viernes, junio 29, 2007

Pasamento


O blog loce hoxe crespón negro pois informanme do pasamento do meu Tío Emilio, irmán do meu avó. Sen dúbida é unha noticia triste e non esperada a pesares da súa idade, posto que estaba bastante ben. Sempre foi unha persoa entregada a súa familia e entrañable, mostra deso é que en Lalín era coñecido por Emiliote, o cal indica bonhomía dende logo.

Un abrazo moi forte a todos meus primos e tíos: Mª Jesús, Miguel, Pía , Reyes, Matías, Ofelia, etc.

Descansa en Paz Emilio

Cumpreanos de María


Hoxe é o cumpreanos de María, polo que dende aquí imoslle desexar que teña moitas Felicidades. Se vos preguntades os que cumple, únicamente dicirvos que menos que os da maioría que ledes o blog.

Esperemos que teña un bo día xa que na última semana non lle vin o pelo porque non rematou de traballar ningún día antes das 12, a ver si hoxe hai un pouquiño de sorte , ainda que os dous traballamos mañán.

Un bico moi grande Mariíña

Mirade que guapa é e que ben sae na foto

PD: de seguro que levarei un bo cachete por poñer esto

miércoles, junio 27, 2007

El País: é tempo de renovar archivos


O domingo o prender o teléfono tiña unha chea de mensaxes e chamadas perdidas. Unha delas poñía "hai un médico en El País igualiño a tí". Xa non é a primeira vez que El País utiliza esta vella foto do ano 99, de cando os primeiros enfermeiros galegos marcharamos para Portugal para conseguir un traballo que daquelas aquí estaba moi difícil.

Sí é a primeira vez que erróneamente me poñen como médico (se facedes click na imaxe, vese ben), polo que xa lles escribín unha notiña para que teñan constancia do erro e non o volvan cometer, tamén lles digo que renoven as fotos pois ainda que xa hai menos DUEs galegos en Portugal, algún haberá. Fai xa 8 anos que marchei de alí e a verdade e que xa non me fai moita gracia verme representado así, cando xa dende aquela fun traballar a Ourense, logo na Área Norte de Pontevedra, despois 5 anos en Vilagarcía (hoxe en excedencia) e agora máis de 2 no 061. Xa choveu, tanto que mañán é o día de firmar a miña nova praza.

Daqueles tempos gardo lembranzas agridoces: boas polos compañeiros que coñecín alí, moitos deles hoxe tamén colegas do día a día no 061 de Galicia e polo ben que nois acolleran. Malos polo difícil que foi adpatarse o sistema de traballo e polo mal que estaba o Hospital o principio (logo mellorou moito).

A foto é deses días do principio cando periódicos e TVs viñan a facer reportaxes día sí e día tamén.

martes, junio 26, 2007

Fotos do concurso


Bonita imaxe da Costa da Morte

lunes, junio 25, 2007

San Xoan da Cacharela



Outra vez Toñito da Capri, hoxe en día Toño da Casa do Antón, axudado por moitos desinteresados veciños foron quen de recuperar unha das festas tradicionais de Lalín no San Xoan: a festa na Cacharela. Conseguironno e foron moitísmos os que estiveron alí o pasado sábado.

Houbo sardiñas, polbo, empanada, etc e todo o que un levara da casa. O baile foi amenizado por unha orquesta moi frikie, na cea previamente tocaran maxistralmente os membros da Banda da Casa do Antón (antes Banda do Palitos). Saltouse a cacharela e botamos as meigas fora por una ano. Durou ata ben entrada a madrugada. Dende logo están moi ben estas festas organizadas por veciños, sen participación de institucións , e o ambiente era magnífico. En todas as mesas a xente ofreciache cousas para degustar ou beber un vaso de viño. Ademais todo o beneficio que se sacou vai ir parar a Escola para Nenos do CHUS.

Moi bo San Xoan que tera a súa proba de lume en vindeiros anos cando non caia en venres ou sábado como estes últimos anos

Máis fotos que chegan



Outras boas fotos que chegaron. Algunha un pouco subidiña de tono

Pizza Móvil tamén se anima

Parece ser que Pizza Móvil tamén se molla no Concurso, así que os 4 premiados terán tamén unha Pizza familiar de balde en calquera dos establecementos da cadea en Galicia. Agora estou agardando por unhas caixiñas de Estrella Galicia...
Graciñas Pallax
PARTICIPA

sábado, junio 23, 2007

Recomendacións do blog de Suqui

As últimas entradas a día de hoxe no blog de José Luis Sucasas son maxistrais, non deixedes de lelas. Querido Suqui eu tamén vivin unha experiencia coma a túa recontadora

viernes, junio 22, 2007

Empezan a chegar



Xa se van animando os concursantes. as primeiras fotos xa están no meu correo e todas elas pareceronme moi boas, algunha diría que ata moi atractiva. Seguídevos animando.

Aquí tedes unha mostra

Aviso: non se permiten comentarios que poidan identificar os autores das fotos, sei que é imposible pero ata o final tratarei de respeitar o anonimato

jueves, junio 21, 2007

7 marabillas galegas


Catedral de Santiago

Imaxe de O Courel

Abriron un foro en La Voz de Galicia para opinar cales son as 7 maravillas galegas. Penso que a xente que está a contestar ten certa confusión porque mestura obras humanas con paraxes naturais. Eu supoño que o que se elixe son as feitas polo home, como se está a facer a nivel mundial. De todos os xeitos elexin de xeito rápido e sin pènsar moito as seguintes:

Marabillas Humanas:

1- Catedral e Casco histórico de Santiago (evidente)

2- Torre de Hércules

3- Muralla de Lugo

4- Prazas da Zona vella de Pontevedra (Leña, Verdura, Méndez Núñez,etc)

