podía evocar igoalmente, todol-os lances xubilosos d-este día, hora a hora, minuto a minuto. Pero ¡cómo se tornan tristes as alegrías evocadas lonxe da patria! ¡Cómo doen as ledicias arrincadas do recordo da nosa mocedade! E cómo para min é certo o que dixo o mellor poeta da nosa estirpe:





Sen tí perpétuamente estou pasando


Nas maores alegrías, maor tristeza


lunes, julio 23, 2007

Primeiros días en San Vicente



Antes de ir a Despedida de Carlos pasamos dous bos días en SV. Aproveitando que María libraba xoves e venres tiramos cara a costa a tocar un pouco a praia. Foron bos días que coincidiron co meu cumpreanos, e que foron moi agradables por María e polo meu sobriño Xosé que como vedes está moi gracioso.

Despedida de Carlos






Como sabedes moitos fumos a Viveiro esta fin de semana pasada a festexar o próximo casamento do amigo Carlos. Pasámolo realmente ben e penso que foi unha despedida digna para o homenaxeado que debeuno pasar bastante ben. Culminamos os festexos cunha gran cea no Restaurante Nito e despois polas rúas de Viveiro. Hoxe supoño que estaredes todos malladiños, ánimo os que tedes que traballar ou viaxar.


Ahí tedes varias fotos , na de grupo faltan Kali e Guli que quedaron no apartamento vendo unha peli de Manolo Escobar, manda carallo...Na outra atención a xugular externa de Dani, toda unha tentación para un enfemeiro

A retirada de "El Jueves"

Confésome moi sorprendido e ata indignado pola retirada xudicial do semanario humorístico a instancias do Fiscal General del Estado. Quixen informarme máis do tema e sobretodo do que di o Código Penal xa que descoñecía o que din eses artigos relacionados coa "Corona":



Artículo 490.3 del Código Penal.-El que calumniare o injuriare al Rey o a cualquiera de sus ascendientes o descendientes, a la Reina consorte o al consorte de la Reina, al Regente o a algún miembro de la Regencia, o al Príncipe heredero de la Corona, en el ejercicio de sus funciones o con motivo u ocasión de éstas, será castigado con la pena de prisión de seis meses a dos años si la calumnia o injuria fueran graves, y con la de multa de seis a doce meses si no lo son.



Artículo 491 del Código Penal.-1. Las calumnias e injurias contra cualquiera de las personas mencionadas en el artículo anterior, y fuera de los supuestos previstos en el mismo, serán castigadas con la pena de multa de cuatro a veinte meses.2. Se impondrá la pena de multa de seis a veinticuatro meses al que utilizare la imagen del Rey o de cualquiera de sus ascendientes o descendientes, o de la Reina consorte o del consorte de la Reina, o del Regente o de algún miembro de la Regencia, o del Príncipe heredero, de cualquier forma que pueda dañar el prestigio de la Corona.



Parece claro que á vista do acontecido seguramente a Xustiza o único que fixo foi aplicar as Leis, que rixen no Estado, logo ¿cal é o problema? pois evidentemente a anacronía dos citados artigos, o rei e a súa familia mentres existan como Institución Constitucional merecen respeito pero non máis que o resto dos cidadáns, non son dende logo un jurista pero penso que todo cidadán ten o dereito a emprender accións legais si se sente inxuriado, porque hai que diferenciar logo á familia real no Código Penal: seguramente son eses artigos os que hai que reformarpara que non se repitan situacións tan desagrdables que nos retraen a outros tempos. Cando vin a Portada estaba ben claro que era unha inxuria pero seguramente que si me inxurian a min ou a calquera de vos nunca se reaccionará tan rápido nin con tanto alcance...

O sábado o enterarnos da nova ,estando con moitos amigos, sentímonos indignados coa situación creada e que logo cando por exemplo Tele 5 nos programas de cotilleo poñen a parir a Adolfo Suárez ,morto en vida con Alzheimer, non pase absolutamente nada.



Recoméndovos tamén que lle botedes un ollo o blog do compañeiro e deputado socialista por Vizcaya Eduardo Madina, aquel que perdeu unha perna nun atentado de ETA, de alí saquei eu a foto da portada que publico sen ánimo de ofender, únicamente para informar




NOVA PORTADA


Artigo de Suso de Toro sobre o 25-X

Recollo o artigo de Suso de Toro onte en El País, penso que pode aportar algo máis a nosa Semana de Galicia. Coincido en moitas cousas co noso grande novelista, outras son discutibles , pero non penso que lle falte razón cando di que agora os galegos debemos ser responsables dos nosos designios e non botarlle a culpa a outros, este ía ser un dos argumentos que tiña pensado usar no meu artigo, cada vez o teño máis complicado. Espero que Rafa, Sito, Carlos, Guli e o Anónimo non se molesten por compartir espazo de opinión co autor de Polaroid. Ja,ja,ja...

SUSO DE TORO
Nueva épica

Aquí viene el Día de Galicia, Día da Patria Galega, oficialmente Día Nacional de Galicia. Día raro, complejo, o sea muy gallego. Con caras contradictorias, muy gallego ya digo. Este día de varias patrias fue un día paisano, pero esa patria de infancia, la gran feria de caballos, pulpo y callos, olor a país agrario, ruidoso y sentimental, se ha desvanecido en el tiempo. Como todas las patrias verdaderas e íntimas. Hoy a la gente le llama más la toalla y la playa.

Quedan otras caras de ese día. Los peregrinos sudorosos nos recuerdan al Apóstol caminante manso. Pero siendo también día del patrón de España, la corona le hace una ofrenda a este apóstol que también fue símbolo guerrero de una nación xenófoba, antijudía y antimusulmana (excepto la Guardia Mora de aquel que entraba en la catedral bajo palio y fue llamado "Caudillo de España por la gracia de Dios"). Nos lo metían de niños: "Las armas victoriosas del cristiano/venimos a templar/en el sagrado y encendido fuego/ de tu devoto altar". No es poesía de altura pero expresa bien el nacionalismo católico español y la sumisión simbólica del poder político al religioso. Afortunadamente, hoy esa subordinación sólo es simbólica. Aunque, como en anteriores ocasiones, ya aprovechará el arzobispo para reñir al Gobierno por no obedecer a la política de los obispos, de su partido y su emisora. Son situaciones estrambóticas propias de una situación anacrónica.