5- Ponte Vella de Ourense

6- Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil

7- Parque e entorno de Santo Domingo de Bonaval en Santiago

Outros:Allariz, O Cebreiro, Ponte de Rande,Os castelos da Boca da Ría de Ferrol, Mosteiro de Oseira, Mosteiro de Caaveiro, A Ermida da Lanzada, O cruceiro de Hío, A Domus , Castelo de Monterrei e entorno,etc
Como vedes do máis moderno o que mási me gusta e o conxunto que conforman o fermoso parque/cemiterio de Bonaval, o CGAC e Santo Domingo

Marabillas naturais:

1- As Serras Occientais (Ancares e Courel: se tivera que elexir un espazo reducido sería A Devesa da Rogueira)

2- As Illas Cíes e Ons

3- Dende Ézaro a Monte Louro ( caída do Xallas, praia de Carnota, praia de Louro, etc)

4- Serra da Capelada e Cabo Ortegal

5- As Terras do Miño

6- A Ribeira Sacra

7- As Catedrais

Outros:O estuario do Miño, A ría de Arousa, A ría de O Barqueiro, o curso baixo do Deza e Arnego (sobreirais, A Toxa, etc), Cabo Fisterra, O entorno de Cabo Prior, As Fragas do Eume, O Xurés, A bahía de Baiona, o istmo de O Grove, A Serra do Candán (sen muíños), O Macizo Central, etc

Neste país hai tanto para elexir que non chegan 7 opcións.
VIVA GALICIA

Interesantísima entrevista a Ramón Maiz, Catedrático de ciencia política


"En España estamos a construír un estado federal, pero non se pode dicir"


Dous días despois do 27-M, no seu despacho da facultade de Ciencias Políticas, Ramón Máiz acepta o convite de TEMPOS e arrisca interpretacións electorais de urxencia con todas as reservas do académico por diante. A análise precisa acougo e a paisaxe política do país, insiste o profesor, é complexa de máis para un mangado de preguntas no gume da actualidade. Con todo, baixa a música (clásica), pecha a porta e senta a respostar as primeiras preguntas. Véntaselle que agarda a ocasión perfecta para saír do retrato fixo e furar nos procesos e nos discursos. Por enriba de todo, o presidente da Fundación Iniciativas XXI, o think tank dos socialistas galegos, quere falar do bipartito. Unha entrevista de Iago Martínez con fotografías de Quico López.

TEMPOS Novos - 08:00 21/06/2007


O PP non vai gobernar ningunha das sete grandes cidades galegas, mais sube alí en número de votos. Perde peso a equiparación do voto urbano co voto de cambio?

O PP sube nas cidades e o PsdeG amplía a súa presenza no rural. Hai un cambio de xeografía electoral, e iso acontece porque hai un electorado urbano ideoloxicamente conservador, un electorado ao que non se lle pode aplicar xa a dependencia clientelar do rural e que si é interpelábel dende estratexias electorais de ámbito estatal. Por iso xogaron un papel fundamental temas non locais como o de ETA. É a estatalización da política municipal. Hai electores que votan por disciplina, por ubicación ideolóxica ou por lealdade de partido, independentemente do candidato. E logo hai candidatos, claro, tampouco non o podemos esquecer, que teñen gancho ou que fixeron campañas fortes, como poden ser Corina Porro ou Telmo Martín. Con todo, o que cómpre subliñar é que aquelas amplísimas zonas da Galicia rural que estaban eternamente con voto cautivo experimentan un cambio importantísimo.

Entramos nun periodo sen maiorías absolutas?

Si, e vese moi claro na mensaxe do electorado de esquerdas: desexa gobernos bipartitos, de coalición. Este dato é fundamental, e penso que non se está a insistir o suficiente. A coalición ás veces interprétase en termos de necesidade, e coido que hai que interpretala como unha vontade expresa do electorado. Por que demanda coalición? Porque desconfía das maiorías absolutas, de calquera, e porque a coalición permite máis control e máis participación, isto é, máis política e máis goberno municipal. Ollo, digo política, non xestión. Falo de novo municipalismo: máis discusión, máis participación, máis política deliberativa, toma de decisións, negociación... Aí hai unha mensaxe soterrada pero moi profunda que interpela ás prácticas dos partidos: non se trata de ver, como acontece decote, cal dos partidos é quen de capitalizar os logros no regate corto e no plano mediático. A mensaxe é outra. De feito, aínda que non teño base científica, penso que mentres o electorado de dereitas suspira polas maiorías absolutas, o de esquerdas demanda coalicións, quere outra política, máis política, política forte, democracia no sentido pleno.Ao tempo, sen mariorías absolutas, os partidos libéranse dos liderados locais.Dentro desa mensaxe do electorado de esquerdas hai tamén un certo desapego polos líderes locais de vello, aos que todo lle está permitido, que gobernan por enriba dos partidos, reinos de taifas que desafían a liña oficial do partido. Son pan para hoxe e fame para mañá, porque desestruturan e esnaquizan territorialmente os partidos. Ten que haber debate, mais tamén disciplina. Non se trata de que non haxa candidatos potentes, cousa fundamental, pero ese que se sitúa completamente á marxe e pensa que o seu éxito depende de disimular que pertence a un partido, até o extremo de empregar mensaxes equívocos, ese é tremendamente desnortador.

Pode haber na baixa do BNG un castigo a ese doble rol de goberno e oposición?

O BNG, ao meu ver, resistiu perfectamente ben. Baixa un pouco nas cidades, mais aguanta no rural. O problema aí, para min, é que hai un partido afeito á oposición, cunha superoferta de autodeterminación por unha banda e un discurso máis oficial pola outra, marcado pola necesidade constante de evitar que haxa unha distancia sideral ou unha ruptura entre o ideario político e o programa que presenta aos cidadáns. Non pode ter un ideario onde a autonomía sexa puramente accesoria porque a súa implicación na Xunta e nos concellos esixe xogar en serio. Non pode ter un discurso de autoconsumo, para a militancia, e outro, que non ten nada que ver, para o exterior. Supoño que está nese proceso de transición e que Anxo Quintana reforza ese cambio. Un non pode cambiar de programa sen cambiar de cultura política, e ao mellor o BNG no que vai en retraso é precisamente en axustar a cultura política da militancia, que tende a ver todo isto como unha concesión, como unha perda das esencias nacionalista, o que reflexa tamén unha idea prepolítica, culturalista e organicista de nación.

Impón a UE, como espazo de goberno multinivel, a superación dos discursos soberanistas en favor de estratexias concretas de acceso aos recursos?

O concepto de soberanía é un concepto obsoleto dende a propia Revolución Francesa. Dende a perspectiva do estado constitucional, e xa non digamos dun estado federal ou dunha Unión Europea federal, renqueante pero federal, temos que pensar, non en termos de soberanía nin de estados nin de novos estados máis pequenos que saen deses estados, senón nun sistema de goberno multinivel e en rede. Aí non hai lugar para un concepto teolóxico secularizado como o de soberanía, que se corresponde coa omnipotencia divina e é debedor desa idea de que hai un lugar único, último, prístino e orixinario de depósito do poder político. A propia modernidade liquidou a visión tradicional, sempre xerárquica, de buscar o último punto e ver a quen situamos alí, se ao monarca ou ao pobo ou á nación, no cumio dunha sorte de pirámide. Esta maneira de pensar pasou á historia, temos que pensar na distribución do poder entre distintos ámbitos territoriais e en termos de horizontalidade, de rede. Fronte á concentración, pluralidade de centros.Todo isto ten moito que ver coa súa visión do federalismo.Hai toda unha tradición federalista, que é a que eu demando para a UE e para España, que formula federalmente a multinacionalidade, non en termos de soberanía ou de autodeterminación no sentido unilateral senón de solidísimo autogoberno, non meramente administrativo senón con plenitude de competencias e recursos, aínda que tamén coa participación en proxectos máis amplos que implican cooperación e tamén conflito e competición. España sería un deses proxectos para Galicia, federal e multinacionalmente, ollo, nada que ver cos modelos de Alemaña ou dos Estados Unidos, e Europa sería outro. Cómpre resemantizar o nacionalismo. Co vocabulario da soberanía, e con todos os conceptos que hai detrás, estamos simplemente a invertir as teses do estado nacional, é dicir, estamos a pensar en espazos interiores homoxéneos nunha reconstrución a escala do estado nacional, e todo estado nacional é un estado nacionalizador. Porén, se pensamos na perspectiva federal, prescindimos da soberanía e da ecuación do estado nación. Acabáronse os espazos aclarados etnica e culturalmente, temos que asumilo, e iso é perfectamente compatíbel con entender que hai unha cultura específica, unha lingua, unha unidade cun desexo político. Mesmo se pode ir cara a unha reformulación da autodeterminación, mais non nesa perspectiva unilateral na que descargamos sobre un suxeito identitario supostamente homoxéneo toda a filosofía absoluta do suxeito. Iso é o nacionalismo: aplicar ás nacións os conceptos kantianos de autodeterminación e autogoberno, pensados para a absoluta autonomía do suxeito.

Trátase de descargar o nacionalismo de retórica identitaria?

O caso de Escocia é extraordinariamente interesante. Cal é o peso da retórica identitaria no nacionalismo escocés? Ningún. Rompeuse, sobre todo dende o Partido Nacionalista Escocés, con ese nacionalismo de retórica identitaria, de purismo, para empezar a pensar en termos estratéxicos e políticos de construción nacional e de impacto na UE. En definitiva, iso é achegarse a unha visión federal. En Canadá ou en Escocia a opción secesionista ou independentista é residual, fica para o caso de que fracase a convivencia dentro dunha estrutura federal de pleno recoñecemento de lealdade. Unha cousa é iso e outra cousa é pensar na autodeterminación como única meta. Iso impide conseguir obxectivos políticos, económicos, sociais e culturais concretos. É preciso deixar de pensar que a nación está aí, como un suxeito á procura de expresión. Se pensamos que a nación é algo que se fai día a día, na política ordinaria, que non é algo dado senón algo que se constrúe, entón todo cobra sentido e xa non estamos nunha fase táctica, a esperar o día do gran advenimento, senón a traballar na construción nacional.Con todo, o acceso das rexións ao poder na UE aínda está mediatizado polos estados e, sobre todo, pola autonomía que esas rexións teñan no estado ao que pertencen.

Podemos falar do caso escocés precisamente porque ten institucións de autogoberno. Que acontece co resto?

Si, claro, hai unha división extraordinaria e capacidades moi distintas, mais Europa, en canto sistema de goberno multinivel, tira precisamente pola federalización dos espazos. Alí non se está a construír un estado, é algo distinto. Coa pirámide non entenderemos nada. Europa non é Bruxelas. Europa está nos concellos, na Axenda 21, nas comunidades autónomas, e cada vez máis. Non só non hai concentración senón que hai descentralización, devolución de poderes, apoderamento das comunidades, a alí onde haxa unha nacionalidade histórica, cunha diferenza cultural, unha mobilización e uns partidos propios, é un factor extraordinariamente potente para conseguir o autogoberno.

A entrevista completa, na edición impresa de TEMPOS Novos (nº 121, xuño de 2007)

Salsa de Chiles. Blog gastronómico


Faloume o Potro deste Blog que se inclúe nas páxinas dixitais do diario ABC e hai que recoñecer que está moi ben. Está feito por Carlos Maribona crítico gastronómico dese periódico e que ten que vivir como un marajá polos seus compromisoso profesionais. Unha das profesións que máis me atraen (supoño que a todos) é a de crítico de restaurantes, hoteis ou viaxes, destes que escriben nos suplementos dominicais, menuda vidorra machiños.