Con todo, al renunciar a los simbolismos perdemos también memoria lejana: esa ofrenda expresa todavía hoy el reconocimiento del origen de la monarquía, aquel reino del Noroeste, ocultado en la historiografía castellanista vigente en España y en Galicia, pero evidenciado en esta vuelta simbólica de la corona a la fuente compostelana, que coronaba reyes. Hay otra cara del día, sin fusiles ni tiaras, una cara con cicatrices, que es la de los galleguistas en general y nacionalistas gallegos en particular. El Día de Galicia instituido por los galleguistas republicanos, evocado como se podía en los años sesenta en las misas a Rosalía acosadas por la policía. Pero hicieron falta los años setenta y casi ochenta, a fuerza de recibir golpes en las calles de Santiago los nacionalistas gallegos, para ganar ese día. Ahí está. Ya no hay gobernadores que prohíban ni policías que carguen, ni falta que hace. Pasó el tiempo de los sacrificios, también este nacionalismo es otro, un nacionalismo con políticos profesionales que administran y forman parte del poder político. Es una situación histórica nueva, la cultura de la protesta tropieza con esa realidad.

Sí, nos hemos quedado sin esa épica. Pero es la oportunidad para reflexionar. El nacionalismo gallego desde los años setenta tuvo un referente significativo en la izquierda abertzale. Ésta se caracteriza por una movilización radical contra un enemigo, España; un enemigo del que formamos parte, nadie se engañe, y por eso nos pusieron bombas aquí y nos las pueden volver a poner. A despecho de la realidad, de que viven en un país privilegiado y harto, hay jóvenes vascos bien nutridos que se creen víctimas y asesinan para ganar un pulso. Un delirio que no basta rechazar, hay que ofrecer una cultura política nacional que acepte la realidad.

La realidad es que Galicia hoy es un país rico. Preferimos no verlo, pero los emigrantes que vuelven y los inmigrantes que vienen de países realmente pobres lo ven. Incluso tiramos el dinero que envía Europa en puertos exteriores pareados y ciudades culturales en lo alto del monte, pero es culpa nuestra, no hay un opresor extranjero que nos obligue a ello. Este país no necesita una juventud al modo abertzale, necesita una juventud con orgullo, firmeza cívica y comprometida con su país a través de su trabajo, sus creaciones. Militancia cívica, exigencia y autoexigencia en el trabajo. Menos quejarnos, menos excusas y más exigir y trabajar, sería la consigna para este tiempo. Y el 25 de Julio, el día de la ciudadanía gallega, el día de un país con futuro. Esa debiera ser nuestra nueva épica. Podríamos olvidar las coartadas retóricas y echarle valor a la cosa.

Poesía Galega: Longa Noite de Pedra de Celso Emilio Ferreiro

Ahí vai un cachiño dunha das obras claves do grande poeta de Celanova, o meu entender un dos grandes poetas que máis lle cantaron a Nosa Terra. Este é un fermoso e triste pedazo.


Longa noite de pedra

No meio do caminho tinha uma pedra
tinha uma pedra no meio do caminho
tinha uma pedra
no meio do caminho tinha uma pedra.

Carlos Drummond de Andrade

O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.

Galicia, por Alfonso Loño


Atendendo a miña petición o meu amigo Sito envianos outra reflexión sobre Galicia, outro lúcido punto de vista do que el pensa que é esta Terra. Mañán chegará o meu, e agardo que tamén o de Guli, non será doado sorprendervos logo dos anteriores.
Por certo que o cabroncete de Sito lerá o artigo hoxe dende Ibiza, pasadeo ben amigos...

Recentemente, un amigo contoume que, no Vigo de mediados dos 80, aparecera unha pintada nun céntrico lugar na que se podía ler: “Galiza non é unha colonia”. Ao cabo dun par de días, alguén pintara por debaixo desta mensaxe, “es un desodorante”.
Se cadra nestas dúas reflexións podemos percibir algunhas, que non todas, das sensibilidades que existen na sociedade galega sobre o que é para eles o lugar onde naceron ou residen.
Aínda que en boa medida é certo que aos galegos cústanos falar de nós mesmos. Qué é para ti Galicia? Esta pregunta, independentemente de aspectos políticos, ou de ordeación das catro, cinco, seis ou ata sete provincias, pode ter unha desposta do estilo, Galicia, é Galicia. Pois tamén é certo. Nin máis, nin menos.
Xa entre os anos 30 e 50 moitos dos autores galegos que todos coñecedes fixeron radiografías perfectas sobre a situación socio política do pobo galego que, nalgún caso, mudaron moito menos do que eles, como galegos pesimistas, confiaban que ía pasar. Máis, o 25 de xullo debe ser un día de festa, de auténtica reivindicación de sentirmos o que somos. Nin máis nin menos; os galegos que ven a Gayoso todos os venres, os que aplauden a Oscar Pereiro, os que lembran a Prudencio Romo e a Pucho Boedo, os que choran polo descenso do Celta, os pequenos e grandes empresarios, os que, como Carlos entenden que a terra precisa un pobo, ou ata os que intentan impregnar de galeguismo á vila e corte. Aínda que, neste último caso manteño que nos seguen a mirar con superioridade porque coñecen ben as nosas debilidades.

O dito, no país dos mil ríos e as cen mil festas gastronómicas, o 25 é un día de foliada. Poñedelle música a estos versos de Ramón Cabanillas "Da Terra Asoballada" (1917), e cantade se queredes. Aínda que estas, como outras cousas, podense facer todo o ano.

Validos de treidores

a noite da Frouseira

á patria escravizaron

uns reises de Castela.

Comestas polo tempo,

xa afloxan as cadeas…

Irmáns asoballados

de xentes extranxeiras,

ergámo-la bandeira azul e branca!

e ó pé da enseña da nazón galega

cantémo-lo dereito a libertar a Terra!

jueves, julio 19, 2007

Marcho de Fin de semana, ata o luns

Galicia Nai e Señora


Kaleikói foi o nome que lle puxeron os gregos cando chegaron as súas costas no século IV A.C., o século da cultura, das artes, o século de Pericles, porque os seus propios habitantes chamábanlle así. Gallaecia os romanos, Galiza na época medieval e algún reintegracionista actual,e Galicia os nosos avós, os nosos pais e seguramente os nosos fillos.

A terra dos mil ríos, a terra do fin do mundo, a terra de Breogán, de Castelao, de Brañas, de Cunqueiro, de Rosalía, e tamén a terra na que desexo que o meu fillo e os meus sobriños se convertan en persoas de ben.

A terra que amo, que defendo, a dos meus mellores amigos, a do Caurel, Os Ancares, as Rías Baixas, a da carballeira de Barcia, a das Rías Altas, a de Combarro, a de Ortigueira…

A terra que tiveron que abandoar moitos dos nosos antergos para poderen sobrevivir, a terra que tamén latexa na Arxentina, a que cantaron Fuxan os Ventos, Luis Emilio Batallán, Amancio Prada… A Terra dos que sinten os seus acenos de identidade que loitan polo noso idioma, pola nosa cultura, polas nosas costumes máis ancestráis.

A terra na que ninguén é forasteiro, da hospitalidade, da cotidianiedade, a do cocido, a do marisco, a da merluza…á galega, a das empanadas caseiras… a dos grandes empresarios, a dos teimudos e esforzados traballadores, a das bateas, a que lle fai barcos aos de Australia, a dos palleiros, a das concentracións parcelarias, a dos peliqueiros de Laza, a da miña nai, a do meu pai…

A das conversas interminabels diante das lareiras, a que se sinte orgullosa da súa identidade, a da xente solidaria, a da xente esforzada. A que un día me veu nacer… a que quero que algún día só ela me vexa morrer…

Rafael Cuiña

miércoles, julio 18, 2007

Primeiro Ser despois Triunfar, por Carlos


*Atendendo a invitación que me fai o meu amigo Nico para escribir unhas liñas no seu blog aproveitando que se acerca o día de Galicia, decántome por unhas verbas de opinión que xa fai meses foron publicadas polo “Faro de Vigo”e que creo resultan adecuadas para esta ocasión.
Son consciente de que o que nelas se recolle non será compartido por moitos pero por algo é unha opinión. Olvidábame!, esto último tamén é aplicable aos que teñen pensado rebatirme con “máximas filosóficas” de que todo é cuestionable.


“PRIMEIRO SER DESPÓIS TRIUNFAR”


Falo por min sen máis pretensións que compartir as miñas opinións ca esperanza de que sexan as doutros.
Foi Castelao o que dixo “primeiro ser despóis triunfar”, a frase podería ser extrapolada a diversos contextos, a min neste caso sírveme de inspiración, título e introdución, o que non é pouco, para intentar, dentro dos límites destas liñas e dos meús propios, expoñer a miña particular visión dunha realidade concreta de Galicia.
Non descubro nada novo o dicir cos pensamentos e reflexións de Castelao, a maioría delas recollidas en “Sempre en Galiza”, continúan a estar vixentes hoxe máis ca nunca, así, o actual debate sobre a reforma estatutaria non é máis cunha vulgar resaca do inmediato pasado.
O Noso Estatuto como norma básica que é debe estar o servizo e para o beneficio da sociedade na que se encadra e nunca como, permítanme facer uso do tópico, arma arroxadiza ou argumento político no que escudarse para defender os intereses particulares ou partidistas dun grupo de políticos que, esquecendo que son meros interlocutores dun pobo que temporalmente lles otorgou a súa representación, instalados uns nunha sospeitosa inseguridade e outros na máis absoluta das negacións, pérdense en estériles negociacións de si somos ou non nazón, poñendo trabas a reforma dun texto fundamental para os comúns intereses do pobo galego.
Que Galicia é unha Nazón resulta incuestionable, é unha realidade inherente a ela, é a súa condición natural e como tal emana da terra mesma, da súa historia, do inconscente colectivo do pobo. Polo tanto non debería existir discusión algunha neste termo.
Dicía Castelao “Os galegos non discutimos o dereito de Galiza a ser unha nacionalidade porque Galiza xa é unha nacionalidade. Discutimos os dereitos que coma tal se lle deben e exercemos un deber cando reclamamos ese dereito.”. Tendo claro esto, os nosos representantes deberían centrarse en debatir e articular o dereito a ordear, xestionar, dispoñer e protexer o que é noso, impedíndo que unha serie de persoas, físicas e xurídicas, alleas nuns casos e non tanto noutros, continúen a saquear e usurpar obscenamente a Nosa Terra ca única fin de saciar os seus ególatras intereses.
Todo aquel que nega que Galicia é unha nazón está a negarlle a súa identidade, está traizoando séculos de historia, de revoltas e loitas sociais, políticas ou militares, de miseria e fame de emigración e exilio, está en definitiva impedíndolle Ser e por ende Triunfar.
Xa é momento de erguerse, sacudirse séculos de opresións, humillacións e complexos e berrar ben forte ¡ Galicia Nazón!, máis que nunca, parafraseando a Don Xosé Luis Barreiro Rivas, esta terra precisa un pobo.

Xosé Carlos Calvo Ulloa.

martes, julio 17, 2007

Grandes artigos

Acabo de recibir dous novos artigos sobre Galicia de dous amigos meus. Xunto co Anónimo publicado onte ,estes son dunha gran forza e calidade, e estou orgulloso deles e de poder publicalos no meu blog.
Mañán sairá o de Carlos e pasado o de Rafa. Faltamos Gulías, Sito e un servidor e a min xa me treme a man porque non creo que os iguale.