En Salsa de Chiles podedes atopar referencias de novos, clásicos e atractivos resturantes de Madrid (é o ABC) pero tamén moitos do resto do estado. Evidentemente tamén hai referencias a viños ,entrevistas a cociñeiros e comenta novas tendencias culinarias . Ten un pequeno defecto , que os restaurantes visitados non parece que baixen dos 50 Euros por comensal

Cando Muros era Muros




Houbo un tempo que ir pasar unha fin de semana a Muros era toda unha experiencia, non estamos moi seguros pero moitos pensamos que non voltará a ser o mesmo, poderá ser mellor ou peor pero non o mesmo. Pero está ben claro que este ano non podía ser doutro xeito. ¿Convertirase a excepción en regra?

Non pensedes que é por misoxinía pero aquela fin de semana era especial. Que siga.

Breve reseña histórica sobre o Castelo de Pambre


Pedinlle a Carlos unha pequena nota histórica pero eu xa me imaxinaba que se ía esforzar moito, velaí tedes o resultado. Dende logo moi interesante. textos como este serven para comprender ben os avatares do noso país


Atendendo a invitación de Nico, procedo a facer unha reseña sobre o Castelo de Pambre.
Dicir que se trata sen dúbida do mellor exemplo de arquitectura militar que se conserva en Galicia, chegando ata os nosos tempos nun relativo bo estado de conservación. De feito é unha das poucas, senon a única, fortaleza que resistiu os embates das loitas Irmandiñas.
Pertenceu orixinariamente a liñaxe dos Ulloa, sendo o seu constructor don Gonzalo Ozores de Ulloa, que participou na Batalla de Montiel do lado de Pedro I ( apodado, inxustamente, o cruel) que loitaba polos dereitos de sucesión ao trono de Castela contra Henrique II de Trastámara, este último foi o vencedor, desta forma vaise a instaurar na Coroa de Castela a dinastía dos Trastámara a que pertencen os Reis Católicos. Este feito vai marcar o declive de Galicia e o ascenso dunha nova nobreza (moita dela de orixe foránea) en detrimento dos que apoiaron ao defenestrado Pedro I.
O tal Gonzalo Ozores de Ulloa, despois da Batalla de Montiel foi prisioneiro do Trastámara na Baiona de Francia e conseguindo escapar do seu cautiverio regresa a súa terra atopandose con que as súas herdades lle foran confiscadas por Fernán Pérez das Seixas, decidindo recuperalas reuniu as súas mesnadas de Camba, Deza…., para tras sanguentas loitas poñer en franca fuxida ao das Seixas e aos seus seguidores.
Foi tras estes feitos cando alá polo ano 1.375 mandou erguer o Castelo para mellor defensa dos seus estados. Está construido estratéxicamente nun Sainte rochoso sobre o río Ulla que lle fai de defensa natural, a construcción posee tódolos símbolos inequívicos dun castelo, e por elo que resulta tan atractivo de ver; sobre a súa planta rectangular erguese unha grosa muralla, precedida por un profundo foso, no interior destaca a torre da homenaxe almeada e flanqueada por outras catro torres defensivas, observase tamén unha capela e un horreo de catro claros que lle confiren un aspecto residencial. Unha gran porta de arco de medio punto, cas armas dos Ulloa na clave, comunica a fortaleza co exterior.
Pola súa posesión loitaron os condes de Altamira e os condes de Monterrei , finalmente os preitos deron a razón a Sancho Sánchez de Ulloa (conde de Monterrei) e con mellores dereitos sucesorios sobre ela.
Como sucedeu con outras posesións ou títulos da vella nobreza galega que foron usurpados polas grandes casas casteláns, pasará ao Ducado de Alba que, por estar lonxe das súas terras orixinais, decidiu vendelo por 27.000 ptas. no ano 1.895, así ata chegar aos nosos días (en mans privadas) pedindo a gritos unha urxente intervención pública ou privada que o recupere como mostra fundamental do noso patrimonio pero eso xa é outra historia.

Un saudo, X. Carlos Calvo Ulloa.

Más premios, nuevos mecenas




María Cu. tamén me confirma que o seu despacho MC Consultores vai colaborar nos premios do I Concurso de Fotografía para afeccionados de Paparevivir. Despois das súas estranas experiencias cibernéticas na rede parece que muda o de dar os seus lazos de Don Algodón por algunha cousiña máis o gusto de todos (aínda que os lazos no mercado negro terían o seu valor).


Moitas gracias a María e a todos os patrocinadores, así xa temos cubertos 4 premios que son os que contemplan as bases, pero si alguén máis quere colaborar sempre se poden ampliar os premiados.


Coméntame xente que non saben si as súas fotografias serán validas pola súa calidade ou que lles da certo reparo. Lembro que é un concurso para amateurs así que animádevos, e ademais non subirei os nomes dos particpantes ata o fallo dos premiados

martes, junio 19, 2007

Grupo Nove


Este é o nome dun grupo creado por cociñeiros galegos de vangarda. A gran parte deles son cociñeiros xa casi consagrados e coñecidos por vos seguramente, outros non tanto. Dende logo sí que son eles os que levan moito da responsabilidade da evolución da cociña galega nos últimos anos, sen esquecer dende logo a Toñi Vicente e a Taberna de Rotilio. Teñen unha boa web que recomendo ainda que de seguro que sería mellor visitar os seus restaurantes. O seu propósito e renovar a cociña galega dende un gran respeito pola tradición e os productos propios.
Dos que coñezo gustaronme todos, se teño que elexir a un , quédome con Casa Marcelo.


Nove son:


Eduardo Pardo. Domus -A Coruña

Marcelo Tejedor. Casa Marcelo- Santiago e Marcelino Pan y Vino- Vigo

Xoan Manuel Crujeiras e Miguel Silvarredonda. A Estación- Cambre

Xosé Cannas. Pepe Vieira- Sanxenxo

Manuel Cervantes. Reina Maud- Sada

Javier González. A Rexidora- Bentraces. Pazo Mendoza- Baiona

Javier Ponte "Taky"

Pepe Solla. Casa Solla- Poio

Miguel Ángel Campos. A Gabeira- Ferrol

lunes, junio 18, 2007

Castelos



Próximamente Carlos engadirá neste espazo referencias históricas do Castelo da Mota e do Castelo de Pambre.
Polo momento eu póñovos fotos dos mesmos e máis do Balneario do Río Pambre.



Vista do Castelo dende o Balneario
Balneario do Río Pambre


Castelo da Mota

Video das Terras do Miño

Aquí tedes algunha foto do paraíso percorrido o domingo, anímovos seriamente a que teñades en conta As Terras do Miño e A Ulloa cando pensedes en facer unha fin de semana rural, unha maravilla.
Veredes fotos das Insuas do Miño e o entorno da Fervenza, auténticos tesouros da Galicia interior.
Podedes comprobar nas fotos que a choiva caida nos últimos meses fixeron desta primavera unha explosión da vexetación e o país está verde a rabiar , que siga así moitos meses.

Hamburguesa con canónigos e champiñóns

Non todo vai ser comida refinada, de cando en vez nos apetece tomar unha boa hamburguesa. Esta está feita con carne de terneira galega, recomendo trozos de carne para picar que teñan un pouquiño de graxa para que non quede seca.Boteille algúns canónigos que tiña na casa e gústame engadirlle cebola fina e champiñóns ben dourados. Como queixo utilizo o que mellor lle vai as hamburguesas, o Cheddar, que os americanos chaman de xeito pretencioso "yellow american cheese"
Este bocadillo que é típicamente americano ,famoso polas grandes cádeas de hamburguesas ten certa mala fama, pero eu vos digo que en USA podedes atopar hamburguesas de calidade suprema en moitos locais que non se parecen os Burgers habituais.
Tamén en España hai restaurantes que fan boas hamburguesas, lembro que unha vez Álvaro e Reyes levaronme a un moi perto da madrileña Plaza de Castilla que as tiña boas, non sei o nome. Tamén miña nai tenme falado dun restaurante no peirao deportivo de Puerto Portals en Mallorca, pero díxome que casi a prezo de centola.
Supoño que haberá moitos e todos vos coñeceredes algún

Ruta polas Terras do Miño e A Ulloa


RUTA REALIZADA EN NEGRO




Onte Carlos e máis eu fumos de ruta polo corazón da provincia de Lugo. Fixemos unhas magníficas rutas por terras dun increible valor natural e histórico que semellan un pouco descoñecidas e ata un chisco abandoadas por moitos galegos.
Foi un percorrido no que puidemos visitar en primer lugar as Insuas do Miño, perto de Rábade (saída da A-6) a 12 Km de Lugo, que forman parte da máis grande, e descoñecida, Reserva da Biosfera que temos no páis : As Terras do Miño . É un fermoso entorno natural formado polas ribeiras do curso medio-alto do Miño con varias illas dun gran valor ecolóxico no medio. Nese entorno puidemos visitar unha bonita casa solariega, O Pazo de Mirapeixe, de propiedade privada pero cuns propietarios moi amables que nos deixaron pasear polo mesmo.


De alí marchamos cara a Lugo para ... comer evidentemente, para non separarnos moito da ruta comemos en Casa María, en frente de Casa Paco, dos dous restaurantes farei pequena referencia nunha nova entrada.


Tras ben comer, como sempre en Lugo, fomos seguindo o curso do pai Miño ata chegar o entorno da Casa Grande da Fervenza, unhas das mellores casas rurais de Galicia e que dispón dun entorno increible con ampla posibilidade de rutas. Nos optamos por seguir o curso do río abaixo uns 4 km atravesando bosques de ribeira con grandes carballeiras cheos de humedais, muiños e pesqueiras: todo un espectáculo.


Saímos da Fervenza para abandonar as Terras do Miño cara a Comarca da Ulloa, divisando as ribeiras do río Neira que ven dos Ancares antes de se unir co Miño. O atravesar o Miño subido hacia Guntín atopamos unha sorpresa descoñecida para os dous , O Castelo da Mota, nun alto divisando todo o Miño. Tristemente o Castelo está en malas condicións , é propiedade dun particular que estaba alí e que tristemente utilizao de estercoleiro e poleiro. Triste desenlace para unha potente fortificación iniciada no Século IX, da que Carlos vos contará algo da súa historia máis adiante (xa está a investigar)


Pasamos por Guntín e o chegar a Palas de Rei collemos camiño para visitar o Castelo de Pambre, un dos mellores castelos galegos que se conservan , asentado nun meandro do Río Pambre que lle fai por un lado de foso natural. Este é un histórico castelo dos Ulloa que posteriormente pasou a mans da Casa dos Alba e agora está en mans privadas , pero xa con serios problemas de conservación. O Castelo e o seu entorno, ben merecen non unha se non repetidas visitas (Tamén vos falará o experto da súa historia).


Tras marchar do Castelo fumos o Balneario do Río Pambre, establecemento recentemente construido ó lado do Río e que é un bonito lugar para perderse e relaxarse vendo o Castelo ó lonxe.


Xa despois as 10 da noite tiramos para Lalín coa satisfacción de aproveitar un domingo verdadeiramente. En outras entradas poñereivos videos e fotos das paisaxes e dos castelos

FOTO ADICADA A MANUEL CORTIZO

jueves, junio 14, 2007

O video dos bautizos

Esta semana estiven moi liado de traballo polo que me esquecín un pouco do blog, además das gardas pasei mércores e xoves enteiros na Illa de Arousa, polo que pido desculpas a xente que agardaba polas fotos do bautizo. A verdade é que teño o video feito dende o martes pero non puiden subilo ata hoxe noite.