Poesía Galega: Feitizo de bouza Brey

Seguindo coa semana de Galicia irei botando no blog algúns poemas galegos que a min particularmente me gustan moito. Empezo polo galeguista vilagarcián Fermin Bouza Brey con este fermoso poema " Para facer un feitizo" que coñecín a través da música do grupo Na Lúa. Penso que é un poema alegre, natural e moi de amorío...
Se tedes algunha petición facédea, en principio na miña selección estarán Cabanillas, Curros, Celso Emilio, Rosalía, Manuel Rivas (para Dani), Manuel Antonio, Mendinho, Cunqueiro e Méndez Ferrín.
Por certo que ninguén se engane non son ningún entendido en Poesía Galega nin o pretendo

Para Facer un Feitizo

Sabugueiro da folla repinicada
polo Maio estralando de brancas frores
collereiche un ramallo na madrugada
pra facer un feitizo prós meus amores.
Que non fuxan os merlos que fan o niño
no máis mesto curruncho dos teu verdores:
esgazareiche as ponlas moi a modiño
pra facer un feitizo prós meus amores
Cocereiche con cornos de bacaloura,
con fiúncho e con ruda dos arredores
da ermida feituqueira da Virxe loura
pra facer un feitizo prós meus amores.
Pra este amor, sabugueiro, que me entolece
túas frores segura menciña son,
que ti tamén froreces cando frorece,
vermelliño de rosas, meu corazón.

lunes, julio 16, 2007

As declaraçoes do Saramago


Entre o blog de Dani e a web de El País teño lido con moito interese as declaración do Premio Nobel portugués. Non é a primeira vez que opina deste xeito, pero sí é a primeira que o fai con tanta claridade e no seu país.

Seguramente lle caeran paos tanto en España coma en Portugal pero non é unha idea ou profetización extravagante. O país veciño e irmán de Galicia atravesa unha complicada situación económica tras unha epoca de bonanza o chegar a UE. Os portugueses continúan a emigrar e contanse por miles os que teñen que cruzar a fronteira para traballar na construcción polas dificultades do país.

Nunha recente enquisa en Portugal saía que había un 30% de portugueses favorables á integración, a pregunta é ¿deben España e Portugal seguir vivindo casi de costas? Considero que a integración sería positiva para todos , eu penso que hai varias nacións nesta península que terían que vivir máis integradas e con máis respeito entre elas, sobretodo por parte dese centralismo nacional español

Dende logo unha futura integración na Iberia da que fala Saramago tería que respetar pulcramente todo o gran patrimonio que ten Portugal, non so Portugal se tería que integrar en España, España debería integrarse en Portugal tamén.

Con todo non deixa de haber paradoxas, veña uns a pedir independencias e veña outros a pedir integracións.

Recoméndovos que leades a entrevista, está en portugués para comenzar xa a entedermos



Não sou profeta, mas Portugal acabará por integrar-se na Espanha"

JOÃO CÉU E SILVA (texto e foto)

Este foi o regresso mais longo de José Saramago a Portugal desde que a polémica que envolveu a candidatura do seu livro O Evangelho segundo Jesus Cristo ao Prémio Literário Europeu o levou para um "exílio" na ilha espanhola de Lanzarote. A atribuição do Prémio Nobel parece tê-lo feito esquecer essas mágoas, mas não amoleceu a sua visão da sociedade e da História, que continua a ser polémica. Como se pode ver nesta entrevista. Durante dois dias, o Nobel da Literatura português sentou-se no sofá e analisou o estado do mundo. Na única entrevista que concedeu durante a temporada passada na sua casa de Lisboa, falou muito de política, mais de literatura e também da vida e da morte. Pelo meio ficou o anúncio da criação da fundação com o seu nome e a revelação de que está a escrever um novo livro.A união ibérica

Este regresso a Portugal é um perdão?

O país não me fez mal algum, não confundamos, nem há nenhuma reconciliação porque não houve nenhum corte. O que aconteceu foi com um governo de um partido que já não é governo, com um senhor chamado Sousa Lara e outro de nome Santana Lopes. Claro que as responsabilidades estendem-se ao governo, a quem eu pedi o favor de fazer qualquer coisa mas não fez nada, e resolvi ir embora. Quando foi do Prémio Nobel, dei uma volta pelo país porque toda a gente me queria ver, até pessoas que não lêem apareceram! E desde então tenho vindo com muita frequência a Lisboa.

Vive num país que pouco a pouco toma conta da economia portuguesa. Não o incomoda?

Acho que é uma situação natural.Qual é o futuro de Portugal nesta península?Não vale a pena armar -me em profeta, mas acho que acabaremos por integrar-nos.Política, económica ou culturalmente?Culturalmente, não, a Catalunha tem a sua própria cultura, que é ao mesmo tempo comum ao resto da Espanha, tal como a dos bascos e a galega, nós não nos converteríamos em espanhóis. Quando olhamos para a Península Ibérica o que é que vemos? Observamos um conjunto, que não está partida em bocados e que é um todo que está composto de nacionalidades, e em alguns casos de línguas diferentes, mas que tem vivido mais ou menos em paz. Integrados o que é que aconteceria? Não deixaríamos de falar português, não deixaríamos de escrever na nossa língua e certamente com dez milhões de habitantes teríamos tudo a ganhar em desenvolvimento nesse tipo de aproximação e de integração territorial, administrativa e estrutural. Quanto à queixa que tantas vezes ouço sobre a economia espanhola estar a ocupar Portugal, não me lembro de alguma vez termos reclamado de outras economias como as dos Estados Unidos ou da Inglaterra, que também ocuparam o país. Ninguém se queixou, mas como desta vez é o castelhano que vencemos em Aljubarrota que vem por aí com empresas em vez de armas...Seria, então, mais uma província de Espanha?Seria isso. Já temos a Andaluzia, a Catalunha, o País Basco, a Galiza, Castilla la Mancha e tínhamos Portugal. Provavelmente [Espanha] teria de mudar de nome e passar a chamar-se Ibéria. Se Espanha ofende os nossos brios, era uma questão a negociar. O Ceilão não se chama agora Sri Lanka, muitos países da Ásia mudaram de nome e a União Soviética não passou a Federação Russa?Mas algumas das províncias espanholas também querem ser independentes!A única independência real que se pede é a do País Basco e mesmo assim ninguém acredita.