Espero que disfrutades coas fotos dos rapaces e maiores e na próxima semana retomaremos o ritmo normal con receitas novas, as bases do concurso de fotos e outras sorpresas.

lunes, junio 11, 2007

Misha Bies Golas (ou Miguel Calvo) en Galicia Hoxe


A volta ás vangardas dun surrealista galego


09.06.2007 Afastado dos circuítos artísticos convencionais, Misha Bies Golas, pseudónimo do creador lalinense Miguel Calvo Ulloa, nútrese das vangardas históricas –Rodchenko, Heartfield, Max Ernst, Schwitters ou Man Ray– para converterse nun transgresor da arte convencional. Se na súa anterior exposición, Leningrad, acompañou unha serie de collages de poemas, agora reinventa os seus ‘Patróns’ que expuxo este ano na Sargadelos de Compostela, e intenta pórlles música aos seus niveis superpostos de representación


TEXTOS: V. OLIVEIRA IMAXES: MISHA BIES GOLAS


‘Collage’ A fascinación pola comida e as máquinas do artista lalinense apréciase nesta láminaDicía Alexander Rodchenko, un dos máximos expoñentes da vangarda soviética dos anos trinta, que “se se desexa ensinar ó ollo humano a ver dunha forma nova, é necesario mostrarlle os obxectos cotiáns e familiares baixo perspectivas e ángulos totalmente inesperados e en situacións inesperadas”. Algo semellante parece ser o que levou a Miguel Calvo Ulloa –Misha Bies Golas– a “xogar” coa arte para desmitificala, pero sen a pretenciosidade do que quere ser transgresor por pura autocompracencia. Acostumados a ver –case sempre– os mesmos artistas nas vitrinas ou salas de exposicións, o lalinense é un sopro de aire fresco que se afasta dos canons e intenta ollar máis lonxe, ao pasado, ás vangardas históricas que tanta importancia tiveron na evolución da arte destes dous últimos séculos. Aínda que os seus comezos foron na fotografía, “sempre me picou a curiosidade de traballar os formatos das vangardas e probar como traballaba xente como Rodchenko ou Max Ernst”, concreta. Entre os nomes que non poden faltar das vangardas, nomea o absurdo de Dadá ou a abstracción dos construtivistas. Un dos últimos catálogos que editou, Leningrad, recolle 29 collages orixinais que realizou para ilustrar a publicación, editada polo Verbum, Casa das Palabras, xunto co creador literario Xoán Carlos Rodríguez e que expuxo o ano pasado na Fundación Eugenio Granell.“Descubrín ‘Leningrad’ nun anticuario de Romanía”Leningrad é o título orixinal dunha primeira edición romanesa de imaxes de Leningrado. Cando Romanía estaba en relación coa Unión Soviética, facíanse este tipo de edicións nas diferentes repúblicas. Este libro coas láminas recollino nun anticuario dunha cidade de Romanía. Normalmente, se atopo libros vellos con imaxes, recólloos por se acaso algún día decido traballar sobre eles. O catálogo fai unha homenaxe ao libro anterior”, explica o creador. A estética de Leningrad amosa a admiración do creador galego por elementos moi dispares que remiten aos ‘ismos’ –futurismo, dadaísmo, surrealismo– das vangardas: a fascinación pola comida, polas máquinas, ou as estatuas de civilizacións afastadas.
A provocación da mestura de elementos é outra das súas principais constantes“Non é nada novidoso. Misha Bies Golas –que é unha parte do meu traballo– está sempre mirando cara ás vangardas históricas. O da comida é porque me fascina a gastronomía e tamén as fontes de onde saco todo este material: folletos de supermercados, revistas vellas. E o da maquinaria vén pola fascinación da vangarda polas máquinas”, sinala.
Porén, a intencionalidade deste creador dista moito, segundo asegura, de ser crítica. “É bastante caprichoso porque vou tenteando, probando. Podería ser como unha abstracción figurativa: coller elementos e ir compoñendo. Pero non parto cun discurso ou unha intención crítica cara a algo”, afirma. Aínda que nos seus collages non existe ningún “discurso predeterminado”, recoñece que os poemas que os acompañan de Xoán Carlos Rodríguez, feitos a posteriori, complementan as imaxes creando un argumento que relaciona o fío de composicións. “Xoán Carlos expúxoo como unha historia de amor entre dous personaxes que se botan flores”, explica o artista lalinense. Poderiamos pensar que o collage é unha técnica para minorías, pero nada máis lonxe da realidade. En Galicia atopamos exemplos como o fotógrafo Fran Herbello e fóra do país, Jorge Galindo, que pasou por Compostela na última mostra do IVAM. “Non me propoño facer unha obra de arte. Vou compoñendo unhas imaxes e non por este traballo me considero artista. Tamén me gusta desmitificar a arte”, asegura Misha Bies Golas.Hai uns meses, expuxo na Galería Sargadelos de Compostela os seus ‘Patróns’, “que son patróns de revistas de moda nos que altera as liñas e realiza composicións abstractas, dun xeito caprichoso”. Unha concepción lúdica, pausada e imaxinativa da arte que afonda no proceso de creación para chegar a un resultado que é este pero que tamén podería converterse en algo novo pasado o tempo. Prepara música para interpretar ‘Patróns’Agora, o lalinense está a traballar cun compositor para musicar os seus ‘Patróns’ e interpretar sons a partir das súas representacións.
A provocación da mestura de elementos é outra das súas principais constantesA súa fascinación por mesturar elementos plásticos con musicais ou literarios é unha das súas constantes durante a súa breve pero intensa carreira artística. Co seu heterónimo, Bies Golas, crea no 2002 Entremés xaponés, unha peza feita en colaboración co músico Pablo do Val, no décimo aniversario da sala Galán. Dous anos despois fai as ilustracións para o libro Acabicornadas do italiano Sebastiano Gatto. Foi así como realizou a súa primeira exposición individual na galería de arte italiana ‘Latte fresco’ en Treviso.Pero ademais, expón o seu traballo fotográfico no Museo Ramón María Aller de Lalín en 2001 baixo o título de ‘Bagús’ e participa no Outono Fotográfico de Ourense no ano 2000. E en pintura, mostra ‘Cositas del VHS’ na galería luguesa Wootelo en 2003. Recentemente, participou en Compostela no 2005, co IV Premio Auditorio de Galicia para Novos Valores, unha experiencia que lle serviu para darse a coñecer e para entrar en contacto con outros creadores que tamén comezan en Galicia.“Hai espazos onde expor pero non son de fácil acceso”O creador lalinense cre que fai falta máis apoio para os novos artistas do país. “Hai espazos pero non son de fácil acceso”, opina. “Hai que saber relacionarse e ter contactos”, considera Bies Golas que confía en que nazan máis espazos. “Hai moita xente traballando e é difícil saber que criterio se manexa para que se expoña ou non”, asegura. “Ás veces, o panorama é bastante aburrido”, asegura.“As institucións van un pouco sobre seguro. Hai catro ou cinco autores que poden ser garantía de calidade e supoño que por iso os elixen”, conclúe. O artista ourensán Manolo Figueiras no tríptico que acompañaba a ‘Patróns’, pregúntase se é “unha protesta contra todo o que se nos impón, contra o discurso patriarcal que nos crea, mais tamén nos esmaga?” Ou, prosegue, se se trata dun “alegato contra o espazo e o tempo baleiros das modernas urbes, contra a ahistoricidade impersoal e a deshumanización?”. Ou, remata, falamos dunha “pura intencionalidade plástica, baseada na mera fascinación formal pola superposición de tramas xeométricas e cromáticas?” Ao mellor, como conclúe o pintor, “se houbera resposta clara, quizá non habería obra”. Se por algo se caracteriza a obra deste artista é porque se afasta de toda relación cos circuítos artísticos convencionais, e intenta asentar un estilo propio, esculpindo as máis insólitas e inesperadas acumulacións que son aleatorias á vez que xustificadas
O xogo ao poder chámase Misha Bies Golas.