E os portugueses aceitariam a integração?

Acho que sim, desde que isso fosse explicado, não é uma cedência nem acabar com um país, continuaria de outra maneira. Repito que não se deixaria de falar, de pensar e sentir em português. Seríamos aqui aquilo que os catalães querem ser e estão a ser na Catalunha.

E como é que seria esse governo da Ibéria?

Não iríamos ser governados por espanhóis, haveria representantes dos partidos de ambos os países, que teriam representação num parlamento único com todas as forças políticas da Ibéria, e tal como em Espanha, onde cada autonomia tem o seu parlamento próprio, nós também o teríamos.Há duas Espanhas Há duas Espanhas neste caso. Evidentemente, tratam-me como se fosse um deles, mas com as finanças espanholas ando numa guerra há, pelo menos, quatro anos porque querem que pague lá os impostos e consideram que lhes devo uma grande quantidade de dinheiro. Eu recusei-me a pagar e o meu argumento é extremamente simples, não pago duas vezes o que já paguei uma. Se há duplicação de impostos, então que o governo espanhol se entenda com o português e decidam. Eu tenho cá a minha casa e a minha residência fiscal sempre foi em Lisboa, ou seja, não há dúvidas de que estou numa situação de plena legalidade. Quanto aos impostos, e é por aí que também se vê o patriotismo, pago-os pontualmente em Portugal. Nunca pus o meu dinheiro num paraíso fiscal e repugna-me pensar que há quem o faça. O meu dinheiro é para aquilo que o Governo entender que serve.

Mas não pode negar que o olham como um deus...

Não diria tanto...

Mesmo sendo a crítica espanhola tão positiva em relação à sua obra?

Também já foi uma ou outra vez um pouco negativa - talvez devido às minhas posições políticas e ideológicas - mas de um modo geral tenho uma excelente crítica em toda a parte, como é o caso dos EUA, onde é quase unânime na apreciação da minha obra.

¿Galicia existe no ano 2007?


Chegou xa o primeiro artigo sobre Galicia, teño que confesar que cunha rapidez abraiante porque fixen o encargo hai menos de 24 h. O seu autor prefire que sexa un texto anónimo i eu non farei máis que respetalo , pedirialle a aqueles que saben quen é que respetarán esa condición que me puxo para a publicación. É un grande artigo ainda que non se coincida con el de cheo, seguramente un desafío para os que virán despois.


¿Galicia existe no ano 2007?


Non sabería cómo definir o que é Galicia.

Sei, coma moitos, que existe un lugar no noroeste da península ibérica no que vai bastante frío e chove durante máis de dez meses ao ano; no que existe un fermosísimo e único ecosistema chamado ría, onde augas doces e salgadas, terras de labrantío, rochas e areais, conviven nun fráxil equilibrio, constiuíndo unha das áreas de maior vida que existe no mundo.

Un lugar protexido ao leste por doces cadeas de montes non moi altos que son berce de ríos curtos e xenerosos, e no oeste por illas cercanas, fermosas e accesibles a pequenas embarcacións.

No medio, infinidade de realidades, desde a maxia de Mondoñedo e o seu tarteiro algo feirante, ata o polbo mellor cociñado dos que temos probado nunca, servido polos pulpeiros de Lalín e Carballiño.

Hoxe quixera falar do bonito, do amable, porque máis alá desa terra que abre Europa a América, hai outra realidade, os galegos, que provocan en moitos lugares do mundo sentimentos de cercanía, de identidade e de accesibilidade, que eu identifico coa paisaxe galega.Pero é difícil falar só do amable, ao menos para min.Galicia, na medida en que exista, pertence desde hai séculos ao mundo occidental "rico", o mundo que creou a cultura hoxe dominante no mundo inteiro, definida principalmente polo liberalismo, o capitalismo e o colonialismo ( para os que prefiran, pola democracia representativa, a economía de mercado e o comercio internacional). Quizais por isto, dos máis de 400 millóns de nenos esclavos que hai no mundo, seguramente poucos son galegos.Ante esta situación privilexiada, os galegos fomos realmente pouco protagonistas dos grandes cambios mundiais, así como tamén pouco absorbedores do expolio económico e do sometemento político aos países do sur. Máis ben, fomos tamén expoliados, emigramos e, característica fundamental desta Galicia que non sei se existe, adaptámonos.Tamén nos adaptamos, hai que precisalo, a ser dos máis pobres do mundo rico.

Galicia entrou moi tarde no capitalismo, cara a 1950, e realmente foise deixando levar sen aportar gran cousa a nivel colectivo, tanto nos novos patróns de consumo como no urbanismo e outros elentos significativos do novo modelo. Ao fin, entre os que emigraron fuxindo cara mellor vida, os recursos de supervivencia que proporcionaba unha sociedade "anticuada" -menos competitiva e individualista- que tiraba a autoabastecerse e, máis tarde, algunhas inversións públicas e privadas, fomos tirando, mantendo esa actitude adaptativa e amable que teñen as nosas paisaxes e as nosas xentes.Son plenamente consciente de que non cito excepcións e realidades que se interpuxeron neste proceso e que merecerían ser nomeadas, pero quero reducir informacións para conducir a unha pequena reflexión:penso que, a día de hoxe, e por moita propaganda que se tén feito e se fai sobre o mal chamado progreso de Galicia, seguimos tendo un papel semellante ao de sempre na construcción do mundo actual; ante esta realidade que eu plantexo, a sociedade pode continuar seguindo a corrente que lle impoñen desde fóra, ou tratar de modificar a realidade.

Se ocorre o segundo, só podo aceptar de Galicia ( repito: se é que existe), que non opte por ser unha sociedade máis expoliadora e destragadora do planeta do que o son as do seu entorno; preferiría, en cambio, que protagonizara un movemento solidario con aqueles a quen roubamos, e que tratara de impedir o estragamento sistemático da base material que sustenta a vida na Terra.


Que bon vran!

As veces un tamén se cabrea coa súa Terra nada máis subir a persiana, non todo van ser loubanzas. Teño toda a semana libre e quería ir ata San Vicente para disfrutar dos meus primeiros días de praia pero o Anticiclón das Azores anda un pouco frouxo estes días, ¡machiño a ver si espabilas...!

Semana de Galicia




Achégase o 25 de Xullo, o Día de Galicia, ou da Patria Galega, ou Día Nacional de Galicia, a min valenme as 3 denominacións, e Paparevivir quere celebralo con unha serie de artigos feitos por amigos que tamén escriben na Teima, gracias por adiantado.


Neste blog fálase moito e continuamente da Nosa Terra, esta semana o que quero facer é aportar diferentes visións sobre Galicia e poñer algún texto de autores clave que falen da nosa identidade.


Dende logo que non faltará o día 24 a "Alba de Groria" de Castelao , para que o día 25 pola mañán estea presente para todos.




jueves, julio 12, 2007

Voluntariado do Monte Galego e paralización de canteiras no Courel


Está estes días publicitando a Vicepresidencia da Xunta de Galicia unha iniciativa interesante e importante para defender e porlle valor ó noso monte trátase da do Voluntariado en Defensa do Monte Galego,, podedes visitar a súa web para saber de que se trata e apuntarvos, tamén no 900 400 800. Xa vos adianto que hai xa máis de 6000 voluntarios e que o segmento de idade máis comprometido é o de 29-38 anos. Este voluntariado non fai labouras de extinción , so de prevención, vixiancia e reforestación. Eu estoume pensando seriamente poñerme a colaborar.

Ademais sinalar que hoxe é un bo día para o noso monte porque a Consellería de Medio Ambiente vai parar e retirar as licencias de moitas canteiras de pizarra que estaban a destruir e provocar fendas irreversibles nos ecosistemas do noso Courel, todas outorgadas en espazos da Rede Natura polo goberno anterior.
ENGADIDO: perdón non estaban dentro da Rede Natura porque o goberno anterior incluíu todo Courel nesa rede pero "incomprensiblemente" deixou un trociño no medio onde da as licencias. Tedes aquí o enlace a nova en La Voz de Galicia


Premios do Concurso, enviade fotos

Lémbrovos que o prazo do concurso de Fotografía quédalle pouco máis de unha semana e que podedes enviar as vosas fotos, non vos descuidedes nin teñades medo, en principio e salvo que sesxan premiadas son anónimas. Por certo ahí vai o primeiro premio:

- 100 € en vale de compra na mellor e máis orixinal Cadea de Tendas de Santiago:

MENGANITA

Por certo, preguntoume xente si se podía retocar co Photoshop, a resposta é que si valen retoques pequenos, pero non vale a utilización de capas ou montaxes, por exemplo esto valería:

miércoles, julio 11, 2007

De paseo polo Baixo Miño



Como xa vos contei o pasado domingo estivemos de paseo polo Baixo Miño, na percura do sol tan esquivo nestes comezos de Xullo no noso país. Fun con María e Quesé, e atopamos o sol ainda que non un día de gran calor.


Paseamos polas beiras do grande estuario do Miño, coa vista sempre da outra beira do país irmán. Fumos ata A Garda pero quelo estaba cheo de xente na Festa da Langosta así que optamos por comer nun merendeiro pertiño do río. Maravilloume desa zona ver a gran cantidade de sobreiras e outra vexetación mediterránea que se atopa nas ribeiras, lóxico porque esta é sen dúbida a parte máis cálida de Galicia.


Logo xa pola tarde subimos ó Castro de Santa Trega e ó monte do mesmo nome, supoño que a meirande parte de vos o coñeceredes porque é unha das típicas excursións escolares. Os que non, tedes que ir o castro é impresionante e está bastante ben conservado para datar do S I ad C., ademais as vistas da chegada do Miño ó mar so das que non se esquecen.


Despois subimos polo Val do Rosal e baixamos cara a Oia , xa a tardiña antes de regresar a Vigo e despois a Lalín tras un bo domingo, e xa van uns cantos ben aproveitados...


Un bo almorzo


Onte tiven garda e acabo de chegar, traballamos bastante pola noite pero cheguei con máis fame que sono, así que precisaba dun bo almorzo, sentado e lendo periódico e blogs varios. Optei por un pouco de pan tostado, con tomate, un pouco allo, aceite e xamón, o leite con Nesquik (nunca Cola-Cao, eu tomo o leite frío) e de foita sandía que entra moi ben polas mañás.
Agora sí xa teño algo de sono

lunes, julio 09, 2007

Vídeos de Zalo en London: moi adaptado

Pasoume un estradense residente en Catalunya uns videos de Zalo o pasado luns en Londres facendo de guía en Picadilly Circus, creo que son unha gran mostra de que Zalo adpatase moi ben a cidade do Tamesis e xa non ten segredos para él.
PRÓXIMAMENTE , cando remate de montalos

Sabucedo 2007


Como xa anunciei eiquí tedes as novas imaxes desta edición da máis importante Rapa do mundo.

Xa vos fun contando que subimos ó monte (por certo queimámonos de carallo) a buscar e xuntar as bestas, levou o seu traballo e unha gran pateada pero ben pagou a pena. Disque non se xuntaron moitas este ano, a min dende logo pareceronme menos que no 2005, pero a baixada delas dende o monte é algo espectacular.

Os garañóns e os máis grandes diante e atrás de todo os potriños que xa van cansos de tanto camiño que fan. As manadas de persoas sempre dirixidos polos de Sabucedo cercando as bestas para achegalas ben xuntas o Curro. Dende logo para repetir.

Despois polbo, carne ó caldeiro e a Sesión no pilón no que grandes humoristas espontáneos animan a festa a fresca da fonte, que tamén serve para refrescar as cervexas.