Hoxe


O longo do día irei poñendo cousas dos Bautizos e do ben que o pasamos todos. Tamén farei referencias o concerto Deluxe no Capitol o que fun con Carlos, Marta, María , Isabel e Quesé

viernes, junio 08, 2007

Rafa dende Hernani: Restaurante Fagollaga






Cando me chamou Rafa onte e me dixo que estaba por Hernani dixenlle que non perdonara visita a Fagollaga (hai un enlace neste blog) do cociñeiro Isaac Salaberría . Foi e parece que lle gustou moito que nos envía un comentario do mesmo dende Euskadi. Eu fun unha vez e a satisfacción foi tan grande que de seguro volverei. Gracias a Rafa polos comentarios


De un auténtico luxo para o paladar, pódese calificar o restaurante Fagollaga de Hernani. Situado a 6 Km da localidade, é un clásico dagastronomía vasca, no que se combina a cociña tradicional vasca, coas novas tendencias.

O restaurante en sí non está situado nun paraxe especialmente fermoso,rodeado de polígonos industriais, e a decoración é absolutamenteminimalista, predominando a cor branca tanto na mantelería como nas paredes.O servicio inmellorable, e a carta de viños, estando moi por riba da media, algo escasiña para un restaurante desa categoría. A carta non moi variada pero de calidade excepcional, tendo tamén menu do día a 20 euros, de alta calidade.

De primeiro un vasiño de ajoarriero con espuma de bacallao, buñuelos conchistorra, e mais hoxaldre de hongos, a cada cal máis sabroso, pasandoposteriormente a un lomo de porco na súa propia salsa con sésamo e semillasde amapola en guarnición.

Despois unhas cintas de calamar con salsa decebolleta con tinta que se ten que tomar a sorbiños entre bocado e bocado,pasando a un solomillo ao foie, momento en que se me caían as bagoas deprazer, e rematando cun chocolate con galleta que se acompañaba con xeladode cacao e unha tarta de queixo de cabrales cun xelado de queixo moiapropiado. Viño non tomamos por cuestións de conducción.

Precio 95 euros entre dous. Pareceume barato. Na guía Campsa falan dunhamedia de 65 euros/persoa. Teremos que voltar... Un saudo aos lectores de Paparevivir.

jueves, junio 07, 2007

Restaurante Asturiano: o mellor de Lalín

O Asturiano gañou a enquisa seguido de Casa Sánchez en Rodeiro, xa despois a moita distancia están Os Arcos, Cabanas, A Molinera , O Cruce. Cabe sinalar no grupo de Outros a o Restaurante Nos entre Silleda e Chapa, un lugar curioso cunha cociña coidada.
Penso que O Asturiano merece o galardón como premio a un traballo moi continuado de anos, cunha gran aposta pola calidade dos productos nos que sempre destacaron os pescados e os mariscos galegos. Tamén teñen moi boas carnes, e por exemplo en temporada a lamprea. Son moi destacables as empanadas caseiras que eles fan e, como non, de postre teñen unhas fabulosas tartas caseiras. Parte importante do recoñecemento vai tamén , supoño, polo novo comedor que o converteu de verdade nun restaurante acolledor, sin elevar os prezos (non é barato, o producto manda). Noraboa a Pepe, un traballador nato.
En segundo lugar e destacado dos perseguidores quedou Casa Sánchez de Rodeiro, do que xa falei un día neste mesmo blog.

Receitas do Potro: Crema de Hinojo




O meu desafiante cociñeiro Marcos Fanego, envíame unha receita para ir creando ambiente de cara o desafío que moi probablemente terá lugar en Setembro. Dende agora colgará neste blog algunhas das súas receitas. Esta ten moi boa pinta


Se rehogan durante 5 minutos en una cacerola con un buen chorro de aceite y a fuego medio y cortadas en trozos no muy grandes una cebolla grande y los bulbos del hinojo a losqeu le habremos retirado las ramas y reservado (como>800 grs mas o menos, o dos bandejas del corte ingles) .