Xa a tardiña toca ir O Curro para ver os aloitadores: totalmente cheo para ver esa loita entre home e besta, grandiosos os minutos que puiden estar embaixo, alí na área.

Ben velaí vai o video e gracias a Pedro Pablo e Sesi polo paseo.

O que lles gosta ós cabalos

Todos sabiamos que ás bestas gostaban da cebada, agora xa lles coñecemos a marca ...

Sabucedo, Baixo Miño, etc



Foi unha fin de semana intensa para a miña vista, polo que tamén teño gran cantidade de material. O sábado subín buscar os cabalos os montes de Sabucedo con Pedro Pablo e Sesi (montado en Tizón), estivemos moitas horas paseando polo monte, logo baixamolos, comemos , fumos o pilón ,rimos, o Curro, etc, etc .Logo cando teña tempo xa poñerei un video.
O domingo fun buscar o sol con María e Quesé e xa que no Deza e seica tamén nas Rías Baixas amenecera un mal día, marchei cara o Baixo Miño, as terras da Guarda, O Rosal e Oia. Pasámolo moi ben e alí facía sol e casi calor.
Cando teña tempo subirei unhas fotos , pero agora teño moito traballo polo que ahí tedes un aperitivo de sabucedo

miércoles, julio 04, 2007

Ventresca de Bonito da Costeira con cítricos e endivias recheas


Aquí tedes un prato de tempada, esta é a época da costeira do bonito. Aproveitei a parte máis apreciada deste gran peixe que parece carne para facer un prato sabroso e refinado, o probalo dinme conta que foi un dos mellores que levo feito para o blog, pero para facelo precisa de certas recomendacións.

Os lombos e a ventresca do Bonito non deben cociñarse moito porque secan polo que eu recomendo sempre douralos por fora para que non perdan o xugo e despois cocelos pouco e a temperaturas baixas. Ten que quedar entre vermello e rosa no interior.

Cando se douran as ventrescas na prancha hai que tratalas con coidado porque se poden desfacer. O bonito debe levar un acompañamento suave, o forte xa é el.

Se non venden na pescadeiría as ventrescas soas sempre paga a pena comprar un Bonito enteiro, pódese aproveitar moito: cociñar conserva, etc. Este que merquei eu era pequeno (3 Kg) e costou aproximadamente 20 E. Dicirlles sempre que vos separen as ventrescas.

O prato é sinxelo e o de combinalo con cítricos veume inspirado por un Atún que comín no gran restaurante NoDo de Madrid hai pouco máis de un ano.

ATENCIÓN Ó TEMA DO VIDEO

Entre a vida e a morte: ¿Quén fai a forza?


En primeiro lugar quero sinalar que o seguinte relato non se trata dun texto científico é mais que nada unha pequena historia representativa de moitas outras , si queredes profundizar podedes atopar información regrada sobre estes temas nas páxinas do ERC (European Resuscitation Council) , AHA (American Heart Asocciation), no brilante libro de hai vinte anos “Vida después de la vida” de Raymond A. Moody ou no célebre artigo , publicado en The Lancet (seriedade) ,do cardiologo holandés Dr Van Lommel.

O que vos vou contar trata sobre un dos misterios que a todos nos desacougan , falo dos momentos próximos á morte. Todos escoitariades a xente falar do Túnel, de verse fora do corpo, a revisión da vida propia ou reunirse con familiares xa mortos. Son as chamadas Experiencias Cercanas a Morte (ECM) e refirense as experiencias relatadas por persoas tras padecer un paro cardiorrespiratorio prolongado e que foron posteriormente reanimadas con éxito. Hai gran cantidade de libros e estudos, moitos deles contaminados polo tufillo dos feirantes.
Non vos vou falar deso exactamente, deixámolo para outro día , voume referir a algo previo: as forzas que reteñen a un individuo apegado á vida, a resistencia á morte. Pola miña experiencia coñezo casos que me teñen feito pensar moito da existencia destas forzas, ainda que eu son moi escéptico e neste caso trato de explicarmo con criterios fisiolóxicos e organicistas pero moitas veces penso que hai algo que se me escapa. Para explicarvos un pouco do qué se trata vouvos relatar un caso recente que me pasou hai menos de 15 días.
Unha das partes fundamentais do meu traballo é a atención de paradas cardiacas e de pacientes críticos, para ese tipo de tratamentos utilizamos protocolos e recomendacións internacionais que se van adaptando en función das innovación e investigacións . É o chamado Soporte Vital Avanzado (SVA).
Pois ben nunha garda recente , o comezo da mesma .recibimos unha alarma da Central que nos indicaba que unha familia que se dirixía co seu pai en coche ó Hospital pide axuda para atendelo de camiño porque está moi mal.
Están a menos de 2 km do Hospital, o pai ten moi mal aspecto, (impresiona de gravidade no argot) está estuporoso e decidimos pasalo inmediatamente a ambulancia, en menos dun minuto de subilo presenta unha Fibrilación Ventricular (arritmia que provoca unha parada e precisa dunha descarga eléctrica inmediata) .

Comezamos o SVA pero o paciente non reacciona, debido a proximidade ó Hospital achegámonos reanimando e pasamos o paciente a Urxencias, alí volve facer varias Fibrilacións Ventriculares que precisan descarga, a súa cor (antes azulada) mellora e ponse rosado pola eficacia da reanimación pero en ningún momento recupera o pulso: o seu corazón leva xa 30 minutos sen latir e as súas pupilas están totalmente dilatadas . O médico responsable decide con bo criterio deter o SVA e comunícarlle a familia a morte do paciente.
Neses intres quedo dándolle información do paciente as compañeiras do Hospital, o monitor segue prendido e despois duns 3 minutos sen reanimación o paciente presenta un ritmo cardiaco organizado, palpolle na carótida e ¡Carallo ten pulso!. Miran cara a min por si estou de coña, pero ven a miña faciana de sorpresa e corren avisar o médico para que non lle diga nada a familia todavía, xa é tarde, pero o médico , confundido, rectifica e dilles que pode haber unha posibilidade. Finalmente baixa o Ucista e o ingresa no seu Servizo. Nós marchamos.
A día de hoxe non sei nada do doente, probablemente falecera despois , saberei algo del nuns meses cando fagamos as revisións dos casos, pero o que vos quero contar é que non se trata dun caso único, todos os que nos adicamos a esto temos varios similares. O misterio está en por qué algúns pacientes con todo o seu favor (idade , patoloxía máis leve, etc) xa nos damos conta en 15 minutos que non hai que facer e por qué outros amarranse con forza ó cordón da vida que non se dan por vencidos, ¿cal é esa forza qué estes teñen? ¿está no seu corpo, será producto do SVA, da química, das grandes doses de Adrenalina , do ADN ou será espiritual?
Ben déixovos con esta reflexión e espero non vos ter dado o coñazo. Finalmente non vos asustedes e por outro lado non teñades falsas esperanzas, no mellor dos casos o éxito das Reanimacións non supera o 20%.