En el ultimo momento echamos un poco mantequilla (para que no se tueste)

Dejamos 2 minutos más. Echamos caldo de pollo poco concentrado, (litro y medio mas o menos) y dejamos cocer 20-25 min. En el ultimo momento echamos las ramillas verdes>del hinojo que habiamos reservado para que no se cuezan mucho (esto le dará>frescor a la crema al quedar casi crudas)

Retiramos, lo metemos en la termomix y caña durante 7-10 minutos (cuento mas tiempo mas fina estará la crema). Y Listo. Si nos queda muy espesa echamos mas caldo o agua.

En el momento de servir montar un poco de nata y la echamos en la sopera y>removemos con una varilla como diez segundos hasta que coja un poquito de espuma. Presentacion: Se sirve caliente y se puede acompañar sirviendo en el fondo de la taza un langostino pequeño o un trozo de bogavante, o mas modestamente, unas castañas, servimos la crema y echamos encima para decorar una ramita de eneldo con unas gotas de aceite de albahaca o de jenjibre.

miércoles, junio 06, 2007

Carta dende Roma



Tirei esta foto en Roma cando estivemos hai 2 meses. Había unha rapaza apoiada na escalinata da Piazza Spagna, no lugar había un gran xentío, pero ela tranquilamente escribía sen facer moito caso do que acontecía o seu arredor. Pareceume moi suxerente, porque seguramente estaría escribindo algo moi intenso ou unha carta de amor no papel. Algo hoxe pouco corrente na era dixital na que vivimos. Polo tanto ben merecía a foto, pero con discreción, que se vira que escribía pero non a súa cara.

Despois tras sacar a foto, comprobei coas maravillas que precisamente nos permite a tecnoloxía actual ,que se podía ler con detalle o que estaba a escribir. Tratábase dunha carta o seu namorado, sentín moito pudor cando a puiden ler, como se fora un diaño entrometido. Por eso , ainda que me parece unha boa foto, non me atrevía a poñela ata agora que o vexo xa dende certa distancia.

Que sirva para reinvindicar o bolígrafo e o papel, pero non podemos negar que gracias as novas posibilidades, moitos nos estamos dando conta que hai persoas cun gran inxenio que estaba por descubrir, e que agora pode ver a luz

martes, junio 05, 2007

Almorzo no río





Cando sube a temperatura coma onte é moi agradecido ir comer o aire libre, nas zonas de costa van a praia, eiquí os da montaña imos o río, onde se está moi fresquiño.
Fanse uns bos bocatas, un pouco de froita e unhas cervexas e listo. Como suxerencia dígovos o menú que eu levei:

- Gazpacho (comprado, recomendo a marca Alvalle), con uns picatostes
- Bocadillo de salmón afumado, caviar (non de esturión dende logo), leituga, mahonesa e eneldo.

- Sandía

Pasámolo moi ben, é moi relaxante, e como estaba de sair dunha garda logo ata durmín unha profunda siesta.
Como podedes ver tamén puiden fotografiar algo da fauna das riberas de Mouriscade. Se alguén sabe que paxaro é o da foto que me escriba
O PAXARO É UN MERLO ACUÁTICO. Gracias a Carlos polos seus coñecementos ornitolóxicos


Meu tío Benito: o afamado gourmet


Ademais de ser un recoñecido enxeñeiro naval e poeta tridimensional , Benito goza de fama de gourmet, en parte lograda, segundo din as malas linguas, a base de devolver os pratos frecuentemente nos restaurantes cando non estaban o seu gusto. Dende logo sería un moi digno comentarista para Paparevivir.

Tamén considero que sabe de viños, pero a verdadeira entendida é a miña tía Carmen , a súa dona, que non cae nas trampas enológicas que de vez en cando fai meu abuelo.

Velaí o tedes en Paparevivir amosando como degustar un champiñón. Ja,ja,ja...

Día Mundial do Medio Ambiente



Hoxe celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente coa amenaza mundial do quecemento global que pende sobre as nosas cabezas e sobre toda a biodiversidade da Terra. Se non paramos a suba de temperaturas no noso planeta multiplicaranse os desastre naturais, as hambrunas e un cambio total na morfoloxía ecolóxica. Todo o que fagamos é necesario e máis polo que temos que obligar os nosos gobernos a tomar decisións axeitadas e valientes, o voto medioambiental ten que coller máis forza.

Sin ser tan negativos, algunhas boas novas do noso entorno:

- Hai menos dun mes un oso pardo paseouse polas zonas do Courel para darse un festín de mel, e cada vez parece máis clara a posibilidade de que algún destes plantigrados teña xa a Galicia como residencia. Parece ser que xa hai uns 140 osos na Cordillera Cantábrica, a área máis poboada é a Occidental. Somiedo e Muniellos son os seus paraísos, os osos non son parvos.

- A Consellería de Medio Rural tomou a decisión de subvencionar fortemente a repoboación das áreas afectadas polos incendios do pasado ano con árbores autóctonas (carballos, castiñeiros, etc) en detrimento das coníferas e eucaliptos

- En Castilla- La Mancha o Ministerio de Medio Ambiente ven de rexeitar a construcción dunha autovía entre Toledo e Córdoba porque pasaba por serras e paraxes imprescindibles para a conservación do lince ibérico, o lobo, alimoche, buitre negro, cigueña negra e águila imperial.


Eu para festexalo irei hoxe comer o río e despois a pasear na bici
Carlos e un servidor nun pico de Redes

Comida de resaca


O domingo despois da voda achegámonos ata Ribadumia para comer e liberarnos da forte resaca do día anterior. Foi o momento de comentar cousas da festa e tamén despedirse dos amigos que tiñan que viaxar para voltar as súas casas. Ademías acompañounos Nico, o fillo de Manuel e Mónica que estase a transformar no Home de Goma polos adestramentos do seu pai