Manamaná

Unha xoia da TV que podemos recuperar gracias o YouTube, manda carallo como me gustou ver este video despois de tanto tempo, seguro que todos o lembrades. Para empezar cun sorriso o día, que maravilla tan simple

martes, julio 03, 2007

Chega Sabucedo: A nai de todas as Rapas

A Rapa das Rapas achégase e xa hai moitos quentando motores sobretodo na vila de A Estrada, supoño que seremos moitos os de Lalín os que nos achegaremos a Sabucedo na videira fin de semana para disfrutar dunha das grandes festas populares de Galicia, algúns subiremos a buscar os cabalos, outros no Curro, outros so comerán polbo e beberán viño porque a festa permíte todas as modalidades.
Os menos, os máis valientes, Os Aloitadores raparán e marcarán as bestas nunha loita brava e ancestral. Si falabamos antes de que para coñecer ben a Natureza de Galicia hai que ir a Devesa da Rogueira, compre sinalar que para saber ben dos nosos costumes Sabucedo é ineludible.
E na noite do sábado unha das verbenas máis bonitas e tradicionais que eu coñezo na Carballeira do campo da Festa. Por certo, sempre chea de sorpresas.
No persoal tamén será tempo de ver algúns amigos de Terra de Montes/Tabeirós cos que sempre se coincide nesta festa.
Pedro Pablo como podes ver cumplín co VIDEO DO ANO 2005, xa podes mandar algún comentario en reintegracionista galego-portucatalanés.


Un saúdos a todos

Recomendación da semana: O Grelo en Monforte


Cando se vai de excursión tamén hai que papar ben para logo aguantar, Carlos i eu decidímos pasar polo restaurante O Grelo da capital de Lemos, coñeciamolo de oídas pero nunca comeramos alí.

É un restaurante que xa ten certa solera e presenta unha carta moi galega e adaptada os productos de tempada. Ten bos mariscos e peixes da terra ademais de carnes e horta desa rica zona de Galicia.

Coiincidían coa nosa visita as Xornadas do Bonito e o Atún vermello, como sabedes por estas datas en comida, e sen ningunha dúbida decidimos probalo. Pero para empezar e suavizar o menú pedimos unhas verduras a plancha con xamón ibérico que estaban no seu punto, nada do outro mundo pero sí moi correctas. Continuamos compartindo e degustando dous pratos de túnidos: Atun vermello cunha cama de patacas e Bonito guisado con tomates Raf. Ese peixe/carne estaba moi bo e sabroso, por poñerlle algunha pega: o atún vermello estaba un pouco feito de máis para o meu gusto que o prefiro case cru.

Os postres tamén foron de categoría como un Gazapacho de morangos con xeado de nata e Tarta de chocolate branco.

Todo regado cun Mencía da casa , fresco e bastante rico. Dende logo non foi caro para o que se paga a día de hoxe porque por todo o que vos contei saímos a 30 € por barba. Logo cavilamos durante un intre cánto teriamos que pagar en algún restaurante de Lalín con nome que empeza por M pu por C. Habíache boa diferencia

O Courel, Lemos e Belesar

O pasado domingo fun con Carlos dar outra volta polas nosas terras do interior da provincia de Lugo.
Comezamos a visita en Belesar , nese fenomenal cañón do Miño cargadiño de uvas, estaba aquelo moi fermoso e pódense atopar moitas casas pequenas pero xeitosas nas dúas beiras, logo fumos visitar o pequeno Mosteiro de Sto Estevo de Ribas de Miño, románico do S. XII, e partimos cara a Monforte. Alí subimos ata o Castelo dos Condes de Lemos (hoxe un recomendable Parador Nacional) e dimos conta dunha boia comida o pé do mesmo no Restaurante O Grelo do que farei mención aparte.
O mellor de todo foi pola tarde cunha nova visita o Courel que sempre é máxico e nunca deixa de sorprender. Chovía un chisco e como non,había néboa,pero aquelo non perde nin con lóstregos. Demos unha volta polo cauce dun dos ríos e fumos a unha das visitas obrigadas para calquera que quera coñecer de verdade a Natureza da nosa Terra: A Devesa da Rogueira, un dos bosques máis importantes da península e condensación de todo o que representa esta Serra Oriental. A exhuberancia da vexetación era increible , e coa mestura das neboas parecía como si estiveramos buscando Gorilas nos montes entre Ruanda e Uganda. Si queredes saber máis buscade no Google co seu nome, é inexcusable a súa visita.
Da Devesa fumos ver o Castro da Torre, un castro algo diferente os habituais e no cal xa está Carlos a investigar. Vivir alí debía ser ben fodido.
Para rematar fumos a aldea de Sacedo que está nun plan de rehabilitación rural cofinanciado pola UE, debe ser un bo exemplo do que debían ser as aldeas do Courel antes das canteiras ilegais,os ladrillos , os bloques e os somieres.

NON PERDADES O VÍDEO

Error

Non sei que pasa coa planilla da páxina pero vese desconfigurada pero no cadro de mandos está ben, haberá algún pirata desfacéndoa?, outra bromiña de Calexa?. Vou tratar de arranxalo pero estavos moi complicado